Casca (botánica)

A casca,[1] ou paraza,[2] é a camada máis externa dos caules e das raíces das plantas leñosas, como as árbores e os arbustos. Cobre e protexe a madeira e consiste de tres capas, o felóxeno, o floema, e o cámbium vascular.

Casca do pradairo xaponés (Acer palmatum).

A casca pode acadar preto do 10 ou do 15 % do peso total da árbore.

Descrición botánica editar

En talos ou caules novos de plantas leñosas como as árbores e arbustos, e algunhas vides perennes, a casca componse dos seguintes tecidos arranxados de fóra cara a dentro:

  • Súber (ás veces chamado cortiza para certas especies) - tecido externo, secundario, impermeable a gases e auga.
  • Cámbium de cortiza (ou suberóxeno ou felóxeno)- capa de células, normalmente unha capa dunha a dúas células de grosor, que é no estado de meristema persistente que produce cortiza.
  • Felodermo - (non sempre presente) - capa de células formadas nalgunhas plantas das células internas do cámbium de cortiza (a cortiza é producido da capa externa).
  • Casca - o tecido primario de talos e raíces. En talos, a casca está entre a capa epidérmica e o floema; en raíces, a capa interna non é floema, mais si o periciclo.
  • Floema - tecido condutor de nutrientes composto de tubos cribosos ou células cribosas mesturados con parénquima e fibras.

En vellos talos, a capa epidérmica, a casca, e o floema primario fórmanse separadamente dos tecidos internos por formacións grosas de cortiza. Debido ao espesamento da capa de cortiza, esas células morren debido a non recibir auga nin nutrientes. Esa capa morta é a casca rugosa que se forma ao redor do tronco da árbore e doutros talos. En máis pequenos talos e tipicamente en plantas non leñosas, ás veces xorde unha capa secundaria chamada periderma, que faise co cámbium de cortiza, cortiza e felodermo. Substitúe a capa dermal e actúa como cobertura moi semellante á a cortiza, tamén é feita maiormente de tecido morto. A pel no tomate é un periderma. As definicións do termo poden variar. Noutros usos, a casca consiste de tecido morto e protector no exterior de talos leñoso, e non inclúe o tecido vascular.

O cámbium vascular é a única parte dun talo leñoso onde hai división celular. Contén células indiferenciadas que se dividen rapidamente para producir xilema secundario cara a dentro, e floema secundario cara a fóra.

Ao longo do xilema, o floema é un dos dous tecidos dentro da planta que se involucran no transporte de fluídos. O floema transporta moléculas orgánicas (particularmente azucres) cara a onde sexa preciso.

Usos editar

A cortiza, ás veces confundida con casca na linguaxe coloquial, é a camada máis externa dun talo leñoso, principalmente da sobreira, derivado do cámbium suberoso. Serve como protección contra danos, parasitos, enfermidades, tanto como para deshidratación e extremas temperaturas. A cortiza pode conter antisépticos como taninos. Algúns son substancialmente espesos, provendo máis illamento e dando á cortiza unha característica estrutura, nalgúns casos o espesor é suficiente para facelo colleitable como produtos de cortiza sen matar a árbore.

A cortiza dalgunhas árbores é comestible.

Ademais de produtos comerciais feitos de casca como cortiza, canela, quinina (da casca de Cinchona), aspirina (da casca de salgueiros). A casca dalgunhas árbores como os carballos é unha fonte de ácido tánico, usado en curtume.

Galería editar

Notas editar

  1. casca, 3ª acep., no Dicionario da RAG.
  2. paraza 2ª acep., no Dicionario da RAG.

Véxase tamén editar