Tracia

rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do Mar Exeo

Tracia (en grego Thrákē ) é unha rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do Mar Exeo, situada na actual Grecia e na Turquía europea.

Modelo:Xeografía políticaTracia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°N 26°L / 42, 26Coordenadas: 42°N 26°L / 42, 26
Xeografía
Parte de
Comparte fronteira con

No seu momento, esta rexión histórica estendíase desde Macedonia ata o Mar Negro e o Mar de Mármara; e desde o mar Exeo ata o Danubio. Ocupa a punta do sueste da Península Balcánica e comprende o Nordeste de Grecia, o sur de Bulgaria, e a zona europea de Turquía. Os seus límites variaron nos diferentes períodos. As montañas Ródope separan a Tracia grega da búlgara e o río Maritsa separa a Tracia turca da grega.

As cidades principais da zona son Istambul, Gallipoli, Edirne (antes Adrianópolis) e Tekirdag, todas elas en Turquía. Na zona grega distínguense Komotene, Janto e Alexandrópolis como as cidades máis grandes. A rexión de Tracia é esencialmente agrícola. Alí prodúcese tabaco, arroz, trigo, algodón, seda, aceite de oliva e froitas.

Historia editar

 
A provincia romana de Tracia

Historia antiga editar

 
Pinturas dunha tumba tracia en Kazanlak

Na antigüidade esta zona estivo habitada por numerosas tribos guerreiras de tracios que, a diferenza dos macedonios, nunca absorberon a cultura grega, e formaban pequenos reinos por separado. Debido á súa natureza guerreira, os gregos consideráronos bárbaros e sometéronos cara ao 600 a. C., e utilizáronos no traballo de explotación das minas de ouro e prata do lugar.

Desde o 512 a. C. ata o 479 a. C., os tracios foron dominados polos persas. Con todo, cara ao 431 a. C., Tracia foi unificada nun reino polo cacique Sitalces, quen colaborou con Atenas na Guerra do Peloponeso. Á súa morte, no 428 a. C., o reino dividiuse novamente.

Tracia foi incorporada ao Imperio Romano no ano 46, polo Emperador Claudio. Nesta época, as cidades principais de Tracia eran Sardica (hoxe Sofia), Philippopolis (hoxe Plovdiv) e Adrianopolis (hoxe Edirne). Durante o goberno romano a zona foi amplamente beneficiada, pero desde as invasións bárbaras do século III ata os tempos modernos, esta zona foi a miúdo campo de batalla de diversas disputas.

Durante o século VII, a zona norte de Tracia pasou a mans búlgaras e a sur ao Imperio Bizantino, pero durante o século XIII toda a rexión formou parte do Segundo Imperio Búlgaro, logo dun breve período en mans do Imperio Latino de Constantinopla.

En 1361, os turcos otománs conquistaron Adrianópolis, e en 1453, logo da caída de Constantinopla, toda Tracia caeu en mans turcas.

Historia moderna editar

 
A Trácia e as fronteiras actuais de Grecia, Bulgaria e Turquía

En 1878, o norte de Tracia foi anexado pola provincia de Rumelia do Leste, entidade búlgara autónoma pertencente ao Imperio Otomán. Pero en 1885 Bulgaria, que se independizou en 1878, incorporouse a provincia de Rumelia, coñecéndose desde entón como Tracia só á parte sur, que permanecía en mans turcas.

Logo da primeira Guerra Balcánica (1912-1913), Turquía traspasa o resto de Tracia Occidental e parte de Tracia Oriental a Bulgaria, incluíndo Adrianople (Edirne). Pero logo da segunda Guerra Balcánica (1913) Bulgaria deixou en mans turcas toda Tracia ao leste do río Maritsa.

Logo da primeira guerra mundial, e tras a Conferencia de Paz celebrada en París, Grecia recibiu de Bulgaria a Tracia Occidental (Tratado de Neuilly, 1919) e de Turquía (Tratado de Sèvres, 1920) a Tracia Oriental e a maioría das illas do mar Exeo, excepto a zona dos Estreitos (Bósforo e Dardanelos) e Constantinopla (Istambul). Máis os gregos tiveron que librar duras loitas contra a poboación e o exército turco para ocupar e dominar o lugar.

O Tratado de Sèvres foi substituído en 1923 polo Tratado de Lausana, que repuxo a Turquía toda a zona de Tracia ao leste do río Maritsa.

Durante a segunda guerra mundial, Bulgaria ocupou a parte grega de Tracia (1941-1944), pero ao finalizar a contenda, repuxéronse as fronteiras greco-búlgaras de 1919 e greco-turcas de 1923.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar