Abdome
O abdome[1] é a rexión inferior ou posterior do corpo humano ou animal, e acolle os órganos dos aparatos dixestivo, excretor e reprodutor.
Abdome | |
---|---|
abdomen ![]() | |
![]() | |
Instancia de | clase de entidade anatómica e tipo de subdivisión de organismo ![]() |
Subclase de | Tagma, subdivision of trunk proper (en) ![]() ![]() |
Parte de | abdominal segment of trunk (en) ![]() ![]() |
Composto por
| |
Descrito pola fonte | |
Identificadores | |
MeSH | D000005 ![]() |
BNE | XX531710 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A01.1.00.016 |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

O abdome nos invertebrados
editar- Artigo principal: Abdome (artrópodos).
- Nos artrópodos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax, e nos máis evolucionados posúe apéndices articulados só no último metámero.
- Nos crustáceos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax
- Nos insectos esta rexión do corpo está constituída xeralmente por 11 segmentos semellantes, excepto os terminais.
O abdome nos vertebrados
editarNos animais vertebrados o abdome, popularmente denominado ventre, é a cavidade entre o tórax e a pelve que comprende a parte inferior do tronco. A cavidade abdominal recóbrese interiormente por unha membrana chamada peritoneo. Sitúanse polo tanto no abdome o estómago, os intestinos, o fígado, o bazo, o páncreas, os riles e a vexiga. Nas femias, o abdome contén, tamén, os órganos reprodutores: ovarios e útero.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abdome.