O punto medio[1] ( · ), tamén coñecido como interpunto, é un signo tipográfico con forma dun punto centrado verticalmente que se usa en rótulos para separar categorías, sobre todo se van con maiúsculas:

·
Punto medio
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

ELECTRODOMÉSTICOS ∙ FERRAMENTAS ∙ XARDINARÍA ∙ MATERIAL ELÉCTRICO ∙ MOBLARÍA

Historia editar

Os usos máis antigos do punto medio remóntanse á epigrafía, sendo empregado en varias escrituras, como as runas, para separar as palabras.

En grego antigo e latín, no que era coñecido como interpunctus, este uso como separador era frecuente, aínda que non chegou a ser nunca sistemático e se limitaba xeralmente ás inscricións en maiúsculas.

Así temos, por exemplo: ΝΙΨΟΝ·ΑΝΟΜΗΜΑΤΑ·ΜΗ·ΜΟΝΑΝ·ΟΨΙΝ (en grego : lava os meus pecados e non só os meus ollos, palíndromo que se pode atopar nas pías bautismais.

En latín, alén desta forma redonda usábase ás veces no seu lugar un pequeno triángulo equilátero co vértice virado para arriba ou para abaixo, que continúa a empregarse nas inscricións en latín contemporáneas.

O punto en Matemáticas xa era empregado por Leibniz, ao que non lle gustaba o signo de multiplicación ×. O uso do punto medio estendeuse durante o século XVIII.[2]

Uso como signo tipográfico e de puntuación editar

Chinés editar

En chinés emprégase ás veces o punto medio nas transcricións doutras linguas para separar o nome de pía do apelido dunha persoa. Así, por exemplo, 威廉·莎士比亚 (Wēilián·Shāshìbǐyǎ)[3] é a transliteración de "William Shakespeare". Este signo divisor tamén se usa para separar o título dun libro do título dun capítulo cando se mencionan consecutivamente.

Coreano editar

Emprégase no coreano escrito a modo de barra para sinalar unha lista de dúas ou máis palabras ou funcionando de modo similar ao guión en casos como 미·소관계 (relacións americano-soviéticas).

Francés editar

En francés, úsase ás veces — dentro da loita contra o sexismo lingüístico — para incluír nunha mesma palabra os xéneros feminino e masculino. Así, para dicir les salariés et les salariées (os asalariados e as asalariadas) aconséllase escribir les salarié·e·s.[4]

Grego editar

En grego úsase a miúdo de modo incorrecto o punto medio para representar o punto superior chamado ánō teleía, un signo de puntuación equivalente ao punto e coma que xa dispón de código propio en Unicode: U+0387.[5]

Xaponés editar

En xaponés emprégase con frecuencia para separar as palabras estranxeiras escritas en katakana. Así, por exemplo, サンティアゴ・デ・コンポステーラ (sa-n-ti-a-go·de·co-n-po-su-te-e-ra) é a transcrición de "Santiago de Compostela". Hai que ter en conta que o xaponés non utiliza espazos nin ningún tipo de puntuación para separar as palabras, senón que emprega para tal fin unha combinación das escrituras katakana, kanji e hiragana. Outros dos varios usos que ten o punto medio en xaponés son:

  • separar listas, en lugar da coma xaponesa "、" coñecida como tōten.
  • separar títulos, nomes e cargos: 課長補佐・鈴木 ( Xefe de Sección Adxunto Suzuki )
  • como punto decimal cando se escriben números en kanji: 三・一四一五九二 ( 3.141592 )
  • en lugar dos guións, raias e dous puntos cando se escribe en vertical.

Xeorxiano editar

En xeorxiano o punto medio é utilizado como coma de puntuación.

Uso como signo diacrítico editar

Aragonés editar

Emprégase no dialecto belsetán, no que existen o l·l e o n·n xeminados.

Catalán editar

No catalán, o punt volat colócase entre dous l para formar o grafema ela geminada (l·l), que se pronuncia como un l longo [ɫː] e que se opón ao dígrafo ela palatal (ll), que se pronuncia [ʎ].

P. ex.: cel·la (cela) / cella (cella).

Cando se separa a sílaba ao final de liña, o punt volat é substituído por un trazo: intel- ligent. Aínda que se considera un erro ortográfico, cando o punt volat non está dispoñible acostuma empregarse no seu lugar un punto ou un guión: col.lecció ou col-lecció.

Franco-provenzal editar

En franco-provenzal serve para distinguir os seguintes grafemas:

  • ch·, que se pronuncia[ʃ], de ch, que se pronuncia [ts]
  • + e, i, que se pronuncia [ʒ], de g + e, i, que se pronuncia [dz]
  • , que se pronuncia [ʒ], de j, que se pronuncia [dz]

Occitano editar

No dialecto gascón chámase ponch interior e utilízase para distinguir:

  • o dígrafo nh, que se pronuncia [ɲ], de n·h, que se pronuncia [n]+[h].

P. ex.: vinha (viña) / in·hèrn (inferno).

  • o dígrafo sh, que se pronuncia [ʃ], de s·h, que se pronuncia [s]+[h].

P. ex.: deishar (deixar) / des·har (desfacer).

Taiwanés editar

Na escrita pe̍h-ōe-jī do taiwanés, o punto medio empregábase en lugar do signo diacrítico punto superior dereito, que colocado á dereita dunha vogal indica que é máis aberta, dado que moitos tipos de letra non dispuñan dese carácter. Aínda que hoxe en día xa o ofrecen a vella práctica continúa.

Usos nas ciencias editar

Matemáticas editar

En Matemáticas pódese utilizar un punto medio pequeno para representar a multiplicación. Así, por exemplo, xy, simboliza o produto de x por y. Cando se emprega con escalares equivale a ×. Así, xy é o mesmo que x×y. Non obstante, se se trata de vectores o punto é o produto escalar; a cruz (×), o produto vectorial. Para este uso existe un carácter Unicode propio: U+2219 (∙).

En publicacións británicas, sobre todo científicas ou matemáticas, de ata mediados dos anos 1970 o punto decimal era representado tipograficamente de modo habitual cun punto medio. Cando en 1971 a libra esterlina foi convertida á forma decimal, a recomendación oficial era escribir a parte decimal cun punto elevado ( £20·45) e usar o punto decimal ordinario só cando as constricións tipográficas o fixesen inevitable. A grande difusión no Reino Unido de máquinas de escribir electrónicas e calculadoras fabricadas no Xapón e nos Estados Unidos foi probablemente a causa principal do declive deste punto medio decimal, que non obstante aínda hoxe en día pode verse en círculos académicos[6].

Química editar

En Química emprégase para representar separadamente funcións químicas dentro de compostos. Así, por exemplo, a dolomita: CaMg(CO3)2, para destacar que se trata dun carbonato dobre de calcio e magnesio, represéntase CaCO3 ∙ MgCO3.

Informática editar

En Informática, o punto medio emprégase nalgúns procesadores de texto, como o Microsoft Word e o LibreOffice Writer, para sinalar cada un dos espazos en branco dun texto cando se mostran as marcas de formato premendo o botón "caracteres non imprimibles" da barra de ferramentas.

Notas editar

  1. bUSCatermos Servizo de Normalización Lingüística, USC
  2. King, Nicole. University of Colorado Denver, ed. "How were the Operation Signs Developed (+, - , X, /)?" (PDF). History of Math. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2014. 
  3. 威廉·莎士比亚 — Tradutor de Google.
  4. "Madmoizelle: Guide du langage non sexiste". 12 de xuño de 2012. 
  5. "Thesaurus Linguae Graecae". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2011. 
  6. "Cambridge University History Faculty Style Guide 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2007. Consultado o 10 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar