Cancelo (signo)
O cancelo[1], grade[2] ou grella[3] é un signo gráfico que se escribe #. É similar ao símbolo de notación musical díese (♯), ao que substitúe ás veces na escrita cando a fonte escollida non posúe o signo musical.
# |
---|
Cancelo |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
O seu código Unicode é U+0023, e o seu valor ASCII 0x23 (hexadecimal).
Historia
editarO signo do cancelo deriva da abreviatura latina “lb”, que representaba a unidade de peso chamada libra.[4]
Usos
editar- Introduce comentarios nalgunhas linguaxes de programación (como Perl e PHP) ou nos ficheiros de configuración dalgúns programas (como Apache).
- Precede a códigos de cores en formato hexadecimal.
- É un pulsador do teléfono que activa funcións especiais ou códigos abreviados.
- En xornalismo, indica fin de transcrición.
- Na web aparece nalgunhas hiperligazóns da linguaxe HTML, que serve para levar a unha sección dunha páxina.
- En xadrez serve para indicar mate: 1 e4 e5 2 Ac4 Ac5 3 Dh5 Cc6 4 Dxf7# (mate pastor).
- En Twitter serve para indicar en que cancelo se atopa un chío.
- Nos países anglosaxóns adoita usarse para indicar un número.
- Na Wikipedia tamén se usa para facer listaxes.
- En Matemáticas indica o cardinal dun conxunto.
Notas
editar- ↑ "Definición da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ # e &: dous símbolos na busca de nome Servizo de Normalización Lingüística, USC.
- ↑ bUSCatermos Servizo de Normalización Lingüística, USC
- ↑ Houston, Keith. The New Yorker's, ed. "The Ancient Roots of Punctuation". Consultado o 5 de novembro de 2013.