Chámase estrela binaria a un par de estrelas próximas que están ligadas pola súa mutua atracción gravitatoria e xiran en torno ó centro de masas de ambas. Son maioría na nosa galaxia (en torno ó 60%) e existen tamén sistemas múltiples con tres ou máis estrelas.

Animación dunha binaria eclipsante.

As binarias pódense clasificar, segundo o modo de detectalas, en:

  • visuais, pódense ver separadas por medios ópticos,
  • eclipsantes, se se observa unha variación no seu brillo debido a que se eclipsan cada certo tempo,
  • espectroscópicas, nas que hai que percorrer ó estudo do espectro electromagnético da luz que emiten.
  • astrométricas, detectadas grazas á astrometría, neste tipo de casos só é visible unha das compoñentes da binaria. A outra é detectada grazas ó "tirón" gravitatorio exercido pola súa compañeira invisible.

Planetas

editar

As estrelas dobres poden ter planetas orbitando. Son coñecidas algunhas con planetas orbitando no plano estelar, e en 2025 foi descuberto 2M1510 (AB) b, un exoplaneta que orbita perpendicular ó plano orbital dun par de novas estrelas ananas marróns (obxectos maiores que planetas xigantes gasosos pero que non chegan a ser estrelas propiamente ditas). As súas estrelas son binarias eclipsantes vistas dende a Terra, un dos únicos dous sistemas deste tipo que se coñecen.[1]

  1. information@eso.org. ""Big surprise": astronomers find planet in perpendicular orbit around pair of stars". www.eso.org (en inglés). Consultado o 2025-04-18. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Vídeo explicando o movemento dun planeta en plano perpendicular a un sistema binario: https://www.eso.org/public/videos/eso2508a/