Abraham Lincoln
Abraham Lincoln, nado preto de Hodgenville, Kentucky, o 12 de febreiro de 1809 e finado en Washington o 15 de abril de 1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como 16º presidente dos Estados Unidos desde 1861 ata o seu asasinato en 1865. Lincoln liderou a nación durante a guerra civil americana, o conflito máis sanguento e quizais tamén a maior crise moral, constitucional e política que sufriu a nación estadounidense. O mesmo tempo logrou preservar a Unión, abolir a escravitude, reforzar o goberno federal e modernizar a economía estadounidense.[1][2]
Lincoln naceu na pobreza nunha cabana de troncos no estado de Kentucky e criouse na fronteira, principalmente en Indiana, no que entón era o Afastado Oeste. Foi un home en gran parte autodidacta que chegou a ser avogado, líder do Partido Whig, lexislador do estado de Illinois e deputado no Congreso dos Estados Unidos de Illinois, na cal permaneceu oito anos. Elixido para a Cámara de Representantes dos Estados Unidos en 1846, Lincoln promoveu unha rápida modernización da economía a través de sectores como o bancario, os impostos e os ferrocarrís. Debido a que nun principio acordara non optar a un segundo período no congreso e a que a súa oposición á intervención estadounidense en México era impopular entre os votantes de Illinois, Lincoln volveu a Springfield para retomar a súa carreira na avogacía.
En 1854 enfadouse pola Ley de Kansas-Nebraska que abría os territorios á escravitude, e volveu entrar na política. Pronto chegou a ser líder do novo Partido Republicano. Os debates da campaña do Senado de 1858 contra Stephen A. Douglas alcanzaron audiencia nacional. En 1860 Lincoln asegurouse a súa candidatura á presidencia dos Estados Unidos de América polo Partido Republicano. Aínda que apenas tivo apoio dos estados sureños, defensores da escravitude, arrasou no norte e foi nomeado presidente en 1860.
Antes mesmo de chegar á Casa Branca, a súa vitoria e a falta de acordo no tema esencial da escravitude provocaron que sete estados do sur escindísense para crear os Estados Confederados de América. Durante este tempo, os recentemente formados Estados Confederados de América comezaron a apoderarse das bases militares federais no sur. Pouco máis dun mes despois de que Lincoln asumise a presidencia, os Estados Confederados atacaron Fort Sumter, un forte estadounidense en Carolina do Sur, que inspirou aos estados norteños a unirse para formar a Unión. Despois do bombardeo, Lincoln mobilizou forzas para reprimir a rebelión e restaurar a Unión.
Como líder da facción moderada dos republicanos, Lincoln enfrontouse á á máis radical do seu partido, a cal esixía maior dureza contra os estados do sur, aos demócratas (chamados " Copperheads ") contrarios á guerra, que o desprezaban, e a secesionistas irreconciliables, que conspiraron para asasinalo. Politicamente, Lincoln defendeuse enfrontando aos seus adversarios entre si mediante un mecenado político coidadosamente planificado e apelando ao pobo estadounidense coa súa habilidade oratoria. O seu discurso de Gettysburg chegou a ser considerado como unha das declaracións máis grandes e influentes do propósito nacional estadounidense.
Nun principio, Lincoln concentrouse nas dimensións militar e política do conflito. O seu obxectivo principal era conservar a unidade do seu país, para o que supervisou de preto o esforzo de guerra, en especial a selección dos xenerais que dirixirían o exército, entre eles o seu mellor home no campo de batalla, Ulysses S. Grant. Ademais, o presidente tomou importantes decisións na estratexia de guerra da Unión, entre elas un bloqueo naval que impediu o comercio dos estados sureños, movementos para tomar o control de Kentucky e Tennessee e o uso de buques canoneiros para dominar as vías fluviais do sur. Lincoln tratou repetidamente de conquistar a capital confederada en Richmond, misión que encargou a sucesivos xenerais ata que Grant conseguiuno. Mentres se libraba a guerra, os seus complexos movementos para acabar coa escravitude incluíron a Proclamación de Emancipación en 1863. O presidente usou ao exército da Unión para protexer a escravos fuxidos, forzou aos estados fronteirizos a prohibir o sistema escravista e sacou adiante no Congreso a hoxe soada Décimo terceira Emenda á Constitución dos Estados Unidos, que prohibiu de forma definitiva a escravitude.[3]
Lincoln foi un político excepcionalmente astuto, que se involucrou profundamente nas cuestións de poder de cada estado, o que lle valeu ser reelixido no poder en 1864. En previsión do final da guerra, impulsou unha moderada reconstrución que buscaba reunificar o país de maneira rápida a través dunha xenerosa política de reconciliación no medio dunha persistente e amarga división. O 14 de abril de 1865, cinco días despois da decisiva rendición do xeneral en xefe do bando confederado, Robert E. Lee, Lincoln foi asasinado por John Wilkes Booth, un simpatizante da causa do sur. Desde entón, Abraham Lincoln foi considerado por historiadores e pola opinión pública como un dos mellores presidentes dos Estados Unidos de América.[4][5]
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNaceu o 12 de febreiro de 1809 nunha cabana feita de troncos situada preto da cidade de Hodgenville, no actual condado de LaRue do Estado de Kentucky,[6] lugar que na actualidade é parque histórico nacional. Os seus pais, Thomas Lincoln e Nancy Hanks, naceran en Virxinia e como tantos pioneiros agricultores trasladáronse ao oeste. A familia Lincoln procedía de Inglaterra. En 1637, Samuel Lincoln, aprendiz de tecedor, abandonou Gran Bretaña e trasladouse a América do Norte, instalándose en Hingham, Massachusetts. Lincoln tamén era un descendente da familia Harrison de Virxinia; o seu avó paterno e homónimo, o capitán Abraham Lincoln e a súa esposa Bathsheba (de solteira Herring) trasladaron a familia de Virxinia ao condado de Jefferson, Kentucky.[a] O capitán morreu nunha incursión dos indios en 1786.[8] Os seus fillos, incluído Thomas, o pai de Abraham, de oito anos, foron testemuñas do ataque.[9][b] Thomas traballou entón en traballos ocasionais en Kentucky e Tennessee antes de que a familia se instalase no condado de Hardin, Kentucky , a principios do século XIX.[9] A herdanza da nai de Lincoln, Nancy, segue sen estar clara, pero asúmese amplamente que era filla de Lucy Hanks.[11] Máis adiante, os Lincoln fóronse establecendo en Nova Jersey, Pensilvania, Virxinia,[12] ata chegar finalmente a Kentucky, onde Thomas Lincoln, aos seus vinte e oito anos, casou con Nancy Hanks, o 12 de xuño de 1806 no condado de Washington, cando Nancy contaba con vinte e dous anos de idade e mudáronse a Elizabethtown, Kentucky.[13] Tiveron tres fillos: Sarah , Abraham e Thomas, que morreu de pequeno.[14].
Thomas Lincoln comprou ou alugou granxas en Kentucky antes de perder todas as súas terras; menos 200 ha en disputas xudiciais sobre os títulos de propiedade.[15] En 1816, a familia trasladouse a Indiana, onde os estudos e os títulos de propiedade eran máis fiables.[16] Indiana era un territorio "libre" (non esclavistas), e establecéronse nun "bosque virxe"[17] en Hurricane Township no Condado de Perry, Indiana.[18][c] En 1860, Lincoln sinalou que o traslado da familia a Indiana foi "en parte por mor da escravitude", pero principalmente debido ás dificultades cos título de terra..[20]
En Kentucky e Indiana, Thomas traballou como agricultor, ebanista e carpinteiro.[21] En varias ocasións, foi propietario de granxas, gando e terreos da cidade, pagou impostos, formou parte de xurados, taxou leiras e serviu nas patrullas do condado. Thomas e Nancy eran membros dunha igrexa bautista separada, que prohibía o alcol, o baile e a escravitude.[22]
Superados os desafíos financeiros, Thomas en 1827 obtivo o título de propiedade de 32 hectáreas (79 acres) en Indiana, unha área que se converteu na Comunidade de Little Pigeon Creek.[23]
Morte da nai
editarO 5 de outubro de 1818, Nancy Lincoln morreu por mor da enfermidade do leite, deixando a Sarah, de 11 anos, a cargo dunha familia que incluía o seu pai, Abraham, de 9 anos, e o curmán orfo de Nancy, de 19 anos Dennis Hanks.[24] Dez anos máis tarde, o 20 de xaneiro de 1828, Sarah morreu mentres daba a luz a un fillo nado morto, feito desgarrador para Lincoln.[25]
O 2 de decembro de 1819, Thomas casóu con Sarah Bush Johnston, unha viúva da cidade de Elizabethtown, Kentucky, con tres fillos.[26] Abraham achegouse á súa madrasta e chamouna "Nai".[27] A Lincoln non lle gustaba o duro traballo asociado á vida na granxa. A súa familia mesmo dicía que era preguiceiro, por todo o que "lía, garabateaba, escribía, cifraba, escribía poesía, etc...".[28] A súa madrasta recoñeceu que non lle gustaba o "traballo físico", pero que lle encantaba ler.[29]
Educación e traslado a Illinois
editarLincoln foi en gran parte autodidacta.[30] A súa educación formal foi impartida por mestres itinerantes. Incluíu dúas breves estancias en Kentucky, onde aprendeu a ler, á idade de sete anos, pero probablemente non a escribir[31] e en Indiana, onde foi á escola esporadicamente debido ás tarefas da granxa, durante un total de menos de 12 meses ata á idade de 15 anos.[32] Persistiu como un ávido lector e mantivo un interese permanente pola aprendizaxe.[33] Familiares, veciños e compañeiros de escola lembraron que a súa lectura incluía a Biblia do rei Xacobe (King James Bible), as fábulas de Esopo (Aesop's Fables), as novelas de John Bunyan The Pilgrim's Progress (O progreso do peregrino), a de Daniel Defoe Robinson Crusoe, e The Autobiography of Benjamin Franklin (Autobiografía de Benjamin Franklin).[34]
Cando era adolescente, Lincoln asumiu a responsabilidade das tarefas e adoitaba darlle ao seu pai todas as ganancias do traballo fóra da casa ata que tivo 21 anos.[35] Lincoln era alto, forte e atlético, e fíxose experto no uso do machado.[36] Foi un loitador activo durante a súa mocidade e adestrouse no estilo catch-as-catch-can (coñecido como catch wrestling). Con 21 anos converteuse en campión comarcal de loita libre.[37] Gañou reputación de forza e audacia despois de gañar un combate de loita co recoñecido líder de rufiáns coñecido como "The Clary's Grove Boys".[38]
En 1816, a súa familia mudouse para o estado de Indiana, onde Lincoln viviu dos sete aos 21 anos. Os seus estudos, segundo as súas propias palabras, resumíanse, nesa época, a saber ler, escribir e facer as catro operacións. No estado había escaseza de libros e papel, e a Biblia era probabelmente o único libro existente en casa dos seus pais. Lincoln estudouna a fondo, vindo máis tarde a enriquecer os seus discursos e traballos escritos con citas bíblicas. En marzo de 1830, receando doutro brote da enfermidade do leite, varios membros da extensa familia Lincoln, incluído Abraham, trasladáronse ao oeste de Illinois, un estado libre desta enfermidade, e establecéronse en Macon County.[39][d] Abraham distanciouse cada vez máis de Thomas, en parte debido á falta de educación do seu pai.[41] En 1831, mentres Thomas e outra familia preparábanse para mudarse a unha nova granxa no Coles County, Illinois, Abraham emprendeu o seu propio camiño.[42] Vivio , durante seis anos, en New Salem, Illinois.[43] Lincoln e algúns amigos levaron mercadorías en flatboat (lancha plana) a Nova Orleáns, Luisiana, onde estivo exposto por primeira vez á escravitude.[44]
En 1865, preguntáronlle a Lincoln como chegou a adquirir as súas habilidades retóricas. Respondeu que no exercicio da avogacía atopaba con frecuencia a palabra "demostrar" pero non entendía o termo suficientemente. Así que deixou Springfield para ir a casa do seu pai para estudar ata que "puidese darse unha resposta trala lectura dos seis libros de Euclides [aquí, facendo referencia aos Elementos]"[45]
Matrimonio e fillos
editarO primeiro interese romántico de Lincoln parece ser que foi Ann Rutledge, a quen coñeceu cando se mudou a New Salem. En 1835, estaban nunha relación pero non se comprometerón formalmente.[46] Ela morreu o 25 de agosto de 1835, moi probablemente de febre tifoide.[47] A principios da década de 1830, coñeceu a Mary Owens de Kentucky.[48] A finais de 1836, Lincoln aceptou emparellarse con Owens se ela regresaba a New Salem. Owens chegou ese novembro e cortexouna durante un tempo; con todo, ambos llo pensaron mellor. O 16 de agosto de 1837, el escribiulle a Owens unha carta na que lle dicía que non a culparía se terminaba a relación, e ela nunca lle respondeu.[49]
En 1839, Lincoln coñeceu a Mary Todd en Springfield, Illinois, e ao ano seguinte prometéronse.[50] Mary era filla de Robert Smith Todd, un adiñeirado avogado e empresario de Lexington, Kentucky.[51] A voda fixada para o 1 de xaneiro de 1841 foi cancelada a pedimento de Lincoln, pero a parella reconciliose e casaron o 4 de novembro de 1842 na mansión de Springfield da irmá de Mary.[52] Mentres se preparaba ansiosamente para a voda, preguntáronlle a onde ía e respondeu: "Ao inferno, supoño".[53] En 1844, a parella comprou unha casa en Springfield preto do seu despacho de avogados. María mantiña a casa coa axuda dunha criada e un parente.[54] Dous anos despois, montou un novo despacho en sociedade con William Herndon. Esa sociedade xamais se desfixo.
Lincoln era un marido cariñoso e pai de catro fillos, aínda que o seu traballo mantíñao regularmente lonxe da casa. O máis vello, Robert Todd Lincoln, naceu en 1843 e foi o único fillo que viviu ata a madurez. O segundo foi Edward Baker Lincoln (Eddie), nado en 1846 e finado o 1 de febreiro de 1850, probablemente por tuberculose. O terceiro fillo de Lincoln, "Willie" Lincoln naceu o 21 de decembro de 1850 e morreu dunha febre na Casa Branca o 20 de febreiro de 1862. O máis novo, Thomas "Tad" Lincoln, naceu o 4 de abril de 1853 e sobreviviu ao seu pai pero morreu de insuficiencia cardíaca aos 18 anos o 16 de xullo de 1871.[55][e] Lincoln "era moi afeccionado aos nenos"[57] e os Lincoln non eran considerados estritos cos seus fillos.[58] De feito, o socio de Lincoln William H. Herndon irritábase cando Lincoln levaba aos seus fillos ao despacho de avogados. Ao parecer, a miúdo estaba demasiado absorto no seu traballo como para notar o comportamento dos seus fillos. Herndon contou: "Sentín moitas e moitas veces que quería retorcerlles o pescozo, e aínda así, por respecto a Lincoln, calei a boca. Lincoln non se daba conta o que estaban facendo ou fixeran os seus fillos."[59]
A morte dos seus fillos, Eddie e Willie, tivo profundos efectos en ambos os pais. Lincoln sufría de "melancolía", unha condición que agora se pensa que é depresión clínica.[60] Máis adiante, Mary tivo que loitar contra o estrés da perda do seu marido e os seus fillos, e Robert internouna durante un tempo nun asilo en 1875..[61]
Primeiros anos de carreira e servizo na milicia
editarDurante 1831 e 1832, Lincoln traballou nun almacén xeral en New Salem, Illinois. En 1832 declarou a súa candidatura á Cámara de Representantes de Illinois, pero interrompeu a súa campaña para servir como capitán da milicia de Illinois durante a guerra de Black Hawk].[62] Cando Lincoln regresou a casa da guerra de Black Hawk, planeou converterse en ferreiro, pero no seu lugar formou unha sociedade con William Berry, de 21 anos, con quen comprou, a crédito, unha tenda de ultramarinos en New Salem. Debido a que se requiría unha licenza para vender aos clientes bebidas individuais, Berry obtivo dúas licenzas de camareiro por 7 dólares cada unha, unha para Lincoln e outra para el, e en 1833 a tenda converteuse tamén nunha taberna. Como camareiros con licenza, Lincoln e Berry puideron vender bebidas espirituosas, incluído licor, por 12 centavos a pinta. Ofreceron unha gran variedade de bebidas alcohólicas, así como comida, incluídas ceas para levar. Pero Berry converteuse nun alcohólico, moitas veces estaba demasiado bébedo para traballar e Lincoln acabou dirixindo a tenda por si mesmo..[63] Aínda que a economía estaba en auxe, o negocio tivo problemas e endebedouse, o que fixo que Lincoln vendese a súa parte.
No seu primeiro discurso de campaña tras regresar do seu servizo militar, Lincoln observou que un simpatizante da multitude estaba a ser atacado, agarrou ao agresor por "o pescozo e a cinturilla dos pantalóns" e derribouno.[39] Na campaña, Lincoln avogou por melloras na navegación no río Sangamon. Podía atraer multitudes como narrador, pero carecía da educación formal necesaria, amigos poderosos e diñeiro, e perdeu as eleccións.[64] Lincoln quedou oitavo de 13 candidatos (os catro primeiros foron elixidos), aínda que recibiu 277 dos 300 votos emitidos no recinto de New Salem.[65]
Lincoln serviu como xefe de correos de New Salem e máis tarde como topógrafo do condado, pero continuou coa súa voraz lectura e decidiu converterse en avogado.[66] No canto de estudar no despacho dun avogado estabelecido, como era costume, Lincoln tomou prestados textos xurídicos dos avogados John Todd Stuart e Thomas Drummond, comprou libros como os Commentaries on the Laws of England (Comentarios sobre as leis de Inglaterra) de Blackstone e as Precedents of Pleading (Precedentes de súplica) de Chitty, e estudou dereito pola súa conta.[66] Máis tarde dixo da súa formación xurídica que "non estudei con ninguén."[67]
Lexislatura no Estado de Illinois (1834–1842)
editarA segunda campaña de Lincoln para a cámara estatal en 1834, esta vez como representante do partido Whig, foi un éxito fronte a un poderoso opoñente do mesmo partido.[68] A este seguíronlle os seus catro mandatos na Cámara de Representantes de Illinois polo condado de Sangamon.[69] Defendeu a construción da canle de Illinois e Míchigan, e máis tarde foi comisionado da canle.[70] Votou a favor de ampliar o sufraxio máis aló dos terratenentes brancos a todos os homes brancos, pero adoptou unha postura de "terreo libre" que se opoñía á escravitude e o abolicionismo.[71] En 1837, declarou: "[A] Institución da escravitude baséase tanto na inxustiza como na mala política, pero a promulgación de doutrinas de abolición tende máis a aumentar que a diminuír os seus males".[72] Fíxose eco do apoio de Henry Clay á American Colonization Society (Sociedade Americana de Colonización), que avogaba por un programa de abolición xunto co asentamento de escravos liberados en Liberia.[73]
Foi admitido no colexio de Illinois en 1836,[74] e mudouse a Springfield e comezou a exercer a avogacía baixo John T. Stuart, curmán de Mary Todd.[75] Lincoln revelouse como un formidable combatente nos xuízos durante os contrainterrogatorios e as alegacións finais. Asociouse varios anos con Stephen T. Logan, e en 1844 comezou a súa práctica con William Herndon, "un mozo estudoso". [76]
Cámara de Representantes dos Estados Unidos (1847–1849)
editarFiel ao seu historial, Lincoln declarou aos seus amigos en 1861 que era "un Whig de vella liña, un discípulo de Henry Clay".[77] O seu partido favorecía a modernización económica da banca, as tarifas para financiar melloras internas, incluíndo ferrocarrís, e a urbanización.[78]
En 1843, Lincoln buscou o nomeamento polo partido Whig para o escano do 7º distrito de Illinois na Cámara de Representantes dos Estados Unidos e foi derrotado por John J. Hardin aínda que se impuxo no partido ao limitar a Hardin a un so mandato. Lincoln non só logrou a súa estratexia de conseguir o nomeamento en 1846, senón que tamén gañou as eleccións. Era o único whig na delegación de Illinois, pero tan obediente como calquera participou en case todas as votacións e pronunciou discursos que se axustaban á liña do partido.[79] Foi asignado á Comisión de Correos e Vías Postais e á Comisión de Gastos no Departamento de Guerra.[80] Lincoln uniuse con Joshua R. Giddings nun proxecto de lei para abolir a escravitude no Distrito de Columbia cunha compensación para os propietarios, a obriga de capturar escravos fuxitivos e unha votación popular sobre o materia. Abandonou o proxecto ao non contar co apoio dos whigs.[81][82]
Opinións políticas
editarA práctica da avogacía en Illinois non era especializada no tempo de Lincoln. Durante seis meses cada ano, Lincoln integraba os tribunais itinerantes do estado percorrendo varios concellos e aceptando os casos que lle presentaban. A súa actuación como avogado fíxoo coñecido en todo Illinois. En 1846, foi elixido para a Cámara de Representantes federal. En política exterior e militar, Lincoln pronunciouse en contra da guerra mexicano-estadounidense, que atribuíu ao desexo do presidente James K. Polk de "gloria militar, ese atractivo arco da vella que se eleva en choivas de sangue".[83] Apoiou a emenda Wilmot, unha proposta errada para prohibir a escravitude en calquera territorio estadounidense gañado a México.[84]
Lincoln acentuou a súa oposición a Polk redactando e presentando as súas resolucións puntuais. A guerra comezara cunha matanza de soldados estadounidenses a mans dunha patrulla de cabalaría mexicana en territorio en disputa, e Polk insistiu en que os soldados mexicanos "invadiron o noso territorio e derramaron o sangue dos nosos concidadáns no noso propio chan."[85] Lincoln esixiu a Polk que mostrase ao Congreso o lugar exacto no que se derramou sangue e demostrase que ese lugar estaba en chan estadounidense.[86] A resolución foi ignorada tanto no Congreso como nos xornais nacionais, e custoulle a Lincoln o apoio político no seu distrito. Un xornal de Illinois alcumouno burlonamente "Lincoln manchado".[87] Lincoln arrepentiuse máis tarde dalgunhas das súas declaracións, especialmente do seu ataque aos poderes bélicos presidenciais.[88]
