Bandeira de Italia
A bandeira de Italia (en italiano: bandiera d'Italia, popularmente: il Tricolore) foi adoptada oficialmente o 1 de xaneiro de 1948, aínda que a súa actual forma xa se utilizaba dende o 19 de xuño de 1946.
Bandeira de Italia | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1 de xaneiro de 1948 |
Cores | Verde Branco Vermello |
Deseño editar
En 2003, despois de 206 anos de uso, as cores auténticas da bandeira foron especificadas polo Goberno, aínda que foron posteriormente modificados tras un quente debate. A 2006, as cores oficiais Pantone definidas por lei (e os seus equivalentes noutros sistemas de cor) as seguintes:
Esquema | Verde | Branco | Vermello |
---|---|---|---|
Nome | Fern Green | Bright White | Flame Scarlet |
Número | 17-6153 TC | 11-0601 TC | 18-1662 TC |
RGB | 0-146-70 | 241-242-241 | 206-43-55 |
CMYK | 100, 0, 52, 43 | 0, 0, 0, 5 | 0, 79, 73, 19 |
HSV | 149-100-057 | 120-000-095 | 365-079-081 |
Hex | #009246 | #F1F2F1 | #CE2B37 |
Historia editar
A bandeira de Italia ten a súa orixe nun estandarte con eses mesmas cores entregado por Napoleón en novembro de 1796 a un corpo de voluntarios da Lexión Lombarda que se incorporaron ao exército francés. O 7 de xaneiro de 1797, o estandarte tricolor foi adoptado como emblema da República Cispadana reunida en Reggio Emilia. Comprendía un territorio duns 40 000 km² atravesados polo río Po e con Milán como sede do goberno. Estaba provista dun exército integrado por tropas francesas. A República Cisalpina creada o 9 de xullo de 1797 por Napoleón Bonaparte utilizou a disposición actual das franxas tricolores.
Existe unha teoría sobre a orixe das tres cores, a cal os vincula coa insignia dunha sociedade secreta que desenvolvía unha influencia notable na política daqueles tempos. Os representantes de Reggio Emilia propuxeron adoptar a tricolor como bandeira do novo Estado libre que se creou naqueles momentos. Na asemblea de Reggio propúxose unir Milán ás catro cidades de Reggio Emilia que se atopaban baixo dominio napoleónico, pero como non foi posible, decidiuse polo menos estabelecer unha mesma bandeira. Esta foi a orixe da bandeira italiana. Coa caída de Napoleón en 1814, foi abolida pola restauración, pero volveu ser utilizada durante as cinco xornadas de Milán.
Pouco tempo despois foi izada sobre os campanarios de Milán e no punto máis alto da cidade. O 24 de marzo de 1848, os austríacos tiveron que abandonar Milán que estivera baixo dominio seu. O rei de Piemonte-Sardeña, Carlos Alberte de Savoia, repartiu a bandeira tricolor entre as diferentes unidades do exército piemontés que entraban na Lombardía en apoio dos insurxentes e dispuxo que no centro da mesma incorporásese o escudo da Casa de Savoia. Desde este episodio a bandeira tricolor foi o símbolo da nación italiana.
En 1849 en Roma, constituíuse a República Romana e Giuseppe Mazzini adoptou como bandeira a tricolor, escribindo sobre a franxa branca as iniciais da República Romana. Pero oficialmente, coa proclamación do reino de Italia, o 17 de marzo de 1861 adoptouse a versión creada por Carlos Alberte de Savoia, co escudo savoiano rematado por unha coroa real na bandeira de estado. Este modelo permaneceu vixente oitenta anos, até a caída da monarquía o 2 de xuño de 1946, e desde aquel momento a bandeira nacional está conformada sen ningunha insignia ou escudo. O poeta do século XIX, Francesco Dall'Ongaro, expuxo a simboloxía das cores da bandeira empregando unha descrición do territorio italiano. "Branco como os Alpes, vermello como os volcáns e verde como as chairas da Lombardía".
Bandeiras históricas editar
-
Bandeira da República Transpadana (1796-1797).
-
Bandeira da República Cispadana (1796-1797).
-
Bandeira da República Italiana (1802-1805)
-
Bandeira do Reino de Italia (1805-1814)
-
Bandeira do Reino de Piemonte-Sardeña (1848-1861). Bandeira nacional do Reino de Italia (1861-1946)
-
Bandeira do Reino de Piemonte-Sardeña (1848-1861). Bandeira de Estado do Reino de Italia (1861-1946)
-
Bandeira do Gran Ducado de Toscana (1848-1849)
-
Bandeira do Reino das Dúas Sicilias (1848)
-
Bandeira da República de Venecia (1848-1849)
-
Bandeira da República Romana (1849)
-
Bandeira da República Romana (1849)
-
Bandera de guerra da República Social Italiana (1943-1945)
Outras bandeiras editar
-
Pavillón de proa
-
Bandeira da Armada
-
Bandeira da Mariña mercante
-
Pavillón de proa (Reino de Italia 1879-1900)
-
Pavillón de proa (Reino de Italia 1900-1946)
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Italia en Flags of the World (en inglés)