Corea do Sur

país asiático

Corea do Sur,[1] oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk Ko-Daehan_Minguk.ogg listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea.[2] O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, co Xapón polo leste e coa China polo oeste. Case a metade da poboación reside na área metropolitana da capital, Seúl, que é a segunda maior do mundo,[3][4] con máis de 25 millóns de habitantes.

Modelo:Xeografía políticaCorea do Sur
대한민국 (ko) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoAegukga (pt) Traducir (1948) Editar o valor en Wikidata

Lema«홍익인간(弘益人間): 널리 인간을 이롭게 하라»
«Koreyanızı xəyal edin»
«Dychmyga dy Gorea» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°N 128°L / 36, 128
Territorio reivindicado porCorea do Norte Editar o valor en Wikidata
CapitalSeúl Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Busan (1995–)
Chungcheong do Norte (pt) Traducir (1948–)
Chungcheong do Sul (pt) Traducir (1948–)
Daegu (1995–)
Daejeon (pt) Traducir (1995–)
Gangwon (pt) Traducir (1948–)
Gwangju (pt) Traducir (1995–)
Gyeonggi (1948–)
Gyeongsang do Norte (pt) Traducir (1948–)
Gyeongsang do Sul (pt) Traducir (1948–)
Incheon (1995–)
Jeju (2006–)
Jeolla do Norte (pt) Traducir (1948–)
Jeolla do Sul (pt) Traducir (1948–)
Sejong (pt) Traducir (2012–)
Seúl (1949–)
Ulsan (pt) Traducir (1995–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación51.466.201 (2017) Editar o valor en Wikidata (513,15 hab./km²)
Lingua oficiallingua coreana
língua de sinais coreana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo, budismo e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie100.295 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Amarelo, Namhae (en) Traducir, Mar do Xapón e Mar da China Oriental Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHalla-san (1.947 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar do Xapón (−2.985 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación15 de agosto de 1948 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública
presidencialismo Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of South Korea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataYoon Suk-yeol (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir Circunscrición: 253, (Escano: 300) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Korea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.810.955.871.381 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaWon surcoreano Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.kr e .한국 (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+82 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 119 e 113 Editar o valor en Wikidata
Código de paísKR Editar o valor en Wikidata

Páxina webkorea.go.kr… Editar o valor en Wikidata
Instagram: koreanet_official BNE: XX451274 Editar o valor en Wikidata

Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior[5] e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia.[6] Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupación da Unión Soviética e os Estados Unidos, converténdose a última na República de Corea en 1948. Malia que as Nacións Unidas declararon nunha resolución que a República era o único goberno lexítimo de Corea,[Cómpre referencia] un réxime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou á Guerra de Corea, que rematou de facto en 1953.

Entre 1962 e 1994, o tigre económico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacións do 20%,[7] nun período chamado Milagre do Río Han que transformou o país nunha economía avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade,[cando?] Corea do Sur é o oitavo país en comercio internacional,[8] unha potencia rexional co décimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico.[9] Dende a caída do goberno militar en 1987, os surcoreanos gozan de amplas liberdades civís e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Índice de democracia.[10] No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro país do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse ó Comité de Axuda ó Desenvolvemento da OCDE, sendo un dos grandes doantes.[7] A súa cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e está a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana.[11]

Corea do Sur é un país desenvolvido, clasificado no posto 15 no Índice de Desenvolvemento Humano, o máis alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa máis alta de Asia e a décima do mundo.[12] Posúe indicadores altos en educación, saúde, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusión. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un título de educación terciaria, o máis alto da OCDE. Destina o 3,74% do seu PIB en investigación e desenvolvemento, o segundo máis alto do mundo. O país máis innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient,[13] é o sétimo exportador mundial,[8] con multinacionais de alta como Samsung, Hyundai-Kia e LG. É o líder global de tecnoloxías avanzadas, coa máis alta velocidade de conexión a Internet, no primeiro posto do Índice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetración de 4G LTE, e o segundo con maior penetración do teléfono intelixente.

Etimoloxía

editar

Corea do Sur é chamada en coreano Daehan Minguk, 대한민국[14], cuxos caracteres significan: grande, 大; Han, nome chinés para Corea, hanja=韓 e pobo ou nación, 民國, literalmente O gran pobo de Han ou A gran nación de Han.

Na súa forma curta, Hanguk, 한국, "País de Han", é empregado para referirse a Corea coma un todo ou tamén Namhan, 남한, "A nación do sur", para referirse a Corea do Sur especificamente. Os norcoreanos refírense ó seu veciño do sur como Namchosŏn, 남조선, literalmente "Joseon do Sur"). O nome Han data das antigas Confederacións Samhan da era dos tres antigos reinos de Corea. En galego, así coma na maioría das linguas occidentais, a nación é a miúdo referida como Corea. Esta verba deriva da dinastía Goryeo, a cal adoptou o seu nome en referencia ó aínda máis antigo Reino de Koguryŏ.

Historia

editar

Antes da división

editar
Artigos principais: Historia de Corea e Guerra de Corea.

Os primeiros restos humanos atopados en Corea datan de arredor de 500.000 anos.[15] De acordo coa tradición, no ano -2333, Tangun (tamén chamado Dangun) fundou o reino de Joseon[16] (a miúdo coñecido como "Gojoseon" para evitar a confusión coa dinastía do século XIV do mesmo nome; o prefixo go significa "vello" ou "anterior"). Despois de numerosas guerras, este reino desintegrouse.

 
Jikji, o primeiro libro impreso nunha imprenta con móbiles metálicos, en 1377, 62 anos antes da Imprenta de Gutenberg.[17]

A antiga Corea pasou a acoller unha serie de cidades-estado en constantes guerras, que aparecían e desaparecían de xeito constante. Porén, tres reinos, Baekje, Koguryŏ e Silla fixéronse forte e entre os tres dominaron a escena histórica de Corea por máis de douscentos anos, no período coñecido como dos Tres reinos de Corea.[18] No ano 676, Silla logrou unificar case todo o territorio coreano, agás o reino de Balhae. O dominio destes dous reinos sobre todo Corea e parte de Manchuria deu orixe ó Período dos Estados Norte e Sur.[19]

Trala súa decadencia, en 918 o xeneral Wang Geon fundou o reino de Goryeo (ou Koryŏ, de onde provén o nome de Corea). No século XIII, a invasión dos mongois debilitou Goryeo: despois de case trinta anos de guerra, o reino conservou o dominio sobre todo o territorio de Corea, aínda que na realidade só era un tributario máis dos mongois.[16] Coa caída do Imperio Mongol, sucedéronse unha serie de loitas políticas, e trala rebelión do Xeneral Yi Seong-gye en 1388, a dinastía Goryeo foi substituída pola dinastía Joseon.[16]

 
O palacio de Gyeongbok é o meirande dos cinco grandes palacios construídos durante a dinastía Joseon.

Entre 1592 e 1598, os xaponeses invadiron Corea, despois de que os Joseon se negasen a brindarlle paso seguro ó exército xaponés, liderados por Toyotomi Hideyoshi, na súa campaña para a conquista de China. A guerra rematou cando os xaponeses se retiraron despois da morte de Hideyoshi. É nesta guerra onde se dá o xurdimento como heroe nacional do almirante Yi Sun-Sin e a popularización do famoso "Barco Tartaruga".[20]

No século XVII, Corea foi finalmente derrotada polos manchús e uniuse ó Imperio Qing. Durante o século XIX, grazas a súa política isolacionista, Corea gañou o nome de "Reino ermitán".[15] A dinastía Joseon tratou de protexerse contra o imperialismo occidental, pero foron obrigados a abrir as súas portas ó comercio. Despois das guerras sino-xaponesas e da guerra ruso-xaponesa, Corea quedou baixo o dominio colonial xaponés (1910-1945).[21] Ó final da segunda guerra mundial, os xaponeses rendéronse ante as forzas soviéticas e estadounidenses, que ocuparon as metades norte e sur de Corea, respectivamente.

Despois da división

editar
Artigo principal: Historia de Corea do Sur.

