Grao (signo)
O grao (°) é un signo auxiliar consistente nun pequeno círculo situado á dereita dun número. Non se debe de confundir co indicador ordinal.
Historia Editar
O primeiro uso coñecido deste símbolo apareceu en 1569. Representaba un cero, acompañando ao símbolo prima no sistema sexaxesimal.
Uso Editar
- Indícanse con este símbolo dúas unidades de temperatura, o Celsius (°C) e o grao Fahrenheit (°F).
- É o símbolo do grao, unidade de medida de ángulos.
Tipografía Editar
En Unicode, o símbolo do grao é U+00B0 (°), en canto que o respectivo código HTML é <code>°</code> e o código Alt+ é Alt+0176.
Debido á semellante aparencia deste símbolo con outros símbolos na pantalla do computador ou en certas impresións, como o indicador masculino de ordinal (º), pode haber problemas na procura de textos con estes símbolos.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Colera; et al. (2008). Anaya, ed. Matemáticas I. ISBN 9788466712101.