Microscopio

aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas

O microscopio (das palabras gregas micro-, μικρο, pequeno, e scopio, σκοπεω, observar) é un aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas, demasiado pequenas para ser observadas a simple vista, como as células.

Microscopio óptico. 1-Ocular; 2-Revólver; 3-Obxectivo; 4-Parafuso macrométrico; 5-Parafuso micrométrico; 6-Platina; 7-Espello; 8-Condensador

O tipo máis común, e o primeiro en ser inventado, foi o microscopio óptico. Trátase dun instrumento óptico que contén unha ou varias lentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por refracción.

A ciencia que investiga os obxectos pequenos empregando este instrumento recibe o nome de microscopia.

Crese que o microscopio foi inventado en 1590 por Hans Janssen e o seu pai Zacharias, dous holandeses fabricantes de óculos. Todo indica, porén, que o primeiro en facer observacións microscópicas de materiais biolóxicos foi o holandés Antoni van Leeuwenhoek (1632 - 1723).

Os microscopios de Leeuwenhoek estaban dotados dunha única lente, pequena e case esférica. Neses aparellos el observou polo miúdo diversos tipos de material biolóxico, como embrións de plantas, os glóbulos vermellos do sangue e os espermatozoides presentes no seme dos animais. Foi tamén Leeuwenhoek quen descubriu a existencia dos microbios, como eran antigamente chamados os seres microscópicos, hoxe coñecidos como microorganismos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.