Conto de fadas
Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral. Malia estaren presentes en todas as culturas, non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm.
Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais. Entre os ingredientes da historia hai normalmente maxia, encantamentos, disfraces e conxuros que con frecuencia ofrecen interpretacións sutís sobre a psicoloxía e natureza humanas.
As mil e unha noites, escrita arredor do século IX, contiña algunhas destas historias marabillosas. As tres coleccións principais de contos de fadas na literatura europea son:
- Os contos da Nai Gansa (Contes de ma mère l'Oye, 1697) de Charles Perrault;
- Contos de Grimm (Kinder- und Hausmärchen, 1812, 1814, 1822) dos Irmáns Grimm;
- Contos de Fadas (Eventyr, 1835), de Hans Christian Andersen.
Moitos escritores modernos teñen creado historias neste xénero literario, como William Thackeray, Charles Kingsley ou Oscar Wilde.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- SurLaLune Fairy Tale: Contos anotados, ilustracións e moito máis (inglés)
- Como os contos de fadas moldean as nosas vidas, por Jonathan Young, Ph.D. (inglés)
- Coleccións de contos de fadas editadas por Andrew Lang, no Proxecto Gutenberg:
- Blue Fairy BookArquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine.
- Orange Fairy BookArquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.
- Red Fairy BookArquivado 18 de novembro de 2004 en Wayback Machine.
- Brown Fairy BookArquivado 14 de outubro de 2004 en Wayback Machine.
- Crimson Fairy BookArquivado 07 de setembro de 2004 en Wayback Machine.
- Violet Fairy BookArquivado 05 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- Yellow Fairy BookArquivado 05 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- Lilac Fairy BookArquivado 20 de agosto de 2004 en Wayback Machine.
- Contos de fadas dos irmáns Grimm no Proxecto GutenbergArquivado 14 de outubro de 2004 en Wayback Machine.
- Contos de fadas de Andersen no Proxecto GutenbergArquivado 18 de outubro de 2004 en Wayback Machine.