Porcentaxe (símbolo)
O signo de porcentaxe (%) é o símbolo empregado para indicar unha porcentaxe ou unha fracción de 100. Tamén están relacionados con este símbolo os que indican a expresión dun número por mil (‰) ou por dez mil (‱), que significan que o número está dividido por mil ou por dez mil, respectivamente.
% |
---|
Porcentaxe |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Historia
editarNon existen evidencias do uso dun símbolo para indicar a porcentaxe anterior a 1425. O habitual era o emprego de expresións italianas como per cento ("para cen"), en ocasións abreviado ("per 100", "p 100", "p cento"). A letra p cun trazo cruzado adoitaba representar na Idade Media as palabras per, por, par ou pur.
A partir de 1425 aparece a abreviatura "pc" cun pequeno círculo indicando a terminación -o do italiano (como en primo, secondo). A abreviatura "pc" evolucionou a un signo de fracción horizontal arredor do 1650.
Os signos ‰ e ‱ foron creados a partir de %.
Uso
editarO uso máis habitual do signo % é para indicar unha porcentaxe, pero tamén se emprega noutros contextos:
- O signo % é empregado acotío en linguaxes de programación. Por exemplo, en BASIC indica que unha variable é un enteiro
- En Lingüística sinala unha expresión que uns falantes consideran correcta e outros incorrecta.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Smith, D.E. (1898). Ginn, ed. Rara Arithmetica: a catalogue of the arithmetics written before MDCI, with description of those in the library of George Arthur Plimpton of New York. Boston.