Cortiza

Cortizas amoreadas no Algarve.

A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira (Quercus suber) e dalgunhas outras árbores. É incorrecto utilizar cortiza para denominar a casca doutras especies (un castelanismo pola influencia da palabra corteza), pois en galego debemos usar casca ou paraza.[1][2]

A cortiza foi o primeiro material biolóxico en ser observado ó microscopio e, debido á súa especial estrutura de macrocélulas, permitiu supoñer que os tecidos están formados por células.

UsosEditar

Os usos da cortiza son moi variados debido ás súas características, moi importantes e dificilmente conseguibles mediante materiais sintéticos:

 
"Células" de cortiza na Micrographia de Robert Hooke (1665).
 
Sacando cortiza en Aracena (Huelva, España).
  • resistencia térmica e estrutural: debido a proceder dunha planta de tendencia mediterránea, resiste ben o lume creando unha pátina de material carbonizado que evita a combustión de subseguintes materiais interiores: isto acontece tamén en situacións de temperatura non extrema, pois é un moi bo illante térmico;
  • illante acústico: pola súa estrutura en capas presenta cualidades perfectas para a hermetización sónica;
  • compresible elasticamente: en situacións de presión física tamén resulta útil, pois recupera a estrutura inicial tras unha deformación;
  • pouca densidade: isto permítelle flotar, o que fai un complemento ideal na práctica da pesca;
  • durabilidade: baixo pouco coidado, o seu grao de putrefacción e biodegradación é moi baixo, tendo poucos inimigos microbióticos naturais;

Os seus usos máis comúns son como rollas para selar botellas, pezas industriais pequenas e de características moi especiais (xuntas, amortecedores) e material de decoración (a súa cor e textura permiten a creación de ambientes moi cálidos, coma no uso da madeira). O seu uso está restrinxido polo seu prezo moito maior cós materiais sintéticos, pero o seu rendemento e duración son moito maiores.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. casca, 3ª acep., no Dicionario da RAG.
  2. paraza 2ª acep., no Dicionario da RAG.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar