Monitor

(Redirección desde «Pantalla»)

Un monitor ou pantalla é un periférico que serve para ver os datos procesados pola tarxeta gráfica do ordenador e poder manexalos. É un dispositivo de saída de datos.

IBM PC 5150.

A maioría dos monitores funcionan como un aparello de televisor, por medio dun tubo de raios catódicos.

Funcionamento dos monitores[1]

editar

O funcionamento dos monitores pode variar moito, xa que denpende do tipo de tecnoloxía que se use para mostrar a imaxe. Entre os diferentes

A maneira que teñen os monitores de proxectar unha imaxe depende moito da tecnoloxía que usen. Hoxe en día podemos encontrar catro tipos diferentes de proxección de imaxe que son o CRT(tubo de raios catódicos), LCD, PDP(pantallas de plasma) e os LED.

O monitor CRT ven do acrónimo tubo de raios catódicos. Esta é unha tecnoloxía que permite visualizar imaxes nunha pantalla de vidro recuberta de fósforo e chumbo mediante un feixe de luz constante.

O monitor ten un tubo do que sae unha cantidade de electróns a gran velocidade e son desviados cara ao vidro formando liñas horizontais, que ao chegar ao fósforo fan visible a imaxe a través do RGB (refírese ao agrupamento de tres cores: vermello, verde e azul). Neste proceso, o chumbo fai que non traspasen os raios X e poidan danar aos usuarios.

Vantaxes Desvantaxes
· Excelente calidade de imaxe.

· Económico.

· Tecnoloxía robusta.

· Resolución de alta calidade.

· Presenta pestanexo polo refresco da imaxe.

· Gran consumo de enerxía.

· Xera calor.

· Xera radiacións eléctricas e magnéticas.

· Moito peso e tamaño.

Os monitores LCD están compostos por tres capas. Dúas externas que son de vidro transparente e unha interna chamada capa de cristais líquidos. Esta última, segue o principio de polarización, que segundo a voltaxe se orientan cara a unha posición deixando pasar máis ou menos luz. Este sistema está dividido nunha cuadrícula na que cada cadrado é chamado pixel (nos sistemas policromáticos dentro de cada pixel podemos encontrar outras tres subdivisións cos filtros RGB). Tamén hai que ter en conta que necesita unha fonte de luz para que a imaxe sexa visible.

Vantaxes Desvantaxes
· Pouco peso e tamaño.

· Boa calidade de cores.

· Non teñen pestanexo.

· Consome pouca enerxía.

· Xera pouca calor.

· Non xera radiación eléctrica e magnética.

· Alto custo.

· Ángulo limitado de visibilidade.

· Brillo limitado.

· Baixo tempo de resposta de píxeles.

· Contén mercurio.

Tamén coñecidos como monitores de plasma. Están formados por paneis de vidro divididos en celas diferentes, as que conteñen unha mestura de gases nobres. Quimicamente, estes gases reciben unha carga eléctrica a cal os estimulan e se excitan. Ao excitarse convertese en plasma facendo que o fósforo empece a emitir luz.

Vantaxes Desvantaxes
· Excelente brillo.

· Alta resolución.

· Amplo ángulo de visión.

· Non contén mercurio.

· Gran tamaño da pantalla.

· Vida útil curta.

· Custo de fabricación grande, superior ao LCD.

· Gran consumo de electricidade.

· Pouca pureza da cor.

· Emite moita calor.

Os monitores LED teñen un funcionamento moi parecido ao dos LCD, xa que teñen a mesma forma de visualizar a imaxe. A diferenza máis notable é o tipo de luz que usa un e outro. Os LCD usan unha lámpada fluorescente, mentres que os LEDs usan díodos emisores de luz.

Vantaxes Desvantaxes
· Como os LED funcionan cun baixo voltaxe, o consumo é moi pequeno.

· Ao poder prender cada díodo de maneira individual conseguimos unha mellor gama cromática e unha mellor resolución.

· Ao non teren tubos fluorescentes, son moito máis delgadas.

· Non teñen materiais tóxicos, como o mercurio, ou substancias prexudiciais.

· Son moito máis caros que outras pantallas do mercado.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Gabrielgl (2014-08-16). "EL MONITOR: Clasificación de los monitores:". EL MONITOR. Consultado o 2020-12-03. 
  2. Klaudita Toloza. "12. funcionamiento de monitor crt o trc".