Astrónomo Real é un alto cargo da Casa Real da monarquía do Reino Unido. Hai dous oficiais, o sénior que é o Astrónomo Real, existe desde 22 de xuño de 1675; o segundo é o Astrónomo Real de Escocia, data de 1834.[1]

Historia e características editar

O rei Carlos II, que fundou o Observatorio Real de Greenwich en 1675, instruíu o primeiro Astrónomo Real John Flamsteed, «...a inmediatamente dedicarse co coidado e dilixencia máis exacta para corrixir as táboas dos movementos dos ceos, e os lugares das estrelas fixas, para descubrir a así moito desexada lonxitude de lugares para o perfeccionamento da arte da navegación».[1]

Desde ese tempo ata 1972, o Astrónomo Real foi director do Observatorio Real de Greenwich. Como Astrónomo Real, recibe un estipendio de 100 libras esterlinas por ano e é membro da Casa Real, baixo a autoridade xeral do Lord Chamberlain. Despois da separación das dúas funcións, a posición de Astrónomo Real ten sido en gran parte honorífico, aínda que el permanece dispoñible para aconsellar o Soberano sobre astronomía e temas e materias científicas relacionadas, e é un cargo de gran prestixio.[1]

Houbo tamén anteriormente un Astrónomo Real de Irlanda.[2]

Astrónomos reais editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 The British Monarchy (ed.). "Astronomer Royal". Consultado o 27-06-2011. 
  2. Bryn Jones. "Some historical astronomical posts in Britain and Ireland". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 27-06-2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar