Camboxa

país do sueste asiático

Camboxa,[1][2][3] ou Cambodia[4] oficialmente Reino de Camboxa (khmer: ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា, Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea), é un país asiático situado en Indochina, limita ó norte con Laos, ó leste e ó sur co Vietnam, ó oeste co Golfo de Tailandia e ó oeste e ó norte con Tailandia.

Modelo:Xeografía políticaCamboxa
កម្ពុជា (km) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoNokoreach Editar o valor em Wikidata

Lema«ជាតិ សាសនា ព្រះមហាក្សត្រ» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°30′N 105°00′L / 12.5, 105Coordenadas: 12°30′N 105°00′L / 12.5, 105
CapitalPhnom Penh Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación16.005.373 (2017) Editar o valor em Wikidata (88,41 hab./km²)
Lingua oficialLingua khmer Editar o valor em Wikidata
Relixiónbudismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie181.035 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPhnum Aoral (pt) Traducir (1.813 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo de Tailandia (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación9 de novembro de 1953 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
febreiro de 2022Censura na Internet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor em Wikidata
• Rei (pt) Traducir Editar o valor em WikidataNorodom Sihamoni (2004–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataHun Manet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Cambodia (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal26.961.061.152 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedariel camboxano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.kh Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+855 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia119, 117 (pt) Traducir e 118 Editar o valor em Wikidata
Código de paísKH Editar o valor em Wikidata

O estado soberano de Camboxa ten unha poboación de máis de 15 millóns de habitantes. O budismo está consagrado na constitución como a relixión estatal oficial e é practicado por máis do 97% da poboación. Os grupos minoritarios de Camboxa inclúen vietnamitas, chineses, chams e 30 tribos dos outeiros.[5] A capital e a cidade máis grande é Phnom Penh, o centro político, económico e cultural de Camboxa. O reino é unha monarquía constitucional electiva cun monarca, actualmente Norodom Sihamoni, elixido polo Consello Real do Trono como xefe de Estado. O xefe de goberno é o Primeiro ministro, actualmente é Hun Sen, un dos líderes non reais máis antigos no sueste asiático, gobernando Camboxa desde 1985.

Nome editar

Artigo principal: Nomes de Camboxa.

O "Reino de Camboxa" é o nome oficial do país. O inglés "Cambodia" é unha anglicización do francés "Cambodge", que á súa vez é a transliteración francesa do khmer កម្ពុជា kampuciə. Kampuchea é a alternativa abreviada ao nome oficial do país en khmer ព្រះរាជាណាចក្រ កម្ពុជា prĕəh riəciənaacak kampuciə. O endónimo khmer Kampuchea deriva do nome sánscrito कम्बोजदेश kambojadeśa, composto por देश deśa ("terra de" ou "país de") e कम्बोज kamboja, que alude aos mitos fundamentais do primeiro antigo reino khmer.[6] O termo Cambodia xa estaba en uso en Europa xa en 1524, desde Antonio Pigafetta (un Explorador italiano que seguiu a Fernando Magalláns na súa circunnavegación do globo cítao na súa obra "Relazione del primo viaggio intorno al mondo" (1524-1525) como "Camogia".[7]

Coloquialmente, os camboxanos refírense ao seu país como ស្រុកខ្មែរ srok khmae (Modelo:IPA-km), que significa "Terra dos Khmer", ou un pouco máis formal ប្រទេស កម្ពុជា prɑteih kampuciə (Modelo:IPA-km), literalmente "País de Kampuchea". O nome "Camboxa, Cambodia" úsanse máis frecuentemente no mundo occidental, mentres que "Kampuchea" úsase máis no Oriente.[8][9][10]

Nomes oficiais
Data Nome Notas
50/68 dC - 550 dC Imperio Funan Nokor Phnom - (nome alternativo)
550-802 Imperio Chenla División da terra Chenla e da auga Chenla no século VIII d.C.
802-1431 Imperio Khmer Un dos imperios máis poderosos do sueste asiático.
1431-1863 Camboxa Período Medio (era Chaktomuk, era Longvek, era Oudong)
1863–1941, 1945–1953 Reino de Camboxa (Protectorado francés)
1941–1945 Baixo ocupación xaponesa
1953-1970 Reino de Camboxa O período de Sangkum Reastr Niyum (Comunidade Socialista Popular)
, tamén coñecido como o primeiro Reino de Camboxa
1970–1975 República Khmer (bombardeo estadounidense, guerra civil)
1975–1976 Kampuchea (Xenocidio Khmer)
1976–1982 Kampuchea Democrática (Xenocidio Khmer) - Recoñecemento da ONU conservado[11]
1982-1990 Goberno de coalición da Kanpuchea Democrática Recoñecemento da ONU conservado
1990–1993 Goberno Nacional de Camboxa Recoñecemento da ONU conservado
1979–1989 República Popular de Kampuchea Non recoñecido pola ONU
1989–1991 Estado de Camboxa
1991–1993 Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Camboxa
1993 – presente Reino de Camboxa Segundo Reino de Camboxa

Historia editar

No 802 d.C., Jayavarman II declarouse rei, unindo aos príncipes khmer de Chenla en guerra entre eles co nome "Kambuja". [12] Isto marcou o comezo do Imperio Khmer, que floreceu durante máis de 600 anos, permitindo aos sucesivos reis controlar e exercer influencia sobre gran parte do Sueste asiático e acumular inmenso poder e riqueza. A expansión India facilitou a propagación do primeiro hinduísmo e despois do budismo a gran parte do sueste asiático e emprendeu moitos proxectos de infraestrutura relixiosa en toda a rexión, incluíndo a construción de máis de 1.000 templos e monumentos só en Angkor. Angkor Wat é a máis famosa destas estruturas e está designada como Patrimonio da Humanidade.

No século XV, despois da rebelión de Ayutthaya, que anteriormente estaba gobernado polo Imperio Khmer, Camboxa experimentou o declive do seu poder. Camboxa enfrontouse a dous veciños cada vez máis poderosos, Ayutthaya de Tailandia e a dinastía Nguyen do Vietnam, o que marcou a recesión do destino de Camboxa. En 1863, Camboxa converteuse nun protectorado de Francia e despois incorporouse á Indochina francesa do sueste asiático.

Camboxa obtivo a independencia de Francia o 9 de novembro de 1953, ao fin da guerra de Indochina. Cunha monarquía constitucional (desde 1947) dirixida polo rei Norodom Sihanouk, o país seguiu unha política de neutralidade na guerra do Vietnam, mais na realidade sostivo o Vietnam do Norte desde 1966, deixando transitar polo seu territorio as tropas do Fronte de liberación do Vietnam do Sur pola Ruta Ho Chi Minh e o establecemento da ruta Sihanouk. Isto levou ao bombardeo estadounidense de Camboxa desde 1969 ata 1973.

Desde 1967-68 sofre unha insurrección fomentada polos Khmer vermellos, rebeldes comunistas de inspiración maoísta, cunha economía que vai de mal a peor baixo o peso da corrupción organizada pola súa familia, Norodom Sihanouk, resolve retomar a axuda americana, dándolle o cargo de primeiro ministro (14 de agosto de 1969) ao xeneral Lon Nol, coñecido polo seu anticomunismo e pola súa opción pola economía de mercado. Lon Nol, posto polo príncipe Sirik Matak, da rama Sisowth, dá un golpe de estado e envía a Sihanouk ao estranxeiro, o 18 de marzo de 1970, a Moscova e Pequín. Convertido en aliado dos Estados Unidos, Camboxa é entón integrada na estratexia de acoso do comunismo en Asia do Sueste. O deposto rei Sihanouk deu o seu apoio aos seus antigos inimigos, os Khmer vermellos.

Co apoio da monarquía e do Viet Minh, os Khmer vermellos pro Vietnamitas fan unha verdadeira guerra contra as forzas do goberno e gañaron despois de que os Estados Unidos non interviren e tentan de salvar o réxime republicano (abril-xuño 1970). Porén, no 1973 os Estados Unidos marchan da rexión, os seus bombardeos aéreos non puideron deter a ameaza comunista. Cando o Vietnam do Norte vai gañar a guerra contra o Vietnam do Sur, os Khmer vermellos axudados polo Viêtcong toman Phnom Penh o 17 de abril de 1975.

Kampuchea Democrática foi o nome oficial de Camboxa baixo o réxime maoísta de Pol Pot e o seu su partido dos Khmer vermellos entre 1975 e 1979.

A «Angkar» (organización) dos Khmer vermellos aplica unha política maximalista, máis radical aínda que as soviéticas e as maoístas, con visos a purificar o país da civilización urbana. As cidades, á imaxe de Phnom Penh na noite do 17 ao 18 de abril de 1975, son baleiradas dos seus habitantes, enviados a reeducación ao campo.

