Reino de Italia (1861-1946)
O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Víctor Manuel II que se coroou Rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.
Reino de Italia | |||||
| |||||
| |||||
Lema: Avanti Savoia! | |||||
Himno: "Marcia Reale" "Marcha Real | |||||
O Reino de Italia en 1919 | |||||
Capital | Roma (dende 1871) | ||||
Lingua | Italiano | ||||
Goberno | Monarquía constitucional | ||||
Rei de Italia | |||||
• 1861-1878 | Vítor Manuel II | ||||
• 1878-1900 | Humberto I | ||||
• 1900-1946 | Vítor Manuel III | ||||
• 1946 | Humberto II | ||||
Primeiro Ministro | |||||
• 1861 | Camillo Benso | ||||
• 1922-1943 | Benito Mussolini | ||||
• 1943-1944 | Pietro Badoglio | ||||
• 1945-1946 | Alcide De Gasperi | ||||
Historia | |||||
• Unificación de Italia | 1861 | ||||
• Marcha sobre Roma | 22 de outubro, 1922 | ||||
• Pacto de Acero | 22 de maio, 1939 | ||||
• Proclamación da República Italiana | 1946 | ||||
Superficie | |||||
• 1946 | 310,120 km² | ||||
Poboación | |||||
• 1861 est. | 26,328,000 | ||||
• 1946 est. | 42,399,000 | ||||
Densidade | 0,1/km² | ||||
Moeda | Lira italiana | ||||
Dende 1922 ata 1943 denomínase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saíu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio deste durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclamase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.
Baixo a soberanía do Reino de Italia constituiuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, na China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e o Xapón).
ReisEditar
- (1861-1878) Vítor Manuel II
- (1878-1900) Humberto I
- (1900-1946) Vítor Manuel III
- (1946 - ) Humberto II
Transformación políticaEditar
Transformouse nunha ditadura fascista con Benito Mussolini como primeiro ministro.
En política exterior, o Reino de Italia foi mentres tanto, excluído (debido á súa tardía unificación) da repartición colonial de África na Conferencia de Berlín. Logra porén establecer colonias en Eritrea, Somalia, Etiopía e Libia.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |