A mandíbula é cada unha das pezas da boca, óseas no caso dos vertebrados e quitinosas ou córneas no caso doutros animais. É un óso da faciana que permite a mastigación xunto co maxilar superior. A mobilidade da articulación temporomandibular permítelle a este óso elevarse, descender, lateralizalo e proxectarse cara a adiante e atrás. Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros invertebrados é horizontal. En todos os animais as mandíbulas se utilizan para aprehenderen os alimentos e trituralos e, en moitos casos, tamén para se defenderen.

Mandíbula
Mandíbula. Superficie exterior. Vista lateral
Mandíbula. Superficie interior. Vista lateral
Latín Mandibula
Gray tema #44
Precursor Primeiro arco branquial
Mandíbula humana

Nos animais superiores, a mandíbula é tamén denominada como maxilar inferior. No home coñécese popularmente como queixo ou queixada.

Estrutura da mandíbula humana

editar

O maxilar inferior presenta dúas estruturas básicas:

  • Corpo: é a parte máis anterior do óso. Presenta:
    • Cara anterior: na liña media queda o gonion ou queixo, resultado da fusión dos maxilares de ambos lados. Permite ademais as insercións dos seguintes músculos:
      • Triangular dos beizos.
      • Cadrado da barba.
      • Cutáneo do pescozo ou platisma.
    • Cara posterior: atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises xeni, que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á lingua) e xenihioide (vai ó hioide). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioide (que forma parte do chan da boca e chega ó hioide. Na liña media únense os milohioides de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas sublingual e submaxilar.
    • Bordo superior: acolle ós dentes inferiores.
    • Bordo inferior: no que se atopan fibras de inserción do pletisma.
  • Pólas: cada unha permite na superficie externa a inserción do músculo pterigoideo externo. Superiormente continúanse coas:
    • Apófise coronoide: hai fibras de inserción do músculo temporal.
    • Apófise condilar: consta dun pescozo no que se insire o músculo pterigoideo interno. Tamén chegan aquí os ligamentos esfenomaxilar e estilomaxilar. O cóndilo artéllase co temporal. Para máis información véxase articulación temporomandibular.
    • Incisura: é o espazo entre ambas apófises. Permite o paso de vasos maseterinos.
    • Cara anterior das pólas: insírese o músculo maseter.
    • Cara posterior das pólas: co burato dentario para a arteria dentaria e o nervio dentario inferior.
    • Bordo posterior das pólas: forma a parte máis anterior da fosa pterigomaxilar.

Véxase tamén

editar