Esopo
escritor de fábulas grego
Esopo (Αἴσωπος), nado en Tracia no 620 a.C. e finado no 564 a.C., foi un escravo da Antiga Grecia. Residiu na Illa de Samos, e fíxose famoso polas súas pequenas historias de animais, cada unha cun propósito moral. As súas fábulas reuniunas Demetrio de Falero no 325 a.C. Todo o que se coñece del provén de Heródoto.
Esopo | |
---|---|
![]() Así pintou Diego Velázquez ó fabulista Esopo | |
Nacemento | c. 620 a. C. |
Lugar de nacemento | Mesembria (Pontus) |
Falecemento | c. 564 a. C. |
Lugar de falecemento | Delfos |
Ocupación | fabulista, mitógrafo, filósofo e escritor |
Coñecido por | Fábulas de Esopo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
ObraEditar
A obra de Esopo foi recompilada primeiro por Demetrio de Falero, logo por Fedro, Babrio, Jean de La Fontaine e Félix María Samaniego. Hai unha versión en galego das súas Fábulas, obra de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Nas súas fábulas hai unha ensinanza moral, non unha doutrina. Recollen experiencias da vida cotiá que forman un conxunto de ideas de carácter pragmático.
Un exemplo é A galiña dos ovos de ouro