A eliminación sistemática das antigas elites francés-falantes, engadida á desnutrición e ás doenzas producen un verdadeiro xenocidio, desde 1975 ata 1979, máis dun millón de persoas morren, ou sexa dous sétimos da poboación total de Camboxa. A economía está inadaptada e é incapaz de acadar o desenvolvemento.

O período rematou coa invasión vietnamita, apoiada pola Unión Soviética a través dunha guerra que durou 17 días entre decembro de 1978 e xaneiro de 1979 e o paso á clandestinidade de Pol Pot e os seus seguidores. Pol Pot e os Khmer vermellos reconstituíron un movemento armado Antisoviético e Anticomunista na fronteira con Tailandia, co apoio dos Estados Unidos, da China, de Tailandia e o Reino Unido.[13] Estableceuse un goberno camboxano no exilio cos Khmer vermellos no seu núcleo, un goberno que tivo un prolongado recoñecemento diplomático de moitos países occidentais e asiáticos.[14][15]

Os Vietnamitas apoiados pola Unión Soviética, aproveitando a autodestrución khmer e a inercia internacional, instalan un pseudo-goberno monicreque, baixo a dirección nominal de Pen Sovan, creando un estado coñecido como República Popular de Kampuchea, cun goberno de facto apoiado polo Vietnam. Este estado sobreviviría ata 1992 coa caída do goberno marxista despois de pasar por unha transición na que este país cambiou o seu nome ao de Camboxa en 1989.

Tras os Acordos de paz de París de 1991, Camboxa foi gobernada brevemente por unha Misión das Nacións Unidas (1992-1993). A ONU retirouse despois das celebración de eleccións nas votaron que arredor do 90 por cento dos votantes rexistrados. A loita de faccións de 1997 resultaron na destitución do goberno por parte do primeiro ministro Hun Sen e do Partido Popular camboxano, que seguen no poder.

Política editar

Camboxa é membro da ASEAN (Association of Southeast Asian Nations).

Xeografía editar

País de Asia do Sueste, Camboxa limita con Tailandia, Laos e o Vietnam. A súa superficie é de 181.035 km² e a súa costa marítima, con 443 km, dá ao golfo de Tailandia.

Illas editar

Hidrografía editar

A capital, Phnom Penh, está situada sobre o principal río do país, o Mekong, ao nivel do seu delta. Este río comeza no Tíbet e atravesa a metade de Camboxa antes de xuntarse co Vietnam, onde se lanza ao mar da China. O lago meirande do país é o Tonlé Sap (en [[Lingua khmer|khmer}}, gran lago) formado pola inundación dunha vaste plana durante a estación das choivas (aproximadamente 300 km² durante a estación seca, e ata 10 000 km² durante a estación das choivas).

Subdivisións editar

Cambodia está dividida en 21 provincias (khet) e 4 municipios con status de provincia (krong). As provincias están subdivididas en distritos (srok), que están, á súa vez, subdivididos en comunas (khum). Os municipios están subdivididos en secións (khan), que están, pola súa banda, subdivididas en barrios (sangkat).

A capital do país, Phnom Penh, non é unha provincia, é unha área administrativa especial. Entre tanto, está incluída como a 25º provincia, unha vez que é administrada ao mesmo nível que as outras 24 provincias. O nome das provincias son os mesmos que o das súas respectivas capitais, exceptuando Banteay Meanchey, Kandal, Mondulkiri, Oddar Meanchey, Rattanakiri, Koh Kong, Kampong Thom, Takéo e Kampong Speu. A provincia máis nova creada entre as subdivisión cambodianas, é Tbong Khmum, craada a través dun decreto real asinado o 31 de decembro de 2013 polo rei Norodom Sihamoni. Foi separada da provincia de Kampong Cham, estando formada por 6 distritos.[16]

Número Provincia Capital Superficie (km2) Poboaciónn
(2019)[17]
1 Banteay Meanchey Serei Saophoan 6.679 859.545
2 Battambang Battambang 11,702 987.400
3 Kampong Cham Kampong Cham 4.549 895.763
4 Kampong Chhnang Kampong Chhnang 5.521 525.932
5 Kampong Speu Chbar Mon 7.017 872.219
6 Kampong Thom Stung Saen 13.814 677.260
7 Kampot Kampot 4.873 592.845
8 Kandal Ta Khmau 3.179 1.195.547
9 Kep Kep 336 41.798
10 Koh Kong Khemarak Phoumin 10.090 123.618
11 Kratié Kratié 11.094 372.825
12 Mondulkiri Senmonorom 14.288 88.649
13 Oddar Meanchey Samraong 6.158 261.252
14 Pailin Pailin 803 71.600
15 Phnom Penh Doun Penh 679 2.129.371
16 Preah Sihanouk Preah Sihanouk 1.938 302.887
17 Preah Vihear Preah Vihear 13.788 251.352
18 Pursat Pursat 12.692 411.759
19 Prey Veng Prey Veng 4.883 1.057.428
20 Ratanakiri Banlung 10.782 204.027
21 Siem Reap Siem Reap 10.299 1.006.512
22 Stung Treng Stung Treng 11.092 159.565
23 Svay Rieng Svay Rieng 2.966 524.554
24 Takéo Doun Kaev 3.563 899.485
25 Tboung Khmom Suong 5.250 775.296
 

Economía editar

Artigo principal: Economía de Camboxa.

Datos editar

Poboación : 13 124 764 habitantes (en 2003). 0-14 anos: 41,25 %; 15-64 anos: 55,28 %; + 65 anos: 3,47 % (en 2001)
Superficie : 181 035 km²
Densidade : 69 hab./km²
Fronteiras terrestres : 2 572 km (Vietnam 1 228 km; Tailandia 803 km; Laos 541 km)
Litoral : 443 km
Extremidades de altitude : 0 m > + 1 813 m (Phnom Aoral)
Esperanza de vida das homes : 55 anos (en 2001)
Esperanza de vida das mulleres : 59 anos (en 2001)
Taxa de crecemento da poboación : 2,25 % (en 2001)
Taxa de natalidade : 33,16 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade : 10,65 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade infantil : 65,41 ‰ (en 2001)
Taxa de fecundidade : 4,7 nenos/muller (en 2001)
Taxa de migración : 0 ? (en 2001)
Independencia : 9 de novembro de 1953 (antiga colonia francesa)
Liñas de telefono : 21 800 (en 1998)
Teléfonos móbiles : 80 000 (en 2000)
Radios: 1,34 millón (en 1997)
televisores : 94 000 (en 1997)
Número de provedores de acceso a Internet : 2 (en 2000)
Rutas : 35 769 km (dan 4 165 km asfaltadas) (en 1997)
Vías ferrocarril : 603 km
Vías navegábeis : 3 700 km
Número de aeroportos : 19 (6 con pistas asfaltadas) (en 2000)

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camboxano.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para khmer.
  4. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 
  5. "Camboxa celebra o día dos indíxenas preto de Angkor Wat". News.xinhuanet.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  6. Chad, Raymond (1 de abril de 2005). "Regional Geographic Influence on Two Khmer Polities". Salve Regina University, Faculty and Staff: Articles and Papers: 137. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  7. "Relazione del primo viaggio intorno al mondo – Wikisource". it.wikisource.org. 
  8. kampuchea. (n.d.). Collins English Dictionary – Complete & Unabridged 10th Edition. Dictionary.com. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  9. "Cambodia". Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  10. "On some Cambodian Words". Thai-Yunnan Project Newsletter No. 20., Department of Anthropology, Research School of Pacific Studies Australian National University by Serge Thion. Nectec. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  11. "3 Unlikely Cambodian Allies Map War on Vietnam". The New York Times. 9 de xullo de 1982. Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  12. Chandler, David P. (1992 ) Historia de Camboxa. Boulder, CO: Westview Press, ISBN 0813335116.
  13. Díaz Malledo, Javier (11 de maio de 1998). "China, Estados Unidos e Khmer Vermellos". El País. Consultado o 2 de setembro de 2019. 
  14. Agencias (15 de febreiro de 1985). "Seis países del sur de Asia piden ayuda para la guerrilla camboyana" (en español). Bangkok: El País. 
  15. "How Thatcher gave Pol Pot a hand". www.newstatesman.com (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2019. 
  16. Ponniah, Kevin (10 de xaneiro de 2014). "Kampong Cham’s great divide". The Phnom Penh Post (en inglês). Consultado o 7 de maio de 2014. 
  17. "General Population Census of the Kingdom of Cambodia 2019" (PDF). National Institute of Statistics. Ministry of Planning. 3 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar