Conferencia Xeral de Pesos e Medidas
A Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (en francés: Conférence générale des poids et mesures (CGPM)) é o órgano de decisión da Oficina Internacional de Pesos e Medidas.[1]
Conferencia Xeral de Pesos e Medidas | |
---|---|
Tipo | organización intergobernamental |
Área de operación | Países acollidos ao Sistema métrico decimal |
Data de fundación | 1875 |
Sede | Metrópole da Grande Paris |
Na rede | |
https://www.bipm.org/ e https://www.bipm.org/fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten ao seu cargo tomar decisións en materia de metroloxía e, en particular, no que concerne ao Sistema Internacional de Unidades.
Foi creada pola Convención do Metro, en 1875.
Está integrada polos delegados dos Estados membros da Convención do Metro e os Estados asociados, e reúnese unha vez cada 4 anos. A primeira conferencia tivo lugar en 1889, e as catro últimas en 2007 (23.ª), 2011 (24.ª), 2014 (25.ª) e 2018 (26.ª).
As reunións lévanse a cabo nas instalacións da Oficina Internacional de Pesos e Medidas situadas na cidade de Sèvres, un suburbio de París.
Para realizar a conferencia, os delegados baséanse nos informes do Comité Internacional de Pesos e Medidas.
En 1960, na undécima CGPM, o sistema de medidas, primeiro coñecido como Sistema métrico decimal e máis tarde, pola súa ampliación, coñecido como sistema MKS, foi chamado oficialmente Sistema Internacional de Unidades.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- Convención do Metro
- Comité Internacional de Pesos e Medidas
- Oficina Internacional de Pesos e Medidas
- Sistema Internacional de Unidades
Ligazóns externasEditar
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|