Alfasilabario

sistema de escritura

Un alfasilabario (ou semisilabario) é un conxunto de signos utilizados para representar os fonemas dunha lingua. Situado a medio camiño entre un silabario e un alfabeto, consiste en signos que representan sílabas dotadas dunha vogal por defecto e outros signos, moitas veces anexos, que modifican, substitúen ou suprimen esa dita vogal por defecto.

Teoría

editar

Pódese explicar este principio de funcionamento por medio dun exemplo ficticio: sexa un grafema consonántico dado nun alfasilabario, notado K. Este grafema lese normalmente como unha sílaba composta dunha consoante (aquí /k/) seguida da vogal por defecto (no noso exemplo un /a/). Se se quere escribir /ka/, é suficiente cun so signo K. Pero para escribir /ki/, haberá que botar man dun signo anexo engadido ao grafema K: K+i. Para escribir /k/ so (nun grupo consonántico, en final de palabra,...) é necesario un terceiro signo, que nota a ausencia de vogal por defecto (signo representado no noso exemplo por *): K+*. Un tal signo é denominado a miúdo halant (palabra sánscrita para este signo nas escrituras da India) ou asasina (tradución de halant) e dise que a consoante esta "desvocalizada". Finalmente, para escribir i sen o soporte dunha consoante, é necesario un cuarto signo, o dun /i/ independente (notado I no noso exemplo). Recapitulando:

  • K = /ka/;
  • Ki = /ki/;
  • K* = /k/ (logo, para escribir /kma/, hai que pasar por K*M);
  • İK = /ika/;
  • İK* = /ik/;
  • İKi = /iki/ etc.

Ao final, son precisos catro signos diferentes (K, i, * et İ) onde, nun alfabeto, son necesarios tres (k, a et i).

Exemplo en devanágari

editar

Pódese ilustrar este modo de funcionamento polos mesmos exemplos escritos dun alfasilabario como o devanágari :

  • K = /ka/ =  ;
  • Ki = /ki/ =  
  • K* = /k/ =   (co signo de halant   subscrito)
  • K*M = /kma/ =  ;
  • İK = /ika/ =  ;
  • İK* = /ik/ =  ;
  • İKi = /iki/ =   etc.

Nótanse de paso moitos trazos característicos dos alfasilabarios:

  • as vogais que seguen unha consoante están tratadas realmente como diacríticos, de aí que a súa situación non estea necesariamente na orde da lectura; así, Ki escríbese de feito i+K, con  , que non se confunde con İK grazas á utilización da vogal independente  ;
  • a consoante desvocalizada K, como fan moitas outras, adopta unha forma particular cando vai seguida directamente por unha consoante (aquí en K*M):  . Dise que ten a forma conxunta e o halant non aparece notado; noutro caso, márcase simplemente polo halant:  .

Lista de alfasilabarios

editar

Hai que notar que moitos alfasilabarios derivan de escrituras utilizadas nas linguas da India (como o brāhmī ou o devanágari) e que é nesta rexión do globo onde se atopan máis alfasilabarios diferentes.

  • O ahom, lingua thai extinguida, utilizaba un alfasilabario probabelmente derivado do brāhmī.
  • O amhárico, lingua etíope, utiliza un alfasilabario moi lixeiramente derivado da lingua ge'ez
  • O baybayin, escritura colonial do tagalog.
  • A escritura do bengālī, baseado no brāhmī.
  • O birmano utiliza un alfasilabario derivado do devanágari.
  • O brāhmī, prototipo dun número de alfasilabarios usados na India e no sur de Asia.
  • O cingalés posúe un alfasilabario.
  • O devanágari, descendente do brāhmī, que serve para escribir entre outros o sánscrito, o pāli, o hindī moderno,...
  • O ge'ez, alfasilabario da extinta lingua etíope do mesmo nome, que, con lixeiras modificacións serve para notar un certo número de linguas modernas de Etiopía e de Eritrea, especialmente o amhárico e o tigrinya. Os seus catro primeiros signos serviron para formar o termo « abugida ».
  • O gujarātī utiliza un alfasilabario derivado do devanágari.
  • O gurmukhī serve para notar o penjābi.
  • O inuktitut posúe un alfasilabario derivado dos silabarios autóctonos canadenses.
  • O alfasilabario do kannara, descendente do brāhmī.
  • O alfabeto khmer, descendente do brāhmī.
  • O alfabeto laosiano, descendente do brāhmī tamén.
  • O malayāḷaṃ utiliza un alfasilabario descendente este tamén do brāhmī.
  • O meroítico, lingua extinguida aínda por descifrar, parece utilizar un alfasilabario derivado dos xeroglíficos exipcios.
  • O oṛiya, un dos numerosos descendentes do brāhmī.
  • Os silabarios autóctonos canadenses son de feito alfasilabarios.
  • O tamiḻ, derivado do brāhmī.
  • O tĕlugu, derivado do brāhmī.
  • O alfabeto thai, probabel descendente do alfabeto khmer.
  • O tibetano utiliza un alfasilabario baseado no devanágari.
  • O tigrinya, unha das linguas oficiais de Eritrea, posúe un alfasilabario baseado no ge'ez.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar