O termómetro é un aparello que serve para medir a temperatura dun corpo, aínda que usualmente se mide a temperatura dun fluído, normalmente o aire. Os máis usados antigamente estaban feitos de mercurio, pero substituíuse este material polo alcohol, xa que non é tan perigoso como o anterior. Este tipo de termómetro funciona por dilatación: mídese o aumento de volume do alcohol segundo a temperatura á que estea exposto. Outros tipos funcionan por variación de resistencia, emisión luminosa ou calquera outra magnitude.

Termómetro

Escalas de temperatura

editar

A escala máis empregada na maioría dos países é a escala Celsius ou centígrada; esta última é a denominación tradicional, que foi cambiada pola de Celsius en 1948 en honra a Anders Celsius (1701-1744).

Outras escalas empregadas na fabricación de termómetros son:

Algúns termómetros de laboratorio fabrícanse con dúas ou máis escalas.

Tipos de termómetros máis empregados

editar
  • Termómetro de vidro: trátase dun tubo de vidro selado que contén un líquido, xeralmente mercurio ou alcohol, cun volume que varía cando o fai a temperatura. Este cambio de volume visualízase nunha escala graduada que polo xeral atópase en graos Celsius.
  • Termómetro de resistencia: consiste nun arame de platino cunha resistencia eléctrica que cambia cando cambia a temperatura.
  • Termopar: consiste nun par de arames de distinta composición unidos por un extremo e que, ante cambios da temperatura, producen unha diferenza de potencial eléctrico.

Como e para que se calibra un termómetro

editar

A calibración dun termómetro realízase por un método de comparación, que consiste en comparar a indicación do termómetro coa dun de maior precisión, cando ambos se atopan nun medio apropiado que reproduza unha temperatura de maneira controlada.

Un termómetro calíbrase para ter confianza na súa indicación. A través do certificado de calibración asegúrase a trazabilidade de patróns nacionais de medida e facilítanse así as transaccións comerciais.

Campo de aplicación

editar

A medición exacta da temperatura é vital nun amplo espectro de actividades humanos, tales coma os procesos industriais, o monitoreo e control de alimentos, a saúde e a seguridade. De feito, en case todos os sectores a temperatura é un dos parámetros clave a ser medido.

Termómetros especiais

editar

Para medir certos parámetros empréganse termómetros modificados, tales como: