Christopher Wren

arquitecto e científico inglés

Sir Christopher Wren (20 de outubro de 163225 de febreiro de 1723), foi un astrónomo, xeómetra e o máis grande dos arquitectos ingleses da súa época. Wren proxectou 53 igrexas en Londres, incluíndo a catedral de San Paulo, así como moitos edificios civís. Xogou un papel decisivo na reconstrución da cidade londiniense logo do Grande Incendio do 1666, que arrasou a urbe. Foi un dos fundadores da Royal Society (presidente no período 1680–82), sendo a súa obra científica admirada por Isaac Newton e Blaise Pascal.

Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Christopher Wren

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1632 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
East Knoyle (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 1723 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Londres (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Paulo de Londres, crypt 51°30′50″N 0°05′54″O / 51.51378, -0.09831 Editar o valor en Wikidata
Member of the 1701-02 Parliament (en) Traducir
1701 – 1702
Circunscrición electoral: Weymouth and Melcombe Regis (en) Traducir
Member of the 1690-95 Parliament (en) Traducir
6 de marzo de 1690 – 17 de maio de 1690
Circunscrición electoral: Windsor (en) Traducir
Member of the 1689-90 Parliament (en) Traducir
11 de xaneiro de 1689 – 14 de maio de 1689
Circunscrición electoral: Windsor (en) Traducir
Member of the 1685-87 Parliament (en) Traducir
1685 – 1687
Circunscrición electoral: Plympton Erle (en) Traducir
Presidente da Royal Society
1680 – 1682
← Joseph Williamson (en) TraducirSir John Hoskyns, 2nd Baronet (en) Traducir →
Surveyor of the Works (en) Traducir
1669 – 1718
← John Denham (en) TraducirWilliam Benson (pt) Traducir →
Cátedra Saviliana de Astronomia (pt) Traducir
1661 – 1673
← Seth Ward (pt) TraducirEdward Bernard → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOxford Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford (1651–1653)
Wadham College (en) Traducir (1649–1651)
Westminster School (1641–1646) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres
Oxford
Cambridge Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, anatomista, profesor universitario, político, físico, astrónomo, matemático, urbanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford (1661–1673)
Gresham College (en) Traducir (1657–1661)
All Souls College (pt) Traducir (1653–1657)
Charles Scarborough (en) Traducir (1646–1649) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1660–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJane FitzWilliam (1677–1679), morte
Faith Coghill (1669–1675), morte Editar o valor en Wikidata
FillosChristopher Wren Jr
 () Faith Coghill
Jane Wren
 () Jane FitzWilliam
William Wren
 () Jane FitzWilliam Editar o valor en Wikidata
PaiChristopher Wren Editar o valor en Wikidata
ParentesMatthew Wren, tío
Matthew Wren, curmán Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рен Кристофер)
Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4842681 WikiTree: Wren-212 Find a Grave: 1941 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Catedral de San Paulo, proxecto final.

Wren é sobre todo coñecido por proxectar a Catedral de San Paulo de Londres, unha das poucas catedrais inglesas construídas desde a Idade Media, e a única catedral de estilo barroco-clasicista no seu país. A pesar da forte oposición - inspiraríase na Basílica de San Pedro de Roma -, acertou a construír un edificio de valor absoluto, que é a segunda igrexa do mundo polas súa dimensións.

Nado en 1632 en Wiltshire, Wren era fillo do Decano de Windsor, cargo de nomeamento real que trouxo problemas e persecución á súa familia durante o Commonwealth, o goberno puritano de Richard Cromwell (1649 - 1660). Durante a súa adolescencia coñeceu o príncipe Carlos, que máis tarde subiu ao trono como Carlos II, que o empregaría como arquitecto de confianza. Estudou na Westminster School (onde Dr. Busby, que a presidía, albergaba encubertamente xoves de familias realistas en dificultades), logo no Wadham College, en Oxford, e finalmente foi admitido no colexio All Souls (Colexio de Todos os Santos, Oxford). No 1657 pasa a ser profesor de astronomía no Gresham College e catro anos despois obtén a cátedra de astronomía da fundación Savile de Oxford, que rexería ata a súa dimisión en 1673. Newton, rara vez disposto a louvar os seus colegas, recoñeceuno como un brillante científico. Wren estivo entre os membros fundadores da Royal Society, que presidiu de 1680 a 1682.

A súa primeira proba real como arquitecto foi o teatro Sheldonian, aínda visíbel en Oxford; logo proxectou varios edificios universitarios máis, tanto en Oxford como en Cambridge, entre eles a capela do Pembroke College e a do Emmanuel College, en Cambridge.

Despois do Grande Incendio de Londres de 1666, foi escollido como arquitecto da nova Catedral de San Paulo, que debía ser ergueita sobre os restos da igrexa medieval. En consecuencia Wren dedicaríase en corpo e alma á arquitectura. O proxecto e a construción da nova catedral requiriu 35 anos, entre 1675 e 1710. Ao tempo Wren, xunto cos seus colegas Robert Hooke e Nicholas Hawksmoor, proxectou numerosos aoutros edificios, como 53 igrexas en Londres para substituíren as 87 destruídas no incendio. Moitas delas están aínda en pé, como St Bride's, St Mary le Bow, St Clement Danes, St Benet Paul's Wharf e St Stephen Walbrook (ver a lista de obras abaixo). Ademais colaborou no proxecto do Monumento do Grande Incendio de Londres, o Observatorio Real de Greenwich , o Chelsea Hospital, o hospital de Greenwich, Marlborough House, o Ashmolean Museum de Oxford, a Wren Library (Biblioteca Wren) no Trinity College de Cambridge, e outras destacadas edificacións.

Christopher Wren foi nomeado Cabaleiro en 1673, e foi membro do Parlamento nos anos 1685-1688 e 1702-1705.

Aubrey refire que Wren ingresou na masonería en 1691, supoñéndose que foi o Grande Mestre en 1717, mais faltan probas de tal aserto.

Wren morreu no 1723. Está sepultado na súa igrexa de San Paulo. A inscrición que lle foi dedicada no interior do edificio reza: "Lector, si monumentum requiris, circumspice" ("O tu que les, se buscas o seu monumento, olla arredor").

Obras principais

editar
 
Monumento do Grande Incendio de Londres

Capelas

editar
  • Capela da Universidade de Pembroke (Cambridge)
  • Capela da Universidade Emmanuel (Cambridge)
  • Capela católica do palacio de Whitehall

Igrexas

editar

Subsistentes

editar

Destruídas

editar
  • All Hallows the Great, Lombard Street, Londres
  • All Hallows, Bread Street, Londres
  • All Hallows, Lombard Street, Londres
  • Christ Church Newgate, Newgate Street, Londres
  • Saint-Alban, Wood Street, Londres
  • Saint-Anne's Church, Soho
  • Saint-Antholin, Watling Street, Londres
  • Saint-Augustine e St Faith, Watling Street, Londres
  • Saint-Bartholomew-by-the-Exchange, Exchange, Londres
  • Saint-Benet, Gracechurch Street, Londres
  • Saint-Christopher-le-Stocks, Threadneedle Street, Londres
  • Saint-Dionis Backchurch, Fenchurch Street, Londres
  • Saint-George, Botolph Lane, Londres
  • Saint-Mary Aldermary, Bow Lane, Londres
  • Saint-Mary Magdalene, Old Fish Street, Londres
  • Saint-Mary Somerset, Thames Street, Londres
  • Saint-Matthew, Friday Street, Londres
  • Saint-Michael Queenhithe, Upper Thames Street, Londres
  • Saint-Michael, Crooked Lane, Londres
  • Saint-Michael, Wood Street, Londres
  • Saint-Mildred, Bread Street, Londres
  • Saint-Mildred, Poultry, Londres
  • Saint-Olave Old Jewry, Londres
  • Saint-Stephen Coleman, Coleman Street, Londres
  • Saint-Swithin London Stone, Cannon Street, Londres

Palacios e outros monumentos

editar

Hospitais

editar

Edificios universitarios e científicos

editar

Teatros

editar