Hapkido
Hapkido (en coreano
A simple vista é unha combinación de técnicas de taekwondo con outras de aikibudo. O seu ensino está moi enfocado á defensa persoal.
Historia
editarA historia do hapkido é bastante confusa, pero moitas fontes atribúeno a dous coreanos: Choi Yong Sul (1904-1986) e Ji Han Jae (1936-). Cando era neno, Choi foi ao Xapón, onde parece que fixo traballo de criado do mestre do Daito ryu Aiki jutsu, Sokaku Takeda.
Choi demostrou calidades no Daito-ryu Aiki-jutsu e frecuentemente en Takeda enviábao a se enfrontar con outros practicantes de artes marciais. De volta a Corea, Choi empezou a dar clases de artes marciais. Un dos seus alumnos, Ji Han Jae, incorporou técnicas coreanas tradicionais de patadas e puñadas (derivadas do taekkyon e do hwarangdo) e ao repertorio de técnicas resultante deulle o nome de hapkido en 1959. Ademais de Choi e Ji, moitas escolas de artes marciais coreanas tiveron participación no desenvolvemento de varias técnicas que contribuíron ao hapkido tal e como se coñece actualmente.
Principios
editar- O Won, (원 o 圓) ou principio do círculo: fala de que a forza do ataque contrario é desviada, controlada e dirixida na dirección desexada en forma de círculos.
- O Yu, (유 o 柳) ou principio da auga: fala da penetración total da defensa do adversario dunha maneira fluída, flexíbel e cambiante, como o é a auga.
- O Hwa, (화 o 和) ou principio da harmonía: fala de que non hai que opoñerse á forza do atacante; desta forma pódese utilizar a forza do opoñente a favor propio.
Grandes mestres
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Hapkido |
- (en castelán) Sin Moo Hapkido en España
- (en inglés) Páxina oficial
- (en castelán) Asociación Española Yang Hum Kwan Hapkido
- (en francés) Páxina oficial Sin Moo Hapkido en Francia
- (en castelán) Páxina da Hapki Yu Kwon Sul de EuskadiArquivado 25 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.