Man (tipografía)
A man[1] ( ☞ ) é un signo tipográfico consistente nunha pequena man cun dedo apuntando.
HistoriaEditar
As primeiras mans empregadas como signo apareceron en textos manuscritos en España no século XII. Nos séculos seguintes converteuse nun signo habitual, especialmente en Italia.
Trala invención da imprenta, o signo seguiu sendo utilizado para sinalar partes importantes dos textos, utilizándose en ocasións debuxos moi elaborados. Nos séculos XIX e XX fíxose común o uso da man en carteis e anuncios.
A dificultade de representar o signo e mesmo de recoñecelo segundo o tamaño fixo que diminuíse a súa popularidade, non sendo incluído no código ASCII, aínda que si no Unicode.
UsoEditar
Igual ca outros signos, como o antilambda o seu primeiro uso foi o de indicar algunha liña importante dun texto.
Actualmente é utilizado por enciclopedias e libros de consulta para suxerir a lectura doutros artigos, mesmo uso que a frecha ou a abreviatura vid.
LiteraturaEditar
- O escritor Kurt Vonnegut emprega a man na primeira liña de cada parágrafo da novela Breakfast Of Champions.
- Thomas Pynchon parodia este signo na novela Gravity's Rainbow, cunha man co dedo medio apuntando a unha liña.
NotasEditar
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Galinova Editorial, ed. Ortografía da lingua galega. A Coruña. p. 402. ISBN 84-9737-041-4.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Sherman, William. Toward a History of the Manicule, 2005. (en inglés)
- Colección de fotografías en Flickr