A lingua khmer[3] (en khmer: ភាសាខ្មែរ, Phéasa Khmêr) ou lingua camboxana[4] é a lingua do pobo khmer e a lingua oficial de Camboxa. Con preto de 16 millóns de falantes, é a segunda lingua austroasiática máis falada (despois do vietnamita). O khmer está considerablemente influído polo sánscrito e o pali, especialmente nos rexistros lingüísticos reais e relixiosos, a través do hinduísmo e o budismo. É tamén a máis antiga lingua escrita da súa familia.[5] Á súa vez, a lingua khmer influíu e viuse influída polo tailandés, o lao, o vietnamita, o chinés e o cham, debido fundamentalmente á proximidade xeográfica e a un contacto cultural continuado, orixinando un sprachbund no sueste asiático peninsular.[6]

Khmer
ភាសាខ្មែរ
Pronuncia:[pʰiːəsaː kʰmaːe]
Falado en: Camboxa
Vietnam
Tailandia
Total de falantes: 16 millóns (2007)[1]
Familia: Austroasiático
 Khmer
Escrita: Alfabeto khmer (alfasilabario)
Braille khmer
Status oficial
Lingua oficial de: Camboxa
Códigos de lingua
ISO 639-1: km
ISO 639-2: khm
Mapa
Status

O khmer está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua khmer é escrita cun alfasilabario coñecido como អក្សរខ្មែរ, "alfabeto khmer". O khmer difire de linguas veciñas como o tailandés, o birmano, o lao e o vietnamita en que non é unha lingua tonal.

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para khmer.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camboxana.
  5. David A. Smyth, Judith Margaret Jacob (1993). Cambodian Linguistics, Literature and History: Collected Articles. Routledge (UK). ISBN 978-0-7286-0218-2. 
  6. "Enfield, N.J. (2005). Areal Linguistics and Mainland Southeast Asia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2013. Consultado o 11 de maio de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar