Edmond Halley
Edmond Halley, nado en Haggerston, Londres, o 8 de novembro de 1656 e finado en Greenwich o 14 de xaneiro de 1742, foi un matemático e astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley, revelou a natureza periódica dos cometas.
Edmond Halley | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 8 de novembro de 1656 |
Lugar | ![]() |
Falecemento | 14 de xaneiro de 1742 (85 anos) |
Lugar | ![]() |
Soterrado | St Margaret's, Lee |
Nacionalidade | Inglés (despois británico) |
Etnia | Pobo inglés |
Cónxuxe | Mary Tooke |
Fillos | Dr. Edmond Halley Margaret Richelle |
Actividade | |
Campo | Astronomía, Xeofísica, Matemáticas, Meteoroloxía, Física e Cartografía |
Alma máter | Universidade de Oxford |
Institucións | Universidade de Oxford Astrónomo Real |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Cometa Halley |
Premios | membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun rico fabricante de xabón, xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e a astronomía da man do astrónomo real, John Flamsteed, profesor seu en Oxford. Logo de se graduar viaxa á illa de Santa Helena, coa intención de estudar as estrelas dende o hemisferio sur. En 1678 regresa a Inglaterra e publica Catalogus Stellarum Australium (1679), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na Royal Society.
Un dos seus traballos presentados na Royal Society foi o informe da eclipse total de Sol acontecida o 22 de abril de 1715, que atravesou o centro da Gran Bretaña (Inglaterra e Gales), feito que non acontecía na illa dende había 500 anos, e calculou tamén o diámetro, dirección e velocidade de paso da sombra.
Aplicando a teoría da gravidade de Newton calculou a órbita de varios cometas, descubrindo que a órbita do cometa de 1682 era a mesma que as órbitas dos vistos en 1531 e 1607, chegando á conclusión de que se trataba dun único cometa e que volvería pasar en 1758. Na súa honra déuselle o seu nome a este cometa (1P/Halley). Entre 1698 e 1700 percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do magnetismo terrestre no barco Paramour Pink.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Edmund Halley |