Lincoln comprometeuse en 1846 a servir só un mandato na Cámara. Ao darse conta de que era improbable que Clay gañase a presidencia, apoiou ao xeneral Zachary Taylor para a candidatura Whig nas eleccións presidenciais de 1848.[89] Taylor gañou e Lincoln esperou en balde ser nomeado comisionado da Oficina Xeral de Terras.[90] A administración ofreceulle nomearlle secretario ou gobernador do Territorio de Oregón como consolo.[91] Este afastado territorio era un bastión demócrata, e a aceptación do posto perturbaría a súa carreira xurídica e política en Illinois, polo que o rexeitou e renovou o seu exercicio da avogacía.[92]
Avogado de campo
editarNo seu bufete de Springfield, Lincoln ocupábase de "todo tipo de asuntos que puidesen presentarse ante un avogado de campo".[93] Dúas veces ao ano compareceu durante 10 semanas consecutivas nas sedes dos tribunais do condado de Midstate; así continuou durante 16 anos.[94] Lincoln levou casos de transporte en plena expansión occidental da nación, en particular conflitos de barcazas fluviais baixo as numerosas novas pontes ferroviarias. Como home de barcazas fluviais, Lincoln favoreceu inicialmente eses intereses, pero en última instancia representou a quenquera que o contratase.[95] Máis tarde representou a unha compañía de pontes contra outra de barcos fluviais en Hurd v. Rock Island Bridge Co., un caso emblemático relacionado cun barco da canle que se afundiu tras chocar contra unha ponte.[96] En 1849, recibiu a patente dun dispositivo de flotación para o desprazamento de embarcacións en augas pouco profundas. A idea nunca chegou a comercializarse, pero converteu a Lincoln no único presidente en posuír unha patente.[97]
Lincoln compareceu ante o Tribunal Supremo de Illinois en 175 casos; foi avogado único en 51 casos, dos cales 31 resolvéronse ao seu favor.[98] De 1853 a 1860, un dos seus maiores clientes foi a Illinois Central Railroad.[99] A súa reputación legal deu lugar ao alcume de "Honest Abe".[100]
Lincoln argumentou nun xuízo penal de 1858, defendendo a William "Duff" Armstrong, que estaba a ser xulgado polo asasinato de James Preston Metzker.[101] O caso é famoso polo uso que fixo Lincoln dun feito establecido por notificación xudicial para cuestionar a credibilidade dunha testemuña ocular. Despois de que unha testemuña contraria declarase ver o crime á luz da lúa, Lincoln presentou un Farmers' Almanac (Almanaque do granxeiro) que mostraba que a Lúa estaba nun ángulo baixo, reducindo drasticamente a visibilidade. Armstrong foi absolto.[102]
En vésperas da súa campaña presidencial, Lincoln elevou o seu perfil nun caso de asasinato de 1859, co seu defensa de Simeon Quinn "Peachy" Harrison, que era primo terceiro;[n. 1] Harrison era tamén neto do opoñente político de Lincoln, reverendo Peter Cartwright.[104] Harrison fora acusado do asasinato de Grego Crafton que, mentres estaba morrendo debido as súas feridas, confesou a Cartwright que provocara a Harrison[105] Lincoln protestou iradamente pola decisión inicial do xuíz de excluír o testemuño de Cartwright sobre a confesión como testemuño de ouvidas inadmisible. Lincoln argumentou que o testemuño implicaba unha declaración do moribundo e non estaba suxeito á regra dos testemuños de ouvidas. En lugar de declarar a Lincoln culpable de desacato ao tribunal, como se esperaba, o xuíz, demócrata, revogou a súa decisión e admitiu o testemuño como proba, o que deu lugar á absolución de Harrison.[102]
Política republicana (1854-1860)
editarXurdimento como líder republicano
editarUnha súbita mudanza na política nacional en relación á escravitude trouxo Lincoln de volta á política. O Acordo do Missouri prohibira, en 1820, a escravitude nos novos territorios situados ao norte da fronteira sur do Missouri. O debate sobre o status da escravitude nos territorios non conseguiu aliviar as tensións entre o Sur esclavista e o Norte libre, fracasando o Compromiso de 1850, un paquete lexislativo deseñado para abordar a cuestión.[106] No seu panexírico de 1852 a Clay, Lincoln destacou o apoio deste á emancipación gradual e a súa oposición a «ambos os extremos» na cuestión da escravitude.[107] Cando o debate sobre a escravitude nos territorios de Nebrasca e Kansas fíxose especialmente enconado, o senador de Illinois Stephen A. Douglas propuxo soberanía popular como solución de compromiso; a medida permitiría ao electorado de cada territorio decidir a situación da escravitude, Lincoln era contrario a esa lei. A lexislación alarmou a moitos norteños, que trataron de impedir a propagación da escravitude que podería producirse, pero a Lei de Kansas-Nebrasca de Douglas foi aprobada por escaso marxe no Congreso en maio de 1854.[108]
En 1858, disputando un posto ao Senado con Douglas, Lincoln desafiouno nunha serie de debates arredor da extensión da escravitude nos territorios libres. Lincoln perdeu as eleccións, mais transformouse nunha figura salientable na nación, posibilitando así a súa candidatura á Presidencia en 1860, tendo estado esa actuación relacionada, tamén, coa fundación do Partido Republicano dos Estados Unidos de América en 1854. En 1860, a asemblea nacional republicana presentouno como candidato á presidencia da nación.
O Goberno de Lincoln
editarA marcha dos acontecementos acelerouse no Sur durante os meses que antecederon a toma de posesión de Lincoln na Presidencia. Varios líderes do Sur ameazaran retirar os seus estados da Federación, no caso de que Lincoln gañase as eleccións. Cando el tomou posesión, en marzo de 1861, sete estados do Sur retiraranse e máis catro fixeron o mesmo despois. Eses estados formaron, entón, a Confederación dos Estados de América. A pesar de ter intentado un esforzo extraordinario de conciliación, a súa escolla electoral para aquel cargo provocou a eclosión da Guerra Civil Americana. O 12 de abril, os confederados bombardeaban o forte Sumter. Lincoln enfrontou a crise con enerxía: decretou o bloqueo dos portos suristas e aumentou o Exército alén dos límites impostos pola lei. Despois de perderen as primeiras batallas, os nordistas acabaron por vencer a guerra, a cal durou catro anos e deixou un saldo de 600 mil mortos. A pesar dos fracasos iniciais e da consecuente impopularidade, Lincoln xamais se deixou abater. Para el, os E.U.A. representaban unha experiencia da capacidade dun pobo para se gobernar a si mesmo. No caso de que fallase, os reis, os ditadores e os seus defensores poderían dicir que o pobo non era quen de ter autonomía e que alguén debería gobernalo. Lincoln xulgaba que na Guerra de Secesión estaba en xogo o destino da democracia mundial. O 22 de setembro de 1862 publicou a proclamación que concedía a liberdade aos escravos dos Estados confederados. Aos ollos das outras nacións, a liberación deu un novo sentido á Guerra e abriu camiño para a abolición da escravitude en todo o país, en 1865. En 1864, as vitorias dos nordistas posibilitaron a reelección de Lincoln, cuxo novo mandato tivo inicio no ano seguinte.
O asasinato
editarO 1 de abril de 1865 remataba a guerra civil. Na noite de 14 de abril de 1865, algúns días despois do termo da guerra, Lincoln foi asasinado no Teatro Ford, en Washington, Distrito de Columbia, mentres asistía a unha peza. O sudista X. W. Booth, o asasino, un dos actores máis coñecidos da época, desfechou un tiro na cabeza do presidente, que morrería na mañá do día seguinte. O actor era un defensor da causa sudista na Guerra de Secesión. En canto ocupou a Presidencia, Lincoln foi duramente criticado, mais, despois da súa morte, ata mesmo os seus inimigos eloxiaranlle a grandeza de espírito e abnegación. É ata hoxe unha das figuras históricas máis admiradas nos E.U.A. Lincoln foi substituído no cargo polo vice-presidente Andrew Johnson.
Moitos dos seus discursos e traballos escritos constitúen un clásico sobre os ideais e obxectivos democráticos.
Notas
editar- ↑ A identidade da avoa de Lincoln, Bathsheba Herring, aínda que sen certeza, é o consenso de varios biógrafos de Lincoln. Era filla de Alexander e Abigail Herring (de solta Harrison).[7]
- ↑ Thomas, nacido en xaneiro de 1778, tería oito anos no ataque, en maio de 1786. As fontes máis antigas usan seis.[10]
- ↑ A súa terra finalmente pasou a formar parte do espazo do condado cando foi establecido en 1818.[19]
- ↑ Os historiadores non están de acordo sobre quen iniciou o movemento; Thomas Lincoln non tiña ningunha razón obvia para facelo. Unha posibilidade é que outros membros da familia, incluído Dennis Hanks, non podían igualar a estabilidade e os ingresos estables de Thomas.[40]
- ↑ O último descendente dos Lincoln foi o bisneto Robert Todd Lincoln Beckwith que morreu en 1985.[56]
- Referencias
- ↑ Goodwin 2005, p. 91
- ↑ Holzer 2004, p. 232
- ↑ Cardona Castro, Francisco L. ed (2003). Grandes biografías; Abraham Lincoln. P. 145. ISBN 84-8403-858-0
- ↑ "Ranking Our Presidents" Arquivado 11 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. James Lindgren. 16 de novembro de 2000. International World History Project.
- ↑ "Americans Say Reagan Is the Greatest President". Gallup Inc. 28 de febreiro de 2011.
- ↑ Donald 1996, pp. 20–22.
- ↑ Harrison 1935, p. 276.
- ↑ Warren 2017, p. 4.
- ↑ 9,0 9,1 Donald 1996, p. 21.
- ↑ Wilson et al. 1998, pp. 35–36.
- ↑ Bartelt 2008, p. 79.
- ↑ Warren 2017, p. 3–4.
- ↑ Warren 2017, p. 9.
- ↑ Warren 2017, p. 9–10.
- ↑ Sandburg 1926, p. 20.
- ↑ Warren 2017, p. 13.
- ↑ Warren 2017, p. 26.
- ↑ Warren 2017, p. 16, 43.
- ↑ Bartelt 2008, pp. 3, 5, 16.
- ↑ Sandburg 1926, p. 20; Donald 1996, pp. 23–24.
- ↑ Bartelt 2008, pp. 34, 156.
- ↑ Donald 1996, p. 22–24.
- ↑ Bartelt 2008, pp. 24, 104.
- ↑ Bartelt 2008, pp. 22–23, 77.
- ↑ Donald 1996, pp. 34, 116.
- ↑ Bartelt 2008, pp. 23, 83.
- ↑ Donald 1996, p. 26–27.
- ↑ White 2009, pp. 25, 31, 47.
- ↑ Bartelt 2008, p. 66.
- ↑ Bartelt 2008, pp. 10, 33.
- ↑ Donald 1996, p. 23.
- ↑ Donald 1996, p. 29.
- ↑ Madison 2014, p. 110.
- ↑ Donald 1996, pp. 29–31, 38–43.
- ↑ Donald 1996, pp. 30–33.
- ↑ Warren 2017, p. 134–135.
- ↑ Dellinger, Bob. "Wrestling in the USA". National Wrestling Hall of Fame. Consultado o 16 de novembro do 2022.
- ↑ Donald 1996, p. 41.
- ↑ 39,0 39,1 Donald 1996, p. 36.
- ↑ Bartelt 2008, pp. 38–40.
- ↑ Bartelt 2008, p. 71.
- ↑ Oates 1974, pp. 15–17.
- ↑ Thomas 2008, pp. 23-53.
- ↑ Sandburg 1926, pp. 22–23; Donald 1996, p. 38.
- ↑ Ellenberg 2021.
- ↑ Gannett, Lewis (inverno de 2005). ""Overwhelming Evidence" of a Lincoln-Ann Rutledge Romance?: Reexamining Rutledge Family Reminiscences". Journal of the Abraham Lincoln Association (Springfield, IL: The Abraham Lincoln Association). pp. 28–41. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2017.
- ↑ Donald 1996, pp. 55–58.
- ↑ Thomas 2008, pp. 56–57, 69–70.
- ↑ Donald 1996, p. 67.
- ↑ Donald 1996, pp. 80–86.
- ↑ Lamb & Swain 2008, p. 3.
- ↑ Sandburg 1926, pp. 46–51.
- ↑ Donald 1996, p. 93.
- ↑ Baker 1989, p. 142.
- ↑ White 2009, pp. 179–181, 476.
- ↑ Emerson, Jason (2012). Giant in the Shadows: The Life of Robert T. Lincoln. SIU Press. p. 420. ISBN 978-0-8093-3055-3. Consultado o 17 de novembro do 2022.
- ↑ White 2009, p. 126.
- ↑ Baker 1989, p. 120.
- ↑ Hertz, Emanuel (1938). The Hidden Lincoln. The Viking Press. p. 105.
- ↑ Shenk, Joshua Wolf (outubro de 2005). The Atlantic, ed. "Lincoln's Great Depression". The Atlantic Monthly Group url-arquivo=https://web.archive.org/web/20111009044732/http://www.theatlantic.com/magazine/archive/2005/10/lincoln-apos-s-great-depression/4247/. Consultado o =20 de novembro do 2022.
- ↑ Steers 2010, p. 341.
- ↑ Winkle 2001, pp. 86–95.
- ↑ Blazeski, Goran (15 de outubro de 2016). "Abraham Lincoln was the only President who was also a licensed bartender". The Vintage News. Consultado o 21 de novembro do 2022.
- ↑ Lincoln, Abraham (1832). "The Improvement of Sangamon River". En Miller, Marion Mills. Life and Works of Abraham Lincoln Volume 3. Wildside Press. ISBN 978-1-4344-2497-6. WP article
- ↑ Winkle 2001, pp. 114–116.
- ↑ 66,0 66,1 Stone, Zofia (2016). Abraham Lincoln: A Biography. Alpha Editions. p. 16. ISBN 978-9-3863-6727-3 – vía Google Books.
- ↑ Donald 1996, pp. 53–55.
- ↑ White 2009, p. 59.
- ↑ Simon 1990, p. 283.
- ↑ Weik, Jesse William. "Abraham Lincoln and Internal Improvements". Abraham Lincoln's Classroom. Arquivado dende o orixinal o February 12, 2015. Consultado o February 12, 2015.
- ↑ Simon 1990, p. 130.
- ↑ Donald 1996, p. 134.
- ↑ Foner 2010, p. 17–19, 67.
- ↑ Donald 1996, p. 64.
- ↑ White 2009, pp. 71, 79, 108.
- ↑ Donald 1996, p. 17.
- ↑ Donald 1996, p. 222.
- ↑ Boritt & Pinsker 2002, pp. 137–153.
- ↑ Oates 1974, p. 79.
- ↑ "US Congressman Lincoln – Abraham Lincoln Historical Society". Abraham-lincoln-history.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 26 de marzo do 2023.
- ↑ Harris 2007, p. 54; Foner 2010, p. 57.
- ↑ "LINCOLN, Abraham | US House of Representatives: History, Art & Archives". history.house.gov (en inglés). Consultado o 2022-07-01.
- ↑ Heidler & Heidler 2006, pp. 181–183.
- ↑ Holzer 2004, p. 63.
- ↑ Oates 1974, pp. 79–80.
- ↑ Graebner 1959, pp. 199–202.
- ↑ "Lincoln's Spot Resolutions". National Archives. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 22 de setembro do 2023.
- ↑ Donald 1996, p. 128.
- ↑ Donald 1996, pp. 124–126.
- ↑ Donald 1996, p. 140.
- ↑ Arnold, Isaac Newton (1885). [Abraham Lincoln en Google Books. The Life of Abraham Lincoln]
|url=
incorrecto (Axuda) 2. Chicago, IL: Janses, McClurg, & Company. p. 81. - ↑ Harris 2007, pp. 55–57.
- ↑ Donald 1996, p. 96.
- ↑ Donald 1996, pp. 105–106, 158.
- ↑ Donald 1996, pp. 142-143.
- ↑ McGinty, Brian (9 de febreiro 2015). Lincoln's Greatest Case: The River, the Bridge, and the Making of America. W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-87140-785-6.
- ↑ "Abraham Lincoln's Patent Model: Improvement for Buoying Vessels Over Shoals". Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 25 de agoste de 2017. Consultado o 12 de marzo do 2024.
- ↑ Richards 2015, p. 440.
- ↑ Donald 1996, pp. 155-156, 196-197.
- ↑ Library, Philosophical (9 de novembro de 2010). The Wisdom of Abraham Lincoln. Open Road Media. ISBN 978-1-4532-0281-4.
- ↑ Donald 1996, pp. 150-151.
- ↑ 102,0 102,1 Donald 1996, pp. 150–151.
- ↑ Harrison 1935, pp. 280–286, 350–351.
- ↑ Harrison 1935.
- ↑ Mitgang, Herbert (February 10, 1989). "THE LAW; Lincoln as Lawyer: Transcript Tells Murder Story". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o November 13, 2022.
- ↑ White 2009, pp. 175-176.
- ↑ White 2009, pp. 182-185.
- ↑ White 2009, pp. 188–190.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abraham Lincoln |
A Galicitas posúe citas sobre: Abraham Lincoln |
Bibliografía
editar- Ambrose, Stephen E. (1996). Halleck: Lincoln's Chief of Staff. Baton Rouge, Louisiana: LSU Press. ISBN 978-0-8071-5539-4.
- Baker, Jean H. (1989). Mary Todd Lincoln: A Biography. Nova York, Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-30586-9.
- Bartelt, William E. (2008). There I Grew Up: Remembering Abraham Lincoln's Indiana Youth. Indianapolis, Indiana: Indiana Historical Society Press. ISBN 978-0-87195-263-9.
- Boritt, Gabor (1994) [1978]. Lincoln and the Economics of the American Dream. University of Illinois Press. ISBN 0-252-06445-3.
- Bulla, David W.; Gregory A. Borchard (2010). Journalism in the Civil War Era. Peter Lang Publishing Inc. ISBN 1-4331-0722-8.
- Carwardine, Richard J. (1997). "Lincoln, Evangelical Religion, and American Political Culture in the Era of the Civil War". Journal of the Abraham Lincoln Association (Abraham Lincoln Association) 18 (1): 27–55. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2009. Consultado o 10 de maio de 2013.
- Carwardine, Richard (2003). Lincoln. Pearson Education Ltd. ISBN 978-0-582-03279-8.
- Cashin, Joan E. (2002). The War Was You and Me: Civilians in The American Civil War. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-09173-0.
- Chesebrough, David B. (1994). No Sorrow Like Our Sorrow. Kent State University Press. ISBN 978-0-87338-491-9.
- Cox, Hank H. (2005). Lincoln And The Sioux Uprising of 1862. Cumberland House Publisher. ISBN 978-1-58182-457-5.
- Donald, David Herbert (1996). Lincoln. Nova York, Nova York: Simon and Schuster. ISBN 978-0-684-82535-9.
- Ellenberg, Jordan (23 de maio de 2021). "What Honest Abe Learned from Geometry". Wall Street Journal 278 (119). p. C3. O ensaio de Ellenberg está adaptado do seu libro de 2021, Shape: The Hidden Geometry of Information, Biology, Strategy, Democracy, and Everything Else, Penguin Press. ISBN 9781984879059
- Goodwin, Doris Kearns (2005). Team of Rivals: The Political Genius of Abraham Lincoln. Nova York, Nova York: Simon and Schuster. ISBN 978-0-684-82490-1.
- Holzer, Harold (2004). Lincoln at Cooper Union: The Speech That Made Abraham Lincoln President. Nova York, Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-9964-0.
- Lamb, Brian P.; Swain, Susan, eds. (2008). Abraham Lincoln: Great American Historians on Our Sixteenth President. Nova York, Nova York: PublicAffairs. ISBN 978-1-58648-676-1.
- Madison, James H. (2014). Hoosiers: A New History of Indiana. Indianapolis, Indiana: Indiana University Press. ISBN 978-0-253-01308-8.
- Oates, Stephen B. (1974). "Abraham Lincoln 1861–1865". En Woodward, Comer Vann. Responses of the Presidents to Charges of Misconduct. Nova York, Nova York: Dell Publishing. ISBN 978-0-440-05923-3.
- Thomas, Benjamin P. (2008). Abraham Lincoln: A Biography. Carbondale, Illinois: Southern Illinois University Press. ISBN 978-0-8093-2887-1.
- Sandburg, Carl (1926). Abraham Lincoln: The Prairie Years. San Diego, California: Harcourt. OCLC 6579822.
- Sandburg, Carl (2002). Abraham Lincoln: The Prairie Years and the War Years. Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-15-602752-6.
- Warren, Louis A. (2017). Lincoln's Youth: Indiana Years, Seven to Twenty-One, 1816–1830 (Classic Reprint). Londres, Inglaterra: Fb&c Limited. ISBN 978-0-282-90830-0.
- Wilson, Douglas Lawson; Davis, Rodney O.; Wilson, Terry; Herndon, William Henry; Weik, Jesse William (1998). Herndon's Informants: Letters, Interviews, and Statements about Abraham Lincoln. Univ of Illinois Press. p. 35. ISBN 978-0-252-02328-6.
- Wilson, Douglas L. (1999). Honor's Voice: The Transformation of Abraham Lincoln. Nova York: A. A. Knopf. ISBN 978-0-307-76581-9.
- Winkle, Kenneth J. (2001). The Young Eagle: The Rise of Abraham Lincoln. Lanham, Maryland: Taylor Trade Publishing. ISBN 978-1-4617-3436-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/>
correspondente