A armada[1] é o conxunto de forzas navais dun país. Ten como función a defensa nacional por mar, ríos ou lagos, para o que conta cunha serie de barcos de guerra, como portaavións, cruceiros, destrutores, fragatas e outras embarcacións. Polo xeral, tamén contan cunha aviación naval e unha infantaría de mariña. Emprégase o termo mariña de guerra[2][3] para se referir ao conxunto de navíos dunha armada.

407 Sidi Mohammed Ben Abdallah (ex-Bristol County, LST 1198) e 322 Raïs Al Mounastiri da Mariña Real Marroquí, no porto de Casablanca.

Tipos de Armadas editar

  • Mariña oceánica: é aquela capaz de actuar lonxe das súas augas, en calquera localización e en calquera momento. Contan con portaavións, buques de asalto e submarinos nucleares. Nesta categoría inclúense as mariñas de guerra dos Estados Unidos, Reino Unido, Francia e Rusia.
  • Mariña de alta mar: diferénciase da anterior en que, aínda sendo capaz de actuar lonxe das súas augas territoriais, non pode manter as operacións durante un tempo prolongado, debido á inexistencia de bases navais no estranxeiro e a unha frota de apoio insuficiente. Son armadas deste tipo as de España, Italia, o Xapón, a India e o Brasil. Tamén se poden incluír as mariñas da China, Australia, Corea do Sur ou os Países Baixos.[Cómpre referencia]
  • Mariña costeira: é aquela que só pode operar nas súas augas territoriais, próximas á costa, ou en augas fluviais. Carecen de portaavións e buques de asalto e ás veces, de grandes barcos de escolta (destrutores ou fragatas). A maior parte das mariñas de guerra do mundo, agás as xa referidas, son deste tipo.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armada.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mariña.
  3. Así e todo, existe algunha tradición en asimilar a mariña de guerra coa armada; criterio seguido por algúns dicionarios, tal como é o caso do DIGALEGO