Celsius

unidade de temperatura
Fórmulas de conversión de temperatura Celsius
Conversión de para Fórmula
Celsius Fahrenheit °F = °C × 1,8 + 32
Fahrenheit Celsius °C = (°F − 32) / 1,8
Celsius kelvin K = °C + 273,15
kelvin Celsius °C = K − 273,15
Conversións adicionais
Calculadora de conversión de temperaturasArquivado 29 de xaneiro de 2005 en Wayback Machine.

O Celsius (°C) é unha unidade de temperatura, así denominada en homenaxe ao astrónomo sueco Anders Celsius (17011744), que foi o primeiro a propola en 1742. A escala de temperatura Celsius foi concibida de tal forma que o punto de conxelación da auga corresponde a 0 graos, e o punto de ebulición a 100 graos a unha presión atmosférica patrón.

Como existen cen graduacións entre eses dous puntos de referencia, o termo orixinal para este sistema foi centígrado (100 partes) ou centésimos. En 1948, o nome do sistema foi oficialmente modificado para Celsius durante a 9ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CR 64), tanto en recoñecemento a Celsius como para eliminar a confusión causada polo conflito de uso do prefixo centi- do SI. Mentres que os valores de conxelación e ebulición da auga son aproximadamente correctos, a definición orixinal non é apropiada como un patrón formal: ela depende da definición de presión atmosférica patrón, que á súa vez depende da propia definición de temperatura. A definición oficial actual de Celsius define 0.01 °C como o punto triplo da auga, e 1 grau como sendo 1/273.16 da diferenza de temperatura entre o punto triplo da auga e o cero absoluto. Esta definición garante que 1 grao Celsius representa a mesma diferenza de temperatura que 1 Kelvin.

Anders Celsius propuxera inicialmente que o punto de conxelación da auga fose 100 graos, e o punto de ebulición 0 grao. Iso foi invertido en 1747, baixo instigación de Linnaeus, ou talvez de Daniel Ekströn, o construtor da maior parte dos termómetros usados por Celsius.

Unha temperatura de −40 graos é a mesma en Celsius e Fahrenheit. Así sendo, outro método de conversión Celsius para Fahrenheit é sumar 40, multiplicar por 1,8 e restar 40. De maneira similar, para converter Fahrenheit para Celsius adicione 40, divida por 1,8 e subtraia 40.

A escala Celsius úsase en case todo o mundo acotío, a pesar de que se chamou de centígrada ata o final dos anos 1980 e comezo dos 1990. Nos EUA e na Xamaica, Fahrenheit é a escala preferida para medidas de temperatura no día a día. Debe ser notado, non obstante, que mesmo estes países usan Celsius ou Kelvin en aplicacións científicas.