Diacrítico

signo gráfico engadido a unha letra
Diacríticos

Un (signo) diacrítico (do grego διακριτικός diacritikós, «que distingue») é un signo situado sobre (diacrítico superescrito), debaixo (diacrítico subscrito), en ou a través (diacrítico inscrito), despois (diacrítico adscrito), diante (diacrítico preescrito) ou ao redor (diacrítico circunscrito) dun grafema para modificar o seu valor fonético, permitir unha lectura máis precisa ou evitar unha ambigüidade entre homógrafos.

Características editar

Do mesmo xeito que as ligaduras e que as letras suplementarias inventadas, a adición de diacríticos amplía o número de grafemas dunha escritura. En moitos casos, a letra con diacrítico non se considera como un grafema independente senón como un alógrafo, é dicir, outra versión escrita da letra simple. A letra con diacrítico non intervén xa que logo, na clasificación alfabética.

Como exemplo, o acento agudo do francés modifica o valor fonético dun e, pronunciado xeralmente [ǝ] (e mudo): é sona [e]. O acento grave sobre un a, non obstante, só permite distinguir homógrafos: la (artigo) ~ (adverbio de lugar), soando os dous [la]. Porén non se consideran é e à como letras independentes de e e a. O francés non coñece diacrítico ningún que sirva para afinar a lectura: todos son obrigatorios.

Ese tipo existe en árabe, onde as vogais non se escriben; nas obras didácticas ou relixiosas pódense notalas en forma de diacríticos. A fatḥa, un trazo lixeiramente oblicuo subscrito, serve para indicar a presenza dunha vogal [a]: a palabra عدل lese ʿadl (‘adl) pero translitérase ʿdl. Para precisar a súa lectura, pódeselle engadir unha fatḥa: عَدل.

Existen tamén letras diacríticas, mudas e por forza escritas ao lado da letra que modifican. Accesoriamente, puideron converterse en signo diacrítico, como ocorreu co umlaut e a diérese.

Cada escritura puido desenvolver os seus propios diacríticos, como no alfabeto latino (e variantes, coma o alfabeto vietnamita), o alfabeto grego, o cirílico, o árabe, o hebreo, os silabarios xaponeses ou o alfabeto tibetano.

Desafíos na informática editar

A chegada da informática e a ampla distribución de textos codificados en computador entre varias culturas trouxo o desafío da representación dixital dos sinais diacríticos. Un dos resultados é o problema coñecido como Mojibake, creado (entre outras situacións) cando non hai suficiente coherencia entre os métodos de codificación de diacríticos empregados nun conxunto de programas de computador.

A popularización da World Wide Web aumentou moito a demanda da correcta representación de sinais diacríticos entre computadores das máis variadas nacionalidades. Por ese motivo a linguaxe HTML, moi usada para textos na WWW, inclúe un conxunto bastante completo de códigos estandarizados para representación de diacríticos, como é o Unicode.

Tipos de diacríticos editar

´`^
Diacrítico
Diacríticos do alfabeto latino

acentos
   acento agudo ( ´ )
   acento agudo dobre ( ˝  )
   acento circunflexo ( ^ )
   acento grave ( ` )
   acento grave dobre (   ̏   )
anel ( ° )
breve ( ˘ )
breve inversa ( ̑ )
caron ( ˇ )
cedilla ( ¸ )
corno (  ̛ )
diérese ( ¨ )
gancho ( ˛   ̢ )
gancho superior (  ̉ )
macron ( ¯ )
ogonek ( ˛ )
punto
   punto inferior ( . )
   punto medio ( · )
   punto de lista ( )
   punto superior ( ˙ )
til ( ~ )
trazo ( ◌̸ )

Signos ortográficos empregados como diacríticos

apóstrofo ()
barra ( / )
barra inversa ou invertida ( \ )
barra vertical ( | )
coma ( , )
dous puntos ( : )
guión ( - )

Diacríticos de alfabetos non latinos

Diacríticos do alfabeto árabe
Diacríticos do alfabeto cirílico
Diacríticos do alfabeto devanágari
Diacríticos do alfabeto grego
Diacríticos do alfabeto hebreo
Diacríticos do alfabeto tibetano
Diacríticos dos silabarios xaponeses

Algúns dos signos diacríticos máis habituais en distintas linguas e alfabetos son:

Hai tamén signos que teñen outros usos pero aparecen como diacríticos en certos alfabetos, como son a barra ( | ), a vírgula ( , ), o apóstrofo ( ' ), os dous puntos ( : ), usado para ligar sufixos a palabras estranxeiras, ou o guión ou trazo ( - ), usado para quebrar palabras e resolver ambigüidades de pronuncia.

Usos editar

Na análise das linguas que usan o alfabeto latino, pódese observar que as vogais son as letras máis suxeitas a diacríticos no conxunto dos idiomas. No caso das consoantes, C, S, Z presentan diacríticos en gran cantidade de idiomas; W en galés, H en maltés, J en esperanto, e P e Q en aimará presentan diacríticos específicos; a letra G presenta, considerando diversos idiomas, 6 tipos diferentes de diacríticos; N e S presentan, cada, 5 tipos; 4 son os diacríticos para o L; hai menos usos de diacríticos para D, T, R, K e aínda menos para B, M, V, X.

As linguas eslavas son as que máis presentan casos de letras con diferentes diacríticos. Así, o checo usa agudo, caron e anel.

A lingua Inglesa non presenta diacríticos, excepto para pouquísimos casos de palabras oriúndas doutros idiomas. Outra lingua xermánica coma o neerlandés usa o trema. Por exemplo en ruïne indica que o u e o i son pronunciados separadamente das súas formas normais. Entón funciona comp sinal de separación e non como unha indicación dunha versión alternativa do i. Os diacríticos poden usarse para dar énfase (érg koud para moito frío) ou para desambiguación entre os numeral un e o artigo un (één appel, unha [numeral] mazá; een appel, unha [artigo] mazá). Os acentos grave e agudo úsanse nun un pequeno número de palabras, a maioría palabras emprestadas doutros idiomas.

Atópanse moitos diacríticos, porén en menor escala do que nas eslavas nas linguas escandinavas e bálticas. Por exemplo, no estoniano empréganse carons no š ou ž, que poden aparecer só en nomes propios estranxeiros e en palabras emprestadas doutros idiomas, mais poden ser tamén substituídas por sh ou zh nalgúns textos. O apóstrofo pode usarse na declinación dalgúns nomes estranxeiros para separar a raíz de calquera declinación final, como en Monet' ou Monet'se para os casos xenitivo e ilativo, respectivamente, para o famoso pintor Monet.

Nas linguas románicas son habituais os acentos ademais doutros signos: o catalán usa grave, agudo, cedilla e diérese; o francés usa grave, agudo, circunflexo, cedilla e diérese; o italiano usa agudo e grave e o portugués usa agudo, grave, circunflexo, til, cedilla e trema (no Brasil).

Varias romanizacións da lingua chinesa usan a trema, mais só no u (ü). No Pinyin, os catros tons do mandarín márcanse polo macron, acento agudo, caron e acento grave.

O aimará usa corno sobre P, T, K, Q, Ch

Véxase tamén editar

Outros artigos editar