Valor enerxético
O valor enerxético é a enerxía endosomática específica dos alimentos que está dispoñible no seu metabolismo (respiración celular) dentro do corpo. Na Unión Europea, a información fornécese oficialmente en unidades de enerxía kJ por 100 gramos de alimentos, pero por tradición aínda se usan as calorías.[1]
Para determinar o valor da enerxía termodinámica, úsase un calorímetro onde se queima o alimento.[2] Hai diferenzas entre o valor enerxético calorífico (térmico) e fisiolóxico, xa que hai partes non dixeríbeis que non engaden calorías ó corpo e especialmente dentro do corpo os alimentos non se queiman como combustíbeis. Nutricionalmente, non só é precisa a enerxía para alimentarse cunha dieta sa, isto sería calorías baleiras, o corpo tamén precisa substancias que non ten e non pode fabricar, ademais de auga (que non ten enerxía) e outros nutrientes.
Considérase que un home con idades comprendidas entre os 20 e os 25 anos con peso de 68 kg e con actividade física moderada precisa preto de 3.100 calorías por día, mentres que unha muller de idade e condicións semellantes, de peso de 55 kg precisan 2.410 calorías.[3]
Notas
editar- ↑ Richtlinie 90/496/EWG des Rates vom 24
- ↑ Essentials Of Exercise Physiology (en anglès). Lippincott Williams & Wilkins. 2005. ISBN 0781749913.
- ↑ Páxina web da FAO