Tubo de raios catódicos

Un tubo de raios catódicos (TRC, coñecido tamén polas súas siglas en inglés CRT de cathode ray tube) é un sistema de presentación de imaxes que consiste nunha válvula termoiónica que contén un canón de electróns e unha pantalla fluorescente e os dispositivos internos ou externos, precisos para acelerar e desviar o raio de electróns e que se usa para crear imaxes de luz emitidas ao impactaren os electróns en puntos determinados da pantalla fluorescente. Emprégase en televisores, monitores, osciloscopios ou radares. Inventouno Ferdinand Braun en 1897, desde a primeira década do século XXI estase a substituír por pantallas de plasma e LCD.

Diagrama en corte dun tubo de raios catódicos usado en televisores e monitores en cor:
1. Canóns de electróns
2. Feixes de electróns
3. Máscara frontal
4. Capa de fósforo con pigmentos vermello, verde e azul
5. Detalle da capa de fósforo

Funcionamento

editar

O último ánodo da válvula recóbrese dun elemento capaz de emitir luz cando un feixe de electróns incide sobre el. Para poder controlar a intensidade do punto da imaxe, colócanse no camiño dos electróns uns terminais que fan o efecto de lente electrónica que permiten que todos os electróns do feixe incidan nun punto estreito da pantalla. Exteriormente colócanse unhas bobinas coas que se controla un campo magnético que despraza o feixe de electróns por toda a pantalla, iluminándoa en todos os seus puntos, controlando axeitadamente a intensidade do feixo en cada momento, xérase unha imaxe na pantalla.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar