Microorganismo

organismo vivo microscópico
(Redirección desde «Microbio»)

Un microorganismo,[1] tamén chamado microbio ou organismo microscópico, é un ser vivo que só pode visualizarse co microscopio. A ciencia que estuda os microorganismos é a microbioloxía.

A bacteria Escherichia coli ampliada 10 000 veces.

Son organismos dotados de individualidade que presentan, a diferenza das metafitas e os metazoos, unha organización biolóxica elemental. Na súa maioría son unicelulares, inda que nalgúns casos se trate de organismos cenóticos compostos por células multinucleadas, ou incluso multicelulares.

Dentro dos microorganismos encóntranse organismos unicelulares procariotas, coma as bacterias, e eucariotas, coma os protozoos, unha parte das algas e os fungos, e incluso os organismos de tamaño ultramicroscópico, coma os virus.

Os microbios teñen múltiples formas e tamaños. Se un virus tivese o tamaño dunha pelota de tenis, unha bacteria sería do tamaño de media pista de tenis e unha célula eucariota sería como un estadio enteiro de fútbol.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para microorganismo.