Albiense

(Redirixido desde "Albiano")

O albiense ou albiano é, na escala de tempo xeolóxico, a sexta e última idade ou piso do cretáceo inferior.

Reconstrución de Anhanguera blittersdorffi, pterosauro fósil do Brasil, do albiense.

DescriciónEditar

Este piso estendeuse desde hai 113,0 até hai 100,5 millóns de anos aproximadamente.[1][2]

Debe o seu nome ao río Aube (que deriva de Albion, despois Alba, nome latino do río),[3] nome do que deriva tamén o topónimo Aube, departamento francés atravesado por este río.

Sucede ao aptiense e é anterior ao cenomaniense, do cretáceo superior.

O termo albiense foi proposto en 1842 por Alcide d'Orbigny para este piso do sistema cretáceo.

Algúns afloramentos representativos da idade albiana son dignos de mención: as capas fosfáticas e de limolitas de Argonne e Bray en Francia; o Flammenmergel do norte de Alemaña, os lignitos de Utrillas en España; as areíscas superiores de Nubia e as capas de Fredericksburg de Norteamérica.

NotasEditar

  1. "International Commission on Stratigraphy: International Chronostratigraphic Chart v2015/01" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  2. ChronostratChart2014-10. (en inglés). Consultada o 26 de novembro de 2016.
  3. A. Foucault, J.-F. Raoult (2005): Dictionnaire de géologie. París: Dunod. ISBN 2-10-049071-0

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • d'Orbigny, Alcide (1842): Paléontologie française: Terrains crétacés, vol. II.
  • Gradstein, F. M.; Ogg, J. G. & Smith, A. G. (2004): A Geologic Time Scale 2004, Cambridge University Press.
  • Kennedy, W. J.; Gale, A. S.; Lees, J. A. & Caron, M. (2004): The Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) for the base of the Cenomanian Stage, Mont Risou, Hautes-Alpes, France, Episodes 27, pp. 21–32.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.