En 1948, como consecuencia da división da península entre os soviéticos e os estadounidenses, xurdiron dúas novas entidades: Corea do Norte e Corea do Sur. No norte, un guerrilleiro antixaponés e activista comunista, Kim Il-sung, obtivo o poder a través do apoio soviético, e no sur, un líder político exiliado de dereita, Syngman Rhee, foi nomeado presidente.[22]

 
Seúl.

O 25 de xuño de 1950, Corea do Norte invadiu a Corea do Sur coa acción militar que desencadeou a Guerra de Corea. Naquel intre, o delegado da Unión Soviética no Consello de Seguridade da ONU estivo ausente como protesta pola negativa de admitir á República Popular da China dentro do organismo.[22] Isto permitiu ás Nacións Unidas, lideradas polo exército estadounidense, a intervir para frear a invasión. Pola súa parte, a Unión Soviética e a China decidiron apoiar a Corea do Norte, enviando efectivos e provisións ás súas tropas. Despois das perdas masivas de civís norcoreanos e surcoreanos, a guerra chegou a un punto morto.[22] O armisticio de 1953 dividiu a península ó longo da zona desmilitarizada de Corea, preto da liña de demarcación orixinal. Ningún tratado de paz foi asinado, polo que tecnicamente os dous países continuaron en guerra. Polo menos 2,5 millóns de persoas morreron durante o conflito.[23]

En 1960, un movemento estudantil levou á renuncia do presidente Syngman Rhee. A este evento seguiulle un período de inestabilidade política, que un ano máis tarde finalizaría co golpe de estado realizado polo Xeneral Park Chung-hee (o "5-16 coup d' état").[24] Park foi duramente criticado como un ditador desapiadado e pola represión política que existiu durante o seu mandato. Porén, fixo que a economía surcoreana se desenvolvese de xeito significativo, xa que alentou o rápido crecemento económico impulsando as exportacións. Park foi presidente ata o seu asasinato, ocorrido en 1979.[24]

Os anos que seguiron ó asasinato de Park estiveron marcados novamente pola axitación política, xa que os líderes da oposición anteriormente reprimida realizaron múltiples intentos para acceder á presidencia.[24] En 1980, realizouse outro golpe de estado, desta volta polo Xeneral Chun Doo-hwan en contra do goberno transitorio de Choi Gyuha, quen ocupaba o cargo de primeiro ministro durante o mandato de Park. O feito de que Chun asumise a presidencia desencadeou protestas a nivel nacional esixindo democracia e legalidade nas eleccións.[24]

Chun e o seu goberno mantiveron a Corea baixo un réxime despótico ata 1987, cando as manifestacións de traballadores e de grupos opositores estouraron por todo o país.[24] Ó cabo, o partido político de Chun, o Partido Democrático de Xustiza, e o seu líder, Roh Tae-woo, deron a coñecer a Declaración do 29 de xuño, que incluía o chamamento a eleccións directas para elixir un novo presidente. Roh gañou as eleccións por unha estreita marxe contra os dous dirixentes dos principais partidos de oposición, Kim Dae-Jung e Kim Young-Sam.[24]

 
A cidade de Seúl experimentou un rápido crecemento urbano durante as décadas de 1980 e 1990.

En 1988, Seúl organizou satisfactoriamente os Xogos Olímpicos de verán de 1988,[25] e en 1996 continuouse co desenvolvemento económico que levou ó ingreso do país na Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).[26] Coma a maioría dos seus veciños asiáticos, a economía nacional viuse afectada pola crise financeira asiática de 1997, mais foi quen de recuperarse e continuar o seu crecemento económico.

En xuño de 2000, como parte da "Política solleira" do presidente Kim Dae-Jung, celebrouse o Encontro Intercoreana, o cal tivo lugar en Pionyang, a capital de Corea do Norte.[Cómpre referencia] Máis tarde, ese mesmo ano, Kim recibiu o Premio Nobel da Paz "polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste asiático en xeral e para a paz e a reconciliación con Corea do Norte en particular."[27] En 2002, Corea do Sur e o Xapón foron os anfitrións da Copa Mundial de Fútbol de 2002, mais as relacións entre ambas nacións deterioráronse debido ao conflito sobre a posesión das Rochas de Liancourt (Dokdo en coreano).[28]

En decembro de 2012, a "Comisión Electoral Nacional" outorgou a Park Geun-hye o 51,6% dos sufraxios, fronte ó 48% do seu rival, Moon Jae-in. Park, filla do ditador Park Chung-hee, fixo historia ó converterse na primeira muller presidenta de Corea do Sur[29]

Política

editar

O xefe de estado da República de Corea é o presidente, elixido por voto directo popular para un único mandato de cinco anos. Ademais de ser o representante máis alto da república e o comandante-en-xefe das forzas armadas, o presidente tamén ten considerábeis poderes executivos e nomea o primeiro ministro despois de aprobalo o parlamento, amais de tamén nomear e presidir o Consello de Estado, ou goberno.

O parlamento coreano, unicameral, chámase Asemblea Nacional, ou Gukhoe (국회). Os seus membros serven en mandatos de catro anos. Está composto por 299 deputados, dos cales 243 elíxense por voto rexional e os restantes son distribuídos por votos de representación proporcional. O corpo xudicial mais elevado é o Supremo Tribunal, cuxos xuíces son nomeados polo presidente co consentimento do parlamento.

O 12 de marzo de 2004, o parlamento surcoreano votou a destitución de Roh Moo-hyun debido a acusacións de fraude electoral e incompetencia. O primeiro-ministro Goh Kun dirixirá o pais ata que o Tribunal Constitucional decida sobre a destitución.

Dereitos humanos

editar

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Corea do Sur firmou ou ratificou:

  Corea do Sur   Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[30]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[31] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[32] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[33] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[34]
Pertenza                                       
  Firmado e ratificado,   firmado pero non ratificado,   nin firmado nin ratificado,   sen información,   accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Subdivisións

editar
Artigo principal: Subdivisións de Corea do Sur.
 
Subdivisións de Corea do Sur

Corea do Sur consta dunha cidade especial (Teukbyeolsi; 특별시; 特別市), 6 cidades metropolitanas (Gwangyeoksi, singular e plural; 광역시; 廣域市), e 9 Provincias (do, singular e plural; 도; 道).

Nome Hangul Hanja
Cidades especiais (Teukbyeolsi)
1 Seúl 서울특별시 서울特別市
Cidades metropolitanas (Gwangyeoksi)
2 Busan 부산광역시 釜山廣域市
3 Daegu 대구광역시 大邱廣域市
4 Incheon 인천광역시 仁川廣域市
5 Gwangju 광주광역시 光州廣域市
6 Daejeon 대전광역시 大田廣域市
7 Ulsan 울산광역시 蔚山廣域市
Cidade autónoma especial (Teukbyeoljachisi)|-
8 Sejong 세종특별자치시 世宗特別自治市
Provincias
9 Gyeonggi 경기도 京畿道
10 Gangwon 강원도 江原道
11 Chungcheong do Norte 충청북도 忠淸北道
12 Chungcheong do Sur 충청남도 忠淸南道
13 Jeolla do Norte 전라북도 全羅北道
14 Jeolla do Sur 전라남도 全羅南道
15 Gyeongsang do Norte 경상북도 慶尙北道
16 Gyeongsang do Sur 경상남도 慶尙南道
Provincia autónoma especial (Teukbyeoljachi-do)
17 Jeju 제주특별자치도 濟州特別自治道

Xeografía

editar

Corea forma unha península que se estende ao longo de 1.100 km desde a súa xunta co resto de Asia. Limita ao norte con Corea do Norte, ao leste co Mar do Leste (Mar do Xapón), ao sur co Estreito de Corea (a través do cal fai fronteira co Xapón) e co Mar da China Oriental, e ao oeste co Mar Amarelo, do outro lado do cal se estende China. Alén da parte continental e de moitas illas costeiras, inclúe tamén as illas de Cheju, no Mar da China Meridional, e de Ullung, no Mar do Leste. A paisaxe da metade sur consta de cadeas montañosas parcialmente cubertas de selva, ao leste, separadas por vales profundos e estreitos, e de planicies costeiras densamente poboadas e cultivadas, a sur a e oeste.

O clima local é relativamente temperado, coa precipitación a ser máis forte no verán, durante unha breve estación chuviosa chamada xangma, e con invernos que poden por veces ser moi fríos. A capital e maior cidade de Corea do Sur é Seúl, no noroeste do país. Outras cidades principais son Incheon, situada preto de Seúl, Daejeon, localizada no centro do país, Gwangju, situada no suroeste e Daegu e Busan, localizadas no sueste.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Corea do Sur.

O crecemento económico de Corea do Sur nos últimos 30 anos foi espectacular. O PIB per capita, que era de só 100 $ en 1963, chegou a case 9800 dólares en 2002; o PIB actual[cando?] é 18 veces maior que o de Corea do Norte. A Corea do Sur está entre as dez maiores economías do mundo. O éxito económico do país débese a un sistema de lazos íntimos desenvolvidos entre o goberno e a iniciativa privada, que inclúe crédito facilitado, restrición a importacións, subsidios a determinados sectores e incentivo ao traballo.

Demografía

editar

A poboación de Corea é unha das máis homoxéneas, étnica e lingüisticamente, do mundo. A única minoría é unha pequena comunidade chinesa, aínda que as persoas cuxos pais son parellas mestizas (por exemplo, fillos de soldados americanos ou de homes de negocios europeos) sexan encaradas como unha minoría e frecuentemente discriminadas (por exemplo, polos cativos na escola). Os coreanos viviron na Manchuria durante moitos séculos e son hoxe unha minoría na China, e Stalin enviou millares de coreanos de Vladivostok e Khabarovsk, contra a súa vontade, para a Asia Central (na antiga Unión Soviética), mentres que a maioría da poboación coreana do Xapón foi levada para o pais como traballadores forzados durante o período colonial (entre 1910 e 1945).

A inestabilidade política, social e económica na Corea do Sur levou moitos sur-coreanos a emigrar para outros países, en particular aos Estados Unidos de América e ao Canadá. California ten un número moi alto de coreanos e coreano-americanos: ben máis dun millón de persoas.

Deportes

editar

A arte marcial do taekwondo orixinouse en Corea. Nas décadas de 1950 e 1960, creáronse regras modernas para normalizalo, e en 2000 converteuse en deporte olímpico. Outras artes marciais coreanas inclúen o hapkido, o taekkyon, o tangsudo, o kuk sool won, o soo bahk do e o kumdo.

O béisbol foi introducido a Corea en 1905 e desde entón converteuse no deporte de espectadores máis popular en Corea do Sur.KOIS (2003), páx. 632. Establecida en 1982, a Organización Coreana de Béisbol foi a primeira liga deportiva profesional no país. O equipo surcoreano finalizou terceiro no Clásico Mundial de Béisbol 2006, segundo na edición de 2009 e gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008.[35]


En 1988, organizou os Xogos Olímpicos de Seúl 1988, quedando no cuarto lugar do medalleiro, con 12 preseas de ouro, 10 de prata e 11 de bronce. Regularmente, o país obtén bos resultados no tiro con arco, o tenis de mesa, o bádminton, patinaxe de velocidade sobre pista curta, balonmán, hóckey sobre xeo, loita de estilo libre, béisbol, judo, taekwondo, patinaxe e levantamento de pesas. gañou máis medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno que calquera outro país de Asia. Na súa última edición, gañou un total 14 medallas (6 de ouro, 6 de prata e 2 de bronce) para sumar un total de 45 medallas (23 de ouro, 14 de prata e 8 de bronce).

Acolleu os Xogos Asiáticos en 1986 (Seúl) e 2002 (Busán) e será sé de novo en 2014 (Inchon).[36] Tamén foi a sé dos Xogos Asiáticos de Inverno de 1999; e das Universíadas de inverno en 1997 e de verán en 2003. Na Copa Mundial de fútbol de 2002, conxuntamente organizada por Corea do Sur e o Xapón, a selección de fútbol converteuse no primeiro equipo da Confederación Asiática de Fútbol en chegar ás semifinais.[37] En 2010 celebrouse por primeira vez unha proba do mundial de Fórmula 1, o Gran Premio de Corea do Sur no Circuíto Internacional de Corea, en Yeongam. Ademais, prevese que o Campionato Mundial de Atletismo de 2011 celébrese en Daegu.[38] Tamén son importantes as tres competicións hípicas do país, entre as que destaca a do parque de carreiras de Seúl que é a maior.

Seleccións nacionais

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surcoreano.
  2. Modelo:CIA World Factbook
  3. Forstall, Richard L.; Greene, Richard P.; Pick, James B. (2009-7). "WHICH ARE THE LARGEST? WHY LISTS OF MAJOR URBAN AREAS VARY SO GREATLY". Tijdschrift voor economische en sociale geografie (en inglés) 100 (3): 277–297. doi:10.1111/j.1467-9663.2009.00537.x. 
  4. Tijdschrift voor economische en sociale geografie 100, 277 (2009), Table 4
  5. "Ancient civilizations". Canadá: Royal Ontario Museum. 12 de decembro de 2005. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  7. 7,0 7,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  8. 8,0 8,1 韓 세계무역 점유율 순위 외환위기 이후 첫 하락
  9. "South Korea: Economic and social developments". Encyclopædia Britannica. Consultado o 18 de febreiro de 2010. 
  10. http://www.eiu.com/Handlers/WhitepaperHandler.ashx?fi=Democracy_Index_2013_WEB-2.pdf&mode=wp&campaignid=Democracy0814[Ligazón morta]
  11. South Korea's K-pop craze lures fans and makes profits
  12. Where are you on the global pay scale? Arquivado 22 de outubro de 2014 en Wayback Machine., BBC
  13. http://www.bloomberg.com/slideshow/2014-01-22/30-most-innovative-countries.html#slide32
  14. Gobierno de Corea, ed. (2010). "The official website of the Republic of Korea". Korea.net (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2010. Consultado o 31 de maio de 2010. 
  15. 15,0 15,1 Hapki Yu Kwon Sul Euskadi (2009). "Historia". Hapki do eh.com (en español). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 25 de maio de 2010. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Embaixada de Corea. "Korea's History". Asian Info.org (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2010. 
  17. "Digital Jikji". Digital Jikji.net (en inglés). 2003. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2009. Consultado o 9 de abril de 2010. 
  18. "Korea's Three Kingdoms". Ancient Worlds.net (en inglés). 2005. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2011. Consultado o 9 de abril de 2010. 
  19. NHN Corp. (2009). "남북국시대 [南北國時代]". Naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 23 de maio de 2010. 
  20. Hawley, páx. 192
  21. Yutaka Kawasaki (1996). "Was the 1919 Annexation Treaty Between Korea and Japan Concluded Legally?". Murdoch University Electronic Journal of Law (en inglés) 3 (2). Consultado o 9 de abril de 2010. 
  22. 22,0 22,1 22,2 Juan Carlos Ocaña (2003). "La guerra de Corea, 1951-1953". Historia siglo 20.org (en español). Consultado o 2 de xuño de 2010. 
  23. "Korean War". Encyclopedia Britannica (en inglés). 2009. Consultado o 9 de abril de 2010. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 "Corea del Sur - Historia". Guia del Mundo.org.uy (en español). 2008. Consultado o 3 de xuño de 2010. 
  25. Comité Olímpico Internacional (2009). "Seoul 1988". Olympic.org (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2010. 
  26. OCDE (2009). "Ratification of the Convention on the OECD". OECD.org (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2010. 
  27. Fundación do Premio Nobel (2000). "The Nobel Peace Prize 2000". Nobel Prize.org (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2010. 
  28. BBC News (2006). "South Korea survey angers Japan". BBC.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2010. 
  29. "Park Geun-hye, primera mujer que gana las presidenciales en Corea del Sur". El Pais. Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  30. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  31. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  32. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  33. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  34. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  35. COI (2010). "Republic of Korea". Olympic.org (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2010. 
  36. "Asian Games" (en inglés). Consello Olímpico de Asia. 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  37. FIFA (2010). "República de Corea: Clasificación Mundial/FIFA Coca Cola". FIFA.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  38. "GP de Corea Do Sur Yeongam" (en español). Diario As. Consultado o 17 de xuño de 2010.