Foguete
A palabra foguete ( pronunciación (axuda · info)), en termos xerais, aplícase a calquera dispositivo propulsado a reacción pola expulsión dos gases xerados nunha cámara de combustión.
Características
editarDado que o combustible propulsor contén un carburante e un oxidante, o foguete pode propulsarse con independencia do seu contorno, ao contrario que outros motores a reacción, que utilizan o osíxeno presente na atmosfera para queimar o carburante que transportan. O motor dun foguete, polo tanto, é autocontido e resulta o único adecuado para propulsar expedicións dirixidas ao espazo exterior.
O impulso para propulsar un foguete baséase na terceira lei da dinámica, debida a Isaac Newton. Esta lei afirma que para cada acción existe unha reacción da mesma intensidade e sentido oposto.
Tipos
editarOs foguetes pódense dividir en dous tipos:
- os de carburante sólido, como os mísiles balísticos intercontinentais ou o Aero High;
- e os de carburante líquido, como o impulsor espacial Saturno 5;
En ámbolos dous casos chámase motor á cámara de combustión onde se queima o carburante. Nun foguete de carburante líquido os combustibles propulsores almacénanse en tanques separados e fanse entrar en cantidades adecuadas dentro do motor; nos foguetes de carburante sólido a carga propulsora almacénase e quéimase dentro do motor.
Etimoloxía
editarA palabra foguete utilízase moitas veces para referirse tanto ao dispositivo que produce o empurrón como ao conxunto do vehículo propulsado. Para evitar a ambigüidade, sobre todo nos casos de vehículos grandes, como os mísiles ou os foguetes de lanzamento espacial, chámase motor do foguete ao dispositivo propulsor do mesmo.