Cancelo (Internet)
etiqueta precedida co símbolo «#»
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cancelo.
Un cancelo[1] (en inglés "hashtag", que provén de "hash", signo do cancelo, e "tag", etiqueta) é unha secuencia de caracteres composta por unha ou varias palabras encadeadas e precedidas por un sinal cancelo (#). É, polo tanto, unha etiqueta de metadatos precedida por un carácter especial, de xeito que tanto o sistema como o usuario o identifiquen axiña. É empregado en servizos da web como Twitter, Instagram, ou de mensaxería baseados en protocolos IRC para sinalar un tema sobre o que xira unha certa conversa.

Michelle Obama, primeira dama dos Estados Unidos, co cancelo "#BringBackOurGirls". Foto publicada o 7 de maio na súa conta de Twitter para protestar contra o secuestro de nenas en idade escolar en Chibok.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cancelo.