Sistema biolóxico

Un Sistema biolóxico é un grupo de órganos que traballan conxuntamente para realizaren algunha tarefa fisiolóxica nun ser vivo. Os sistemas son un nivel de organización biolóxico, entre o nivel de órgano e o de aparato, que está constituído pola concorrencia funcional de diversos sistemas. Algúns sistemas comúns, como aqueles presentes en mamíferos e outros animais, e que loxicamente tamén están presentes na anatomía humana, son o sistema circulatorio, o sistema respiratorio ou o sistema nervioso.