Radar

sistema de detección de obxectos mediante ondas de radio

O radar (Gl-radar.ogg pronunciación ), do inglés Radio Detection And Ranging (Detección e Telemetría por Radio), é un dispositivo que permite detectar obxectos a longas distancias.

Esta antena de radar de alcance longo (aproximadamente 40n de diámetro) xira de modo que observa actividades no horizonte.

O radar emite ondas electromagnéticas que son reflectidas por obxectos distantes. A detección das ondas reflectidas, permite determinar a localización do obxecto.

Historia do radar

editar

O primeiro radar foi construído en 1904, por C. Hülsmeyer en Alemaña. Naquela época non houbo utilidade práctica para o dispositivo, de baixa precisión, construción difícil, e sistema de detección de eco ineficiente.

En 1934, Pierre David, revisando a teoría electromagnética, atopou o estudo realizado polo alemán. Iniciou entón experiencias para o desenvolvemento dun sistema de detección por ondas de radio en alta frecuencia, eficiente para a localización de avións. Simultaneamente, Henri Gutton e Maurice Ponte, conseguiron crear un dispositivo de detección que funcionou con gran precisión.

En 1935, instalouse o primeiro sistema de Radiotelemetría no navío Normandíe co obxectivo de localizar e previr a aproximación de obstáculos.

No inicio da segunda guerra mundial, Watson Watt, mellorou e desenvolveu novas tecnoloxías, utilizando o sistema de telemetría fixa e rotatoria.

En función da melloría e da exactitude do procesamento de sinal e eco por radiofrecuencia, aprobouse un proxecto de instalación piloto para detección de aeronaves inimigas, na costa da Inglaterra. En función do éxito alcanzado desta estación, instaláronse moitas outras en todo o País.

Os radares foron moi importantes na previsión de ataques inimigos, pois os ingleses sabían con precisión a distancia, velocidade e dirección do ataque, tendo tempo de dar a alarma para que a poboación se protexera, diminuíndo enormemente as baixas civís, a pesar do bombardeo constante efectuado polos alemáns.

As Potencias do Eixo tamén estaban a desenvolver un sistema similar, porén o seu uso era diferente. Os radares alemáns buscaban aumentar a precisión de tiro, facilitando o direcionamento dos proxectís ao branco.

Funcionamento do radar

editar

O radar está composto por unha antena transmisora e receptora de sinais para Super Alta Frecuencia (SHF). A transmisión é un pulso electromagnético de alta potencia, curto período e feixe moi estreito. Durante a propagación polo espazo, o feixe se alarga en forma de cono, ata atinxir ao branco que está sendo monitorizado, sendo entón reflectido, retornando á antena, que neste momento é receptora de sinais.

Como se sabe, pola velocidade de propagación do pulso e polo tempo de chegada do eco, pódese facilmente calcular a distancia do obxecto.

É posíbel, tamén, saber se o branco se está afastando ou aproximando da estación, grazas ao Efecto Doppler, isto é, pola defasaxe de frecuencia entre o sinal emitido e recibido.

Construción física do radar

editar

O equipamento de radar está composto dunha antena transceptora, da liña de transmisión, dun transmisor de alta potencia e alta frecuencia, do sistema de recepción, decodificación, procesamento e visualización das informacións colectadas, alén da mesa de interface entre equipamento e operador.

Emprego dos radares

editar

Mariña

editar

Na mariña, os radares utilízanse para a navegación, detectando e monitorizando obstáculos que poden ofrecer riscos ata a distancia de douscentos quilómetros aproximadamente.

No caso de naves de guerra, existen radares para a detección de brancos e direccionamento de tiro pasivo para facilitar o éxito dos proxectís disparados por canóns, metralladoras, e para direccionamento de tiro activo foguetes, mísiles e torpedos.

Existen os radares de defensa antiaérea con alcance de ata douscentos quilómetros para captar aeronaves inimigas orientando as defensas na súa dirección.

Nos portaavións, existen radares semellantes aos dos aeroportos para orientar o tráfico aéreo, desembarque e embarque de aeronaves con seguranza e en movemento.

Aeronáutica

editar

O uso de radares na aeronáutica se dá en aeroportos, bases aéreas, aeronaves civís e militares, para monitorizar e orientación de tráfico aéreo.

Os aeroportos máis modernos posúen radares para "voo cego", isto é, para condicións de visibilidade moi baixa, servindo á aterraxe e á engalaxe con pouco teito baixo borraxeira leve e baixo horizonte.

A defensa aérea e vixilancia utiliza radares máis específicos con detección de obxectivos ata trescentos quilómetros para avións en grande altitude, e alcance de ata trinta quilómetros para aeronaves voando en baixa altitude.

Os radares de direccionamento bélico utilízanse para orientar os mísis balísticos no momento inicial de lanzamento, para despois da engalaxe, internamente estes artefactos posúen equipamentos de orientación autónomos para dirixilos ata o seu branco.

Existen tamén radares de control de tráfico e vixilancia aérea de maior alcance. O sistema non utiliza unha única estación de vixilancia e rastreamento, senón moitas interligadas e cos sinais procesados de forma redundante con procesamento de todos os datos nunha central. No Brasil, o SICEAB (Sistema de Control do Espazo Aéreo Brasileiro) [1] posúe un sistema que funciona desta forma, onde existen radares con alcance de ata 4.000 quilómetros, que interligados cobren os 8,5 millóns de km² do territorio nacional.

As aeronaves de combate posúen radares de interceptación, radares de ataque con pulsos electromagnéticos de alta definición que permiten o voo en baixa altitude sen visión directa do solo, alén de radares nos mísis ar-ar e ar-terra, para busca de obxectivos por sistemas de detección electromagnética, pois os sensores de calor son obsoletos e inseguros.

Exército

editar

Na forza terrestre, o exército, temos os radares de patrulla aérea, con alcance de ata trescentos quilómetros, radares de adquisición de alcance de ata cen quilómetros, de tiro e persegución de mísis terra-ar, antiartillaría, para reconstitución das traxectorias dos proxectís, para localización das pezas de artillaría con alcance de ata dez quilómetros, e, radares de vixilancia terrestre para detectar obxectivos móbeis e regulación de tiro de alta precisión.

Os radares de pequeno alcance están sendo desenvolvidos para a guerra moderna. Entre eles destacan os Rasura con alcance de 5 quilómetros usados pola infantaría, o Rapace utilizado nos carros de combate blindados con alcance de ata cinco quilómetros, alén do Ratac utilizado polas pezas de artillaría para detectar brancos á trinta quilómetros.

Meteoroloxía

editar

Os radares meteorolóxicos hoxe son de suma importancia para monitorizar a atmosfera, facilitando así actividades como a agricultura, aeronáutica, entre outras actividades, pois detecta con precisión os movementos das masas de ar, proporcionando recursos aos meteorólogos para previr xeadas, vendavais e choivas de saraiba, entre outros fenómenos que poden rastrexarse.

Outros

editar

As aplicacións dos radares inclúen outros moitos campos, como a detección de exceso de velocidade nas estradas, que na actualidade se realiza mediante radares fixos ou móbiles.

 
Radar de estrada no Marquiño, N-634

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar