Masonaría

(Redirección desde «Masonería»)

A masonaría, masonería, francmasonaría ou francmasonería[1] é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxas que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Grande Oriente" ou "Gran Priorado". Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.

Masonaría
Logo
Tipogrupo social e Fraternidade
Data de fundación1717
Nomeado en referencia aliberdade e albanelaría
editar datos en Wikidata ]
Iniciación á francmasonaría.

A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxas, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas. Moitos personaxes da historia foron membros desta organización, por exemplo Mozart, Washington e outros moitos personaxes que tamén chegaron a formar parte dalgunha Loxa.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para masonaría.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar