Decúbito é un termo médico que fai referencia á posición corporal no que o paciente fica deitado. Deriva da palabra latina decumbere (deitarse, xacer). Dentro da posición de decúbito, existen variacións en función da posición específica.

Individuo deitado en posición de decúbito prono.

Tipos de posición editar

As formas de decúbito inclúen[1]:

  • Decúbito supino: o individuo atópase deitado coa boca cara enriba, isto é, o peso do corpo recae sobre a rexión dorsal. Tamén pode denominarse decúbito dorsal.
  • Decúbito prono: o individuo atópase deitado coa boca cara a abaixo, isto é, o peso do corpo recae sobre a rexión ventral.
  • Decúbito lateral: o individuo atópase deitado lateralmente, de xeito que o peso do corpo recae sobre os ombros e o cadrís. Dentro desta categoría distinguimos entre:
    • Decúbito lateral dereito.
    • Decúbito lateral esquerdo.
    • Posición lateral de seguridade, empregado como medida de seguridade ante pacientes inconscientes ou con baixo nivel de consciencia.

Notas editar

  1. Guillén (2017). Tipos de posicionamientos quirúrgicos y sus intervenciones. Elsevier. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar