Robert Hooke

cientifico ingles

Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura.

Modelo:BiografíaRobert Hooke

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1635 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Freshwater (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1703 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Londres (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Helen's Bishopsgate (en) Traducir 51°30′53″N 0°04′54″O / 51.5148, -0.0817331 Editar o valor en Wikidata
Secretary of the Royal Society (en) Traducir
1677 – 1683
← Henry Oldenburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford (–1663)
Christ Church College (1653–1655)
Westminster School (1648–1653) Editar o valor en Wikidata
Director de teseThomas Willis (pt) Traducir, Robert Boyle e Christopher Wren Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMecánica, física, química, bioloxía, arquitectura, astronomía, agrimensura (pt) Traducir, matemáticas e ciencia dos materiais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Oxford
Epsom (pt) Traducir
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, filósofo, inventor, biólogo, profesor universitario, físico, autor de diarios, astrónomo, naturalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRobert Boyle (1655–1668)
City of London Corporation (pt) Traducir, topógrafo, arquitecto
Gresham College (en) Traducir
Royal Society, conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1663–) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRobert Boyle, Christopher Wren (en) Traducir e Richard Busby (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosEdmund Halley Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisJohn Hooke Editar o valor en Wikidata  e Cecily Gyle Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гук Роберт)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1155272 WikiTree: Hooke-131 Find a Grave: 10309088 Editar o valor en Wikidata

Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres. As súas polémicas con Newton sobre a paternidade da lei da gravitación universal pasaron a formar parte da historia da ciencia.

Biografía

editar

Robert Hoole era fillo dun reverendo, o último de catro irmáns, habendo sete anos de diferenza entre el e o anterior. Foi un neno débil e enfermizo que destacou pronto pola súa habilidade para o debuxo e as actividades manuais. Estudou no colexio de Westminster. En 1653 gañou unha praza en Oxford onde coñeceu a Robert Boyle, de quen foi asistente desde 1658.

 
Células de cortiza (arriba) de Micrographia (1665).
 
Debuxo dunha pulga do libro Micrographia de R. Hooke.

En 1660 formulou a Lei de Hooke, que describe como un corpo elástico estírase de forma proporcional á forza que se exerce sobre el, o que deu lugar á invención do resorte helicoidal.

En 1665 publicou o libro Micrographía, relato de 50 observacións microscópicas e telescópicas con debuxos detallados. Este libro contén por primeira vez a palabra célula e nel apúntase unha explicación plausible sobre os fósiles.

Hooke descubriu as células observando ao microscopio unha laminiña de cortiza, dándose conta que estaba formada por pequenas cavidades poliédricas que lembraban ás celas dun panal. Por iso cada cavidade chamouse célula. Non soubo demostrar o que estas celas significaban como constituíntes dos seres vivos. O que estaba observando eran células vegetais mortas coa súa característica forma poligonal.

Durante corenta anos foi membro, secretario e bibliotecario da Royal Society de Londres e tiña a obriga de presentar ante a sociedade un experimento semanal, o que actuou de acicate para el.

Ademais das observacións publicadas en Micrographía e da formulación da Teoría da elasticidade, Hooke formulou a Teoría do movemento planetario como un problema de mecánica, e mantivo continuas disputas co seu contemporáneo Isaac Newton respecto da teoría da luz e a lei da gravitación universal.

Hooke formulou algúns dos aspectos máis importantes da lei da gravitación pero non chegou a desenvolvelos matematicamente, e comentou esta teoría nun dos múltiples escritos que dirixiu a Isaac Newton. Cando Newton publicou o seu Principia Mathematica (1687), incluíndo unha proba da gravitación, non realizou ningunha referencia a Hooke. Tamén mantivo unha durísima polémica que duraría decenios referida á teoría da luz, a cal Hooke afirmaba describir na súa Micrographia. A famosa frase de Newton "se cheguei a ver máis lonxe, foi subindo aos ombreiros de xigantes", apareceu na correspondencia persoal entre os dous científicos en 1676, e era unha referencia sarcástica á baixa estatura de Hooke.

Grazas ás súas observacións realizadas con telescopios da súa creación, Hooke descubriu a primeira estrela binaria e fixo a primeira descrición coñecida do planeta Urano. As súas observacións de cometas leváronlle a formular as súas ideas sobre a gravitación.

Os inventos mecánicos e o instrumental científico de medida foi, quizais, o campo máis prolífico da súa creación científica. Xunto con Boyle deseñou unha bomba sen carga. Como inventor destaca pola invención da xunta ou articulación universal, o primeiro barómetro, higrómetro e anemómetro. Foi tamén o responsable do establecemento do punto de conxelación da auga como referencia fixa no termómetro.

No campo da bioloxía destacou polas súas ideas preevolucionistas, apuntando á existencia de infinidade de especies extinguidas e fixo importantes achegas á fisioloxía da respiración.

Durante a segunda parte da súa vida dedicou os seus esforzos á arquitectura. Axudou na reconstrución de Londres despois do grande incendio que case destruíu a cidade en 1666. Encargouse de deseñar o Observatorio de Greenwich, o edificio de Real Colexio de Médicos e o Hospital Real de Bethlem. Inventou a fiestra de guillotina. Morreu en Londres en 1703.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar