Formiga

insecto da família Formicidae

Formiga
Rango fósil: Albiano – actualidade
Ant bridge.jpg
Formiga guerreira formando unha ponte
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Superfamilia: Vespoidea
Familia: Formicidae
Latreille, 1809
Subfamilias

A formiga é un animal himenóptero que vive en galerías subterráneas. A súa sociedade está fortemente especializada en tres clases de individuos: machos, femias e obreiras. Os estudos máis recentes sobre o seu comportamento e súa fidelidade ao grupo indican que a orixe do mesmo está na identidade xenética entre si; de tal modo que entre elas existe un vínculo filial de irmandade que as predispón a cooperar pola supervivencia común das súas fillas e irmás.

As formigas son un dos grupos de insectos máis exitosos e son de interese pola súa habilidade de formar colonias avanzadas. As primeiras formigas apareceron no Cretáceo tardío. A maioría das formigas non posúe ás, aínda que isto varía segundo individuos dentro dunha colonia.

ColoniasEditar

Os ovos nas colonias son depositados por unha ou máis formigas raíña e a maioría destes medran para se converteren femias non aladas chamadas obreiras. Periodicamente prodúcense camadas de novas raíñas e machos, usualmente alados, os cales viven para reproducirse. Os machos morren pouco tempo despois da copulación, mentres que as raíñas sobreviventes achan novas colonias ou ocasionalmente regresan á súa antiga colonia.

DesenvolvementoEditar

As formigas desenvólvense por unha metamorfose completa, pasando polos estados larval e pupal antes de se converter en adultos. No estado larval unha formiga é completamente inútil xa que non posúe extremidades, polo que o seu coidado queda a cargo doutras formigas adultas. A diferenza entre raíñas e obreiras é determinada pola alimentación no estado larval. Tanto as larvas como as pupas deben ser mantidas a temperaturas relativamente constantes para asegurar un desenvolvemento adecuado, así que a miúdo son mudadas entre as diferentes cámaras de xestación da colonia.

Unha nova obreira pasa os seus primeiros días atendendo á raíña e ós xoves. Logo, gradúase e pasa a cavar e realizar outros labores. Máis tarde poderá buscar alimento e defender a colonia. Estes cambios son moi abruptos e definen o que se coñecen como castas temporais. Nalgunhas formigas existen tamén castas físicas. As formigas teñen un espectro de tamaños: obreiras menores, medianas e maiores. A miúdo as máis grandes posúen cabezas desproporcionadamente máis grandes con mandíbulas máis poderosas

Comunicación e comportamentoEditar

A comunicación entre as formigas prodúcese principalmente a través de compostos químicos chamados feromonas, e como a maioría dos tipos de formigas están moito tempo no chan, estas mensaxes químicas están máis desenvolvidas nelas ca noutros himenópteros. Deste modo, por exemplo, cando unha formiga recolectora encontra unha fonte de alimento, deixa un rastro químico no chan no seu camiño de volta ao formigueiro. Cando se encontra con outras formigas, comunícalles o achado vomitando parte do alimento e invítaas a seguir o rastro mediante sinais táctiles. Cando estas volven tamén ao formigueiro, reforzan o rastro, atraendo así a máis formigas, ata que a comida se termina, de forma que a partir dese momento o rastro non é reforzado e desaparece lentamente

As formigas na cultura popularEditar

 
As formigas de Esopo; ilustración de Milo Winter, 1888–1956.

As formigas aparecen a miúdo en fábulas e contos para nenos, representando o traballo intenso e o esforzo cooperativo. Tamén son nomeadas en textos relixiosos.[3][4] No libro de Proverbios da Biblia, as formigas son utilizadas como bo exemplo polo seu traballo duro e a súa cooperación. Esopo fai o mesmo na súa fábula A cigarra e a formiga. En certa partes de África, as formigas son consideradas mensaxeiras dos deuses. Tamén se cre que as trabadelas de formiga teñen propiedades medicinais, en concreto dise que a dalgunhas especies de Pseudomyrmex quita a febre.[5]

Nalgúns mitos amerindios, como o dos hopi, as formigas son consideradas como os primeiros animais de todos. Outros grupos empregan as trabadelas de formiga como proba de resistencia en ritos de iniciación.[6][7]

A palabra xaponesa para dicir "formiga", ari, é representada por un ideograma formado polo carácter "insecto" xunto co carácter "rectitude moral". Deste xeito, este ideograma poderíase ler como "insecto de moral recta".[8]

As sociedades que forman as formigas sempre fascinaron ós seres humanos. Mark Twain escribiu sobre elas na súa obra A Tramp Abroad. Algúns autores contemporáneos utilizaron o exemplo das formigas para tratar o tema da relación a sociedade e o individuo. Por exemplo, Robert Frost no seu poema Departmental e Terence Hanbury White na súa novela de fantasía The Once and Future King. A trama da novela de ciencia ficción do escritor francés Bernard Werber Les Fourmis divídese entre o mundo das formigas e o dos humanos; as formigas e seu comportamento son descritos utilizando o coñecemento científico actual. En tempos recentes, téñense feito debuxos animados e filmes de animación en 3D sobre formigas, entre os que se inclúen Antz, A Bug's Life, The Ant Bully, The Ant and the Aardvark ou a Formiga Atómica. Tamén hai un superheroe de banda deseñada chamado Ant-Man.

Galería de imaxesEditar

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de formigas de Galicia

NotasEditar

  1. Ward, Philip S (2007). "Phylogeny, classification, and species-level taxonomy of ants (Hymenoptera: Formicidae)" (PDF). Zootaxa 1668: 549–563. 
  2. Rabeling C, Brown JM & Verhaagh M (2008). "Newly discovered sister lineage sheds light on early ant evolution". PNAS 105 (39): 14913–7. Bibcode:2008PNAS..10514913R. PMC 2567467. PMID 18794530. doi:10.1073/pnas.0806187105. 
  3. Quran 27:18–19. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2007. Consultado o 05 de xuño de 2013. 
  4. Sahih Bukhari, Vol 4, Book 54, Number 536. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2000. Consultado o 05 de xuño de 2013. 
  5. Balee WL (2000). "Antiquity of traditional ethnobiological knowledge in Amazonia: The Tupi-Guarani family and time". Ethnohistory 47 (2): pp. 399–422. doi:10.1215/00141801-47-2-399. 
  6. Cesard N, Deturche J, Erikson P (2003). Motte-Florac, E. & J. M. C. Thomas, ed. Les Insectes dans les pratiques médicinales et rituelles d'Amazonie indigène. pp. pp. 395–406. 
  7. Schmidt RJ (1985). "The super-nettles: a dermatologist's guide to ants in the plants". International Journal of Dermatology 24 (4): pp. 204–210. doi:10.1111/j.1365-4362.1985.tb05760.x. 
  8. Hearn L (1904). Kwaidan: Stories and studies Of strange things. Tuttle publishing (2005 reprint). pp. pp. 223. ISBN 0804836620. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar