Para outros homónimos véxase Corpo (homónimos).

O corpo humano é a estrutura física e material do organismo humano.

O Home de Vitruvio, debuxo de Leonardo da Vinci
O Home de Vitruvio, debuxo de Leonardo da Vinci.

Compoñentes do corpo humano editar

O corpo humano componse de cabeza, tronco e extremidades; os brazos son as extremidades superiores e as pernas as inferiores.

Compoñentes segundo Wang editar

Un dos sistemas de clasificación do corpo humano, con respecto aos seus compoñentes constituíntes, é o establecido por Wang e col. en 1992:[1]

Porque o corpo humano está organizado en diferentes niveis xerarquizados. Así, está composto de aparellos; a estes intégranos os sistemas, que á súa vez están compostos por órganos, conformados por tecidos, que están formados por células compostas por moléculas.

O corpo humano posúe máis de cincuenta billóns de células. Estas agrúpanse en tecidos, os cales se organizan en órganos, e estes en oito aparellos ou sistemas: locomotor (muscular e óseo), respiratorio, dixestivo, excretor, circulatorio, endócrino, nervioso e reprodutor.

Niveis atómico e molecular

Os seus elementos constitutivos fundamentais son hidróxeno (H), osíxeno (O), carbono (C) e nitróxeno (N), presentándose outros moitos elementos en proporcións máis baixas (algúns, en proporcións moi baixas, os denominados oligoelementos). Estes átomos únense entre si para formaren moléculas, xa sexan inorgánicas, como a auga (que é o constituínte máis abundante do noso organismo, o 60 %) ou orgánicas como os glícidos, lípidos, e proteínas, que converten o ser humano nunha extraordinaria máquina complexa, analizada desde calquera nivel: bioquímico, citológico, histolóxico, anatómico...

Proporción dos principais elementos químicos do corpo humano:

Nivel celular

A citoloxía é a rama das ciencias biolóxicas que estuda as células. A célula á a mínima unidade de vida. Todas as células humanas son eucariotas, como as células de todos os animais e plantas. Todas as células comparten uns elementos esenciais, como son a membrana envolvente, o citoplasma, rico en orgánulos nas células eucariotas, e un núcleo claramente diferenciado neste tipo de células, cunha membrana nuclear que envolve ao material xenético. O núcleo, é o "cerebro" organizador da célula, e segue un "programa" ou plan xeral coordinado, escrito, na especie humana, en 100.000 xenes, ordenados en 23 pares de cromosomas. Cando o ser humano alcanza a idade adulta, o cuerpo componse de cerca de cen billóns de células.

Nivel anatómico

A histoloxía ocúpase do estudo dos tecidos biolóxicos. Existen só uns poucos tecidos básicos, como o epitelial, o conxuntivo, o muscular e o nervioso, cos que o organismo se relaciona, se protexe, segrega substancias, mantén a súa forma, se despraza, coordina as súas funcións e se relaciona co medio.

Nivel corpo íntegro

A pel do corpo humano ten unha superficie aproximada de 2 m², e o seu grosor varía entre os 0,5 mm nas pálpebras aos 4 mm nos talóns. A densidade media do corpo humano é duns 933 kg/m³. A altura media (talle) dun adulto humano é aproximadamente de 1,7 m.

O corpo humano segue en constante evolución, pero é un acabado de chegar ao planeta. Se consideráramos que a vida xurdira na Terra hai 24 horas, o ser humano (Homo sapiens) apenas viviría nos últimos 3 segundos.

A auga do corpo humano editar

A auga é o principal compoñente do corpo humano, que posúe un 75 % de auga ao nacer e cerca do 70 % na idade adulta. Aproximadamente o 60% de dita auga encóntrase no interior das células e, o resto, circula no sangue e baña os tecidos. É imprescindíbel para a existencia do ser humano, que non pode estar sen beber máis de cinco ou seis días sen poñer en risco a súa vida.

O corpo perde auga por medio dos excrementos, a suoración e a exhalación do vapor de auga no alento, en función do grao de actividade, temperatura, humidade ou outros factores.

Posicións básicas do corpo en medicina editar

 
Persoas en posición decúbito ventral.

As posicións básicas en medicina son[2]:

  • Posición de Fowler: persoa sentada nun ángulo de 45º coas penas flexionadas e os pés en flexión dorsal.
  • Decúbito supino: persoa deitada sobre o seu lombo.
  • Decúbito lateral esquerdo ou dereito: persoa deitada coas penas estendidas e brazos paralelos sobre o lado esquerdo ou dereito.
  • Decúbito prono ou ventral: persoa deitada sobre a barriga (abdome) e peito, coa cabeza inclinada para un lado.
  • Posición de Sims: similar a decúbito lateral, apoiada sobre o lado esquerdo.

Notas editar

  1. Wang, Z M; Pierson, R N; Heymsfield, S B (1992-07-01). "The five-level model: a new approach to organizing body-composition research". The American Journal of Clinical Nutrition (en inglés) 56 (1): 19–28. ISSN 0002-9165. doi:10.1093/ajcn/56.1.19. 
  2. "Posiciones Anatómicas - VIPEnfermería". mural.uv.es. Consultado o 2022-07-30. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar