Asterisco
Un asterisco (*) é un signo ortográfico auxiliar, chamado así polo seu parecido a unha estrela (do latín asteriscus e este do grego ἀστερίσκος, asteriskos, «estrela pequena»).
UsosEditar
EscrituraEditar
O uso máis habitual é indicar unha chamada de nota, colocándoo na parte superior dunha palabra.
InformáticaEditar
- En informática é un carácter comodín, empregado para substituír varios caracteres.
- Aparece habitualmente durante a introdución dun contrasinal no lugar de cada un dos seus caracteres para que outras persoas non o poidan ler.
- Nalgunhas linguaxes de programación representa operacións como multiplicacións ou potencias.
MatemáticasEditar
En Matemáticas ten usos, como o de representar espazos duais de espazos vectoriais, ou diferentes tipos de produtos segundo o contexto.
LingüísticaEditar
- Úsase o asterisco para indicar unha palabra hipotética ou reconstruída.
- Indica tamén que unha palabra, sintagma ou oración é incorrecta.
TelefoníaEditar
Nos teléfonos o asterisco: * é unha tecla especial, como o grade.