Boxeo tailandés

Deporte de contacto
(Redirección desde «Muay Thai»)

Boxeo tailandés ou muay thai (en tailandés: มวยไทย) é unha arte marcial que se orixinou na Tailandia, tendo como base outra arte marcial tradicional coñecida por muay boran. Esta disciplina evolucionou para unha forma de deporte de combate, tornándose deporte nacional. Tamén é coñecida como a arte das oito armas, pois usa ostensiblemente de golpes contundentes aplicados cos puños, cóbados, xeonllos e pés, e, como cada unha destas partes do corpo se presenta aos pares, de aí vén a denominación alternativa.[1]

Muay Thai
Unha loita de boxeo tailandés entre homes novos en Bangkok
Información xeral
Lugar de orixeTailandia
Grafia
TraduciónBoxeo tailandés
relación con outras artes marciais
AntecedentesMuay boran
DescendenteKickboxing

O paradigma actual foi máis ou menos fixado a mediados do século XVIII, pero a historia da modalidade, da súa evolución, conta máis de dous mil anos, confundíndose coa propia historia do pobo tailandés. Pódese ver, con fundamento no seu repertorio técnico, que este tipo de boxeo comparte con outras artes marciais da rexión unha orixe, por canto se asemella ao silat e ao pradal serey, de Camboxa e adxacencias; tomoi, de Malaisia; lethwei, de Birmania; e muay lao, de Laos.[2][3]

Nacionalmente, a súa popularidade gañou incremento significativo a partir do século XVI, e, para o resto do mundo, só tralo fin da primeira metade do século XX, cando practicantes da modalidade conseguiron derrotar representantes doutras artes marciais.[4]

Unha das máis distinguidas características é a realización da cerimonia ram muay, cando os contricantes executan, so o acompañamento musical, unha secuencia de movementos estilizados de loita. Destácase tamén polo emprego de golpes cos xeonllos, cóbados e cúbitos, máis do que as artes irmás. Alén das técnicas de loita de per se, como deporte, o practicante sométese a intenso adestramento con foco no condicionamento físico, na concentración e no desenvolvemento de autoconfianza. Como modalidade deportiva, a maioría das entidades representativas desaproban o uso dos golpes máis violentos, como aqueles cos cóbados, na intención de asegurar a integridade física dos atletas.[5]

A dirección da faceta deportiva é feita pola Federación Internacional de Muay Thai e polo Consello Mundial de Muay Thai. Porque se trata dun patrimonio nacional da Tailandia, os practicantes son chamados de modos diferenciados: os loitadores tailandeses, nak muay (นักมวย), mentres que os demais practicantes do resto do mundo nak muay farang (นักมวย ฝรั่ง).

O boxeo tailandés influenciou moito no desenvolvemento do kickboxing que entón foi creado no Xapón, en Europa e nos Estados Unidos.

Case cada movemento de boxeo tailandés emprega o corpo enteiro, en canto que hai unha rotación dos cadrís a cada patada.

Notas editar

  1. "História da Modalidade" (en portugués). Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  2. "Muay Thai, Etimología, Historia, Técnica, Acondicionamiento..." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2014. Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  3. Serravalle Guimarães, Ricardo (2006). Clube de Autores, ed. Ensinamento dos mestres (en portugués). Bahia. p. 32. 
  4. van der Veere, Arnaud (2012). Meyer & Meyer Verlag, ed. Muay Thai (en inglés). pp. 11–14. 
  5. Delp, Christoph (2005). Blue Snake, ed. Muay Thai Basics: Introductory Thai Boxing Techniques (en inglés). Berkeley. pp. 11–15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar