Canela

especia que se tira da codia interna da caneleira

A canela é unha especia que se tira da codia interna desecada, extraída pelando as pólas da caneleira (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum), unha árbore procedente da Sri Lanka. Emprégase en pau ou moída (en po). En Galiza emprégase moito para adubar a típica sobremesa de arroz con leite.

Paus de canela e canela en po
Canela
Valor nutricional por 100 g
Enerxía247 kJ (59 kcal)
80.6 g
Azucres2.2 g
Fibra alimentaria53.1 g
1.2 g
4 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
2%
15 μg
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.04 mg
Niacina (B3)
9%
1.33 mg
Vitamina B6
12%
0.16 mg
Ácido fólico (B9)
2%
6 μg
Vitamina C
5%
3.8 mg
Vitamina E
15%
2.3 mg
Vitamina K
30%
31.2 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
100%
1002 mg
Ferro
64%
8.3 mg
Magnesio
17%
60 mg
Fósforo
9%
64 mg
Potasio
9%
431 mg
Sodio
1%
10 mg
Cinc
19%
1.8 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga10.6 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Etimoloxía

editar

O nome científico e o nome vulgar en inglés: cinnamon derivan do vocábulo grego kínamon.

O nome galego canela, vén do francés: canelle (cana pequena).

Localización

editar

Na actualidade cultívase ademais de en Sri Lanka, na India, no sur da China, Madagascar e no Brasil.

Emprego

editar

Moída emprégase nas sobremesas, pasteis, doces etc.; e en rama emprégase para adornar e sazonar algúns pratos. O uso do té de canela (producido ao ferver as pólas da canela en auga até obter a infusión, engadindo azucre) está moi estendido en México e nas zonas de influencia mexicana, como o sur dos Estados Unidos e América Central, chegando a competir con outras bebidas quentes, como o café e o chocolate. Cómpre resaltar que o té se prepara coa variedade de Sri Lanka.

Tamén é un ingrediente de moitas salsas, curry e outros pratos de oriente, onde se empregan as variedades de Sri Lanka e a China, ademais do po e as follas da caneleira.

En Galiza emprégase moito para adubar o arroz con leite, sobremesa moi tradicional.

Beneficios medicinais

editar

A canela é empregada dende a antigüidade na España rural para inducir o sono ós nenos, tanto en infusións como fumado. Foi un relaxante que empregaban as nais rurais para durmir ós nenos á hora de ir traballar ao campo. Tamén foi común o seu uso nas mulleres cando tiñan atrasos na menstruación[Cómpre referencia].

Outros dos beneficios medicinais que proporciona a canela é que cando existen abrasións na lingua por comer ou tomar cousas quentes, a barra de canela serve para sedar a dor e cicatrizar as papilas gustativas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Ficha da canela en Infojardín.com (en castelán)