Tratado de Lausana

O Tratado de Lausana (francés: Traité de Lausanne) foi un tratado de paz que estableceu as fronteiras da Turquía moderna.[1] Foi asinado na cidade suíza de Lausana o 24 de xullo de 1923 entre os gobernos de Grecia, Turquía e as nacións aliadas da primeira guerra mundial e considérase parte da partición do Imperio Otomán.

Tratado de Lausana

Tipotratado de paz Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónLausana Editar o valor en Wikidata
Mapa
 46°32′N 6°38′L / 46.53, 6.63
Data
Data24 de xullo de 1923 Editar o valor en Wikidata
Características
Lingualingua francesa Editar o valor en Wikidata
Implicados
ParticipanteImperio Británico, Francia, Reino de Italia, Imperio do Xapón, Reino de Grecia, Reino de Romanía, Reino de Iugoslavia e Turquía Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Características

editar

O tratado de Lausana invalidou o Tratado de Sèvres, asinado polo Imperio Otomán tras a primeira guerra mundial, pero que non fora aceptado polo novo estado turco fundado por Kemal Ataturk trala Guerra de Independencia Turca. O 20 de outubro de 1922 deu comezo a conferencia de paz, que foi interrompida tras intensas discusións o 4 de febreiro de 1923 e retomada o 23 de abril do mesmo ano. O texto final foi asinado o 24 de xullo, despois de oito meses de deliberacións.

Os principais signatarios foron İsmet İnönü pola parte turca e Eleftherios Venizelospola parte grega. O tratado outorgaba a Turquía a Tracia oriental, as illas de Imbros e Ténedos no Exeo nororiental, e garantía a protección da minoría grega en Turquía e turca en Grecia respectivamente. Non obstante, de acordo co chamado acordo de intercambio de poboación, a maioría da poboación grega de Turquía foi trasladada a Grecia, da mesma forma que unha parte importante da poboación turca de Tracia occidental foi trasladada a Turquía.

En total calcúlase que aproximadamente 1.650.000 gregos foron desprazados dos seus fogares en Anatolia e 670.000 turcos de Grecia foron trasladados a Turquía. Exceptuouse á minoría grega de Istambul (125.000 gregos) e aos habitantes gregos das illas de Imbros e Ténedos. En Grecia permaneceron 110.000 turcos, fundamentalmente na Tracia occidental. A república de Turquía recoñeceu así mesmo o mandato británico sobre a illa de Chipre.

Novas fronteiras

editar
 
Fronteiras de Turquía tralo tratado de Lausana.

O Tratado definiu as fronteiras europeas do Reino de Grecia, do Reino de Bulgaria e Turquía. Oficialmente concluíu toda soberanía turca sobre as illas do Dodecaneso (artigo 15), Chipre (artigo 20), Exipto e o Sudán (artigo 17), Siria e Iraq (artigo 3). Os territorios do Kurdistán foron repartidos entre varios países, e Armenia foi dividida entre o novo estado turco e a Unión Soviética.

As fronteiras turcas con Arabia Saudita e o Iemen foron controladas por tropas turcas até o 23 de xaneiro de 1919, en que foron transferidas ao Reino Unido, e quedaron definidas (como perdidas para os turcos) no artigo 3.[2][3]

Turquía tamén renunciou, segundo o artigo 22, en favor do Reino de Italia aos seus intereses en Libia, segundo o previamente establecido en 1912 no artigo 10 do Tratado de Ouchy. Porén, Turquía corrixiu parcialmente os reveses do Tratado de Lausana en 1938, cando obtivo a provincia de Hatay de mans de Francia, e en 1974, cando ocupou o terzo setentrional de Chipre.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar