Punto de lista
O punto de lista ( • ) é un símbolo tipográfico ou glifo que se usa para introducir os elementos dunha lista. Por exemplo:
- Elemento 1
- Elemento 2
- Elemento 3
• |
---|
Punto de lista |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Atópase con frecuencia en escritos de tipo técnico, obras de referencia, notas e presentacións. Un método alternativo é o emprego dunha lista numerada.
Uso na informática
editarAlén do círculo negro recheo, que corresponde ao carácter Unicode 0x2022, os procesadores de texto máis comúns, como o LibreOffice Writer, ofrecen para o símbolo unha gran variedade de formas en distintas cores, como cadrados, rombos, frechas etc.
Nos arquivos de texto sen formato ou noutros casos nos que o punto de lista non está dispoñible, empréganse por convención no seu lugar símbolos como o asterisco (*), o guión (-), o punto ( . ) e mesmo a letra o minúscula.