Dólar presidencial

moeda estadounidense dun dólar
Dólar presidencial[1][2]
George Washington Presidential $1 Coin obverse.png
Presidential dollar coin reverse.png
A/: busto do presidente dos EEUU homenaxeado. Sobre el, o seu nome. Por baixo, o seu ordinal e as datas da súa presidencia (desde 2009, precedido pola lenda IN GOD WE TRUST). R/: Estatua da Liberdade, co valor facial á esquerda. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA

O dólar presidencial (en inglés: presidential dollar coin) é unha serie de moedas estadounidenses co valor facial dun dólar, emitida a partir de 2007, caracterizada por reproducir nos seus anversos os retratos dos presidentes dos Estados Unidos falecidos e no reverso a Estatua da Liberdade.

A serie do dólar presidencial foi autorizada pola Lei pública 109-145, aprobada o 22 de decembro de 2005.[3]

Entre 2007 e 2011, os dólares presidenciais cuñáronse para a súa posta en circulación en grandes cantidades, o que deu lugar á acumulación dunha importante reserva destas moedas á espera de seren utilizadas. No entanto, as emisións de dólares presidenciais de 2012 a 2016 foron destinadas unicamente ao coleccionismo numismático, polo que as súas tiraxes son máis reducidas.[1][2]

O 4 de decembro de 2020 emitiuse unha nova moeda da serie do dólar presidencial, na honra de George H. W. Bush, que morreu logo do pechamento inicial do programa en 2016.[4][5]

Proceso lexislativoEditar

 
O senador por Nova Hampshire John E.Sununu, promotor da lei pola que se creou a serie do dólar presidencial.

O proxecto de lei para a creación da serie do dólar presidencial foi presentado no Senado dos EEUU polo senador John E. Sununu o 17 de maio de 2005, contando xa co apoio de 70 senadores.[6]

O 29 de xullo de 2005 foi aprobada sen emendas pola Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado, e esta mesma cámara aprobouna por consentimento unánime o 18 de novembro, unicamente cunha emenda de carácter técnico.[7]

Pola súa banda, a Cámara de Representantes deulle a súa aprobación o 13 de decembro.[8]

Finalmente, logo da súa aprobación por ambas as cámaras, o proxecto de lei envióuselle ao presidente George W. Bush o 15 de decembro e este asinouno con data de 22 de decembro de 2005, converténdose así en lei.[9]

Convivencia co dólar SacagaweaEditar

Artigo principal: Dólar Sacagawea.
 
O dólar presidencial convive na circulación co dólar Sacagawea.

A lei pola que se crea esta nova moeda dun dólar ten o seu fundamento no fracaso suposto pola introdución do dólar Sacagawea, que se pretendía que tivese unha ampla circulación nos Estados Unidos. A nova lei atendía a demanda que diversos sectores sociais amosaban dunha moeda dun dólar que resultase útil, e esperaba que o atractivo do cambio de deseño aumentase a súa aceptación pública, tendo en conta, ademais, que a recepción por parte da poboación da serie de moedas dun cuarto de dólar conmemorativa dos 50 estados estaba a ser satisfactoria. No caso de que o éxito esperado entre a poboación non se producise finalmente, esperábase que os coleccionistas estivesen tan interesados nesta serie de dólares como o estaban a amosar coa dos cuartos de dólar dos 50 estados, que xerou 6.300 millóns de dólares en señoreaxe —é dicir, na diferenza entre o valor nominal das moedas e o custo da súa produción—, entre xaneiro de 1999 e decembro de 2008.[10]

Mais, de xeito diferente ao que sucedía cos cuartos dos 50 estados, que substituíu o modelo anterior, a lei obrigou a Casa da Moeda dos Estados Unidos a que continuase coa produción do dólar Sacagawea en paralelo á do dólar presidencial, coa condición de que polo menos un terzo dos dólares cuñados correspondese a dólares Sacagawea, e ademais esta serie debería continuar en produción logo de finalizado o programa do dólar presidencial.[11]

No entanto, os representantes da Reserva Federal indicáronlle ao Congreso que "se o programa do dólar presidencial non é quen de estimular unha demanda substancial de moedas dun dólar, o requisito de que a casa da moeda siga a producir dólares Sacagawea suporía un custo para os contribuíntes sen ningún beneficio". Nese caso, a Reserva Federal "recomendaría encarecidamente que o Congreso volvese avaliar o requisito establecido dun terzo".[12] O devandito requisito dun terzo modificouse posteriormente a un quinto de dólares Sacagawea, mediante a Lei de moedas dun dólar "Nativos americanos" —continuación da serie Sacagawea—, aprobada o 20 de setembro de 2007.[13]

Algunhas versións previas desa lei, anteriores á súa versión aprobada, pedían a retirada da circulación das moedas dun dólar emitidas con anterioridade ao dólar Sacagawea, sinaladamente do dólar Susan B. Anthony, mais o texto finalmente aprobado limítase a ordenar ao secretario do Tesouro que estudase o asunto e informase o Congreso. A lei esixe aos organismos do Goberno federal —incluído o Servizo Postal—, ás empresas que operen neses organismos e aos servizos de transporte financiados polo Goberno federal a que acepten e dispensen moedas dun dólar antes de xaneiro de 2008, e a que exhiban carteis indicadores de que o fan.[2]

Caracterización da serieEditar

 
Morea de dólares presidenciais, onde se aprecia a inscrición dos seus cantos.

O programa do dólar presidencial comezou a executarse o 1 de xaneiro de 2007, en paralelo ao das moedas dun cuarto de dólar dedicadas aos 50 estados dos EEUU, coa previsión de que finalizase no momento en que fosen honrados todos os presidentes defuntos do país. Prevíase a emisión de catro dólares anuais con cadanseu anverso dedicado a un presidente, na orde cronolóxica do seu período de mandato. A condición para formar parte deste programa era a de que o falecemento se producira polo menos dous anos antes do momento da cuñaxe.[14]

O reverso das moedas desta serie é común a todas elas e caracterízase pola reprodución da Estatua da Liberdade e a indicación do valor facial "$1", xunto coa denominación do país, UNITED STATES OF AMERICA.[1][2]

Ao longo do canto das moedas figura a indicación do ano de cuñaxe, a marca de ceca, trece estrelas e a lenda E PLURIBUS UNUM, nunha disposición como esta: ★★★★★★★★★★  2009  D  ★★★  E PLURIBUS UNUM. Antes de 2009, tamén se reproducía neste canto a lenda IN GOD WE TRUST, mais unha emenda aprobada en decembro de 2007 obrigou a trasladar ese lema ao anverso da moeda, onde se colocou debaixo do busto.[15] A palabra "Liberty", tan característica da moeda dos Estados Unidos, non está presente nesta serie de moedas, xa que se considerou que a inclusión da Estatua da Liberdade como motivo principal dos reversos era suficiente para transmitir esa mensaxe de liberdade.[1][2]

No relativo á súa composición metálica, nesta serie seguíronse os mesmos parámetros que na serie do dólar Sacagawea, dedicada á cultura nativa americana.[2]

A primeira moeda do dólar presidencial posta ao dispor da poboación foi a dedicada ao presidente George Washington, o día 15 de febreiro de 2007, na honra do "día dos presidentes", que se celebra nos Estados Unidos o 19 de febreiro de cada ano.[16]

Almacenaxe e suspensión da produciónEditar

 
Gráfico das cuñaxes do dólar presidencial desde 2007 ata 2011, cando finalizaron as emisións para a circulación.

En 2011 acumulábanse 1.400 millóns de moedas dun dólar aínda non postas en circulación,[17] unha cantidade que, dispostas en horizontal, poderían cubrir a distancia entre Os Ánxeles e Chicago. En 2016, esa cantidade tería chegado aos 2.000 millóns se a produción se mantivese sen cambios.[18]

A representante por California Jackie Speier emitiu unha circular titulada Dear Colleague ("Estimado colega"), na que recomendaba que os Estados Unidos non cuñasen ningunha moeda dun dólar, e tiña a intención de presentar un proxecto de lei que esixise a interrupción inmediata de todas as moedas deste valor.[19]

A Oficina de Contabilidade do Goberno dos EEUU, pola súa banda, declarou que a supresión do billete dun dólar en favor da moeda equivalente aforraría ao Goberno uns 5.500 millóns de dólares en tres décadas.[20]

O 13 de decembro de 2011, o daquela vicepresidente Joe Biden e o secretario do Tesouro, Timothy Geithner, anunciaron que se suspendería a cuñaxe das moedas dun dólar presidencial destinadas á súa posta en circulación,[17] de xeito que as que faltaban para concluír o programa, comezando pola dedicada a Chester A. Arthur, se emitirían en cantidades moi reducidas, co fin de atender as necesidades dos coleccionistas numismáticos.[21]

Fin do programa e a súa continuidadeEditar

A lei especifica que para que un presidente dos Estados Unidos sexa honrado dentro desta serie debe estar falecido polo menos dous antes da emisión da moeda correspondente.[22][23] Xa que logo, os expresidentes, George H. W. Bush, Jimmy Carter, Bill Clinton, George W. Bush e Barack Obama non puideron formar parte desta serie cando esta finalizou en 2016, logo de honrar a Ronald Reagan, o derradeiro presidente que cumpría as condicións, consonte a lei.

Dado que o programa estaba concluído, a produción de moedas na honra de novos presidentes falecidos requiriría a aprobación dunha nova lei polo Congreso.[24] Así as cousas, o 12 de febreiro de 2019, o senador John Cornyn presentou un proxecto de lei coa intención de autorizar un novo dólar da serie presidencial na honra de George H. W. Bush, que foi convertido en lei coa sinatura do presidente Donald Trump o 28 de xaneiro de 2020.[25]

Erros de cuñaxeEditar

O 8 de marzo de 2007, a US Mint anunciou que o 15 de febreiro dese ano entrou na circulación un número indeterminado de moedas dun dólar presidencial co busto de George Washington carente das regulamentarias inscricións nos seus cantos —a data, a marca de ceca e os lemas IN GOD WE TRUST e E PLURIBUS UNUM—. Ron Guth, do Professional Coin Grading Service, calcula que se cuñaron aproximadamente 50.000 moedas con este erro. O primeiro exemplar que se coñece no mercado do coleccionismo acadou o prezo de 600 dólares en eBay, aínda que a finais de marzo de 2007 se produciron sucesivas vendas doutros exemplares entre os 40 e os 60 dólares.[26][27] Debido a que un dos lemas que faltan é IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), algunhas publicacións refírense a eles como "dólares sen Deus" (Godless dollars).[28][29] No mercado do coleccionismo detectáronse tamén falsificacións destes dólares "sen Deus", producidos mediante a limadura dos seus cantos.[30][31]

Tamén se descubriron exemplares de dólares presidenciais dedicados a John Adams cos cantos lisos. Estes son máis escasos que os anteriores e, xa que logo, resultan menos accesibles no mercado. Nesta mesma emisión, coñécese tamén algún espécime co canto duplicado, por ter pasado dúas veces pola prensa encargada do gravado do canto.[32] A maioría destes casos corresponde a dólares procedentes da Ceca de Filadelfia, e o erro apréciase en dúas variantes: unha con ambas as inscricións na mesma dirección e outra coas inscricións en direccións opostas.[33][34]

A principios de marzo de 2007, unha parella de Colorado achou unha moeda dun dólar presidencial da que só estaba cuñado o canto, polo que tanto o seu anverso como o seu reverso estaban completamente lisos.[35][36]

Polo demais, os dólares presidenciais aparecen indistintamente coas letras do canto orientadas cara ao anverso ou cara ao reverso; isto non se trata dun erro numismático senón do resultado do propio proceso de cuñaxe, que non ten en conta este factor ao situar os discos na prensa, polo que se estima que aproximadamente existe un 50 % dos exemplares con cada unha das orientacións.[37]

Especificacións dos dólares presidenciaisEditar

Amósanse na seguinte táboa as imaxes dos dólares da serie presidencial, así como algúns datos relevantes de cada ano de emisión:[1][2]

Presidente e período Anverso Data Tiraxes
Imaxe Gravado / deseño Denver Filadelfia Total
George Washington

1789-1797

[16][38]

  J. Menna 2007 163.680.000 176.680.000 340.360.000
John Adams

1797-1801

[39][40]

  C. L. Vickers / J. Iskowitz 2007 112.140.000 112.420.000 224.560.000
Thomas Jefferson

1801-1809

[41][42]

  J. Menna 2007 102.810.000 100.800.000 203.610.000
James Madison

1809-1817

[43][44]

  D. Everhart / J. Iskowitz 2007 87.780.000 84.560.000 172.340.000
James Monroe

1817-1825

[45][46]

  J. Menna 2008 60.230.000 64.260.000 124.490.000
John Quincy Adams

1825-1829

[47][48]

  D. Everhart 2008 57.720.000 57.540.000 115.260.000
Andrew Jackson

1829-1837

[49][50]

  J. Licartez / J. Iskowitz 2008 61.070.000 61.180.000 122.250.000
Martin Van Buren

1837-1841

[51][52]

  P. Hemphill / J. Iskowitz 2008 50.960.000 51.520.000 102.480.000
William Henry Harrison

1841

[53][54]

  J. Menna 2009 55.160.000 43.260.000 98.420.000
John Tyler

1841-1845

[55][56]

  P. Hemphill 2009 43.540.000 43.540.000 87.080.000
James K. Polk

1845-1849

[57][58]

  C. L. Vickers / S. Gamble 2009 41.720.000 46.620.000 88.340.000
Zachary Taylor

1849-1850

[59][60]

  D. Everhart 2009 36.680.000 41.580.000 78.260.000
Millard Fillmore

1850-1853

[61][62]

  D. Everhart 2010 36.960.000 37.520.000 74.480.000
Franklin Pierce

1853-1857

[63]

  C. L. Vickers / S. Gamble 2010 38.360.000 38.220.000 76.580.000
James Buchanan

1857-1861

[64][65]

  P. Hempfill 2010 36.540.000 36.820.000 73.360.000
Abraham Lincoln

1861-1865

[66][67]

  D. Everhart 2010 48.020.000 49.000.000 97.020.000
Andrew Johnson

1865-1869

[68][69]

  D. Everhart 2011 37.100.000 35.560.000 72.660.000
Ulysses S. Grant

1869-1877

[70][71]

  D. Everhart 2011 37.940.000 38.080.000 76.020.000
Rutherford B. Hayes

1877-1881

[72][73]

  D. Everhart 2011 36.820.000 37.660.000 74.480.000
James A. Garfield

1881

[74][75]

  P. Hemphill 2011 37.100.000 37.100.000 74.200.000
Chester A. Arthur

1881-1885

[76][77]

  D. Everhart 2012 4.060.000 6.020.000 10.080.000
Grover Cleveland

1885-1889

[78][79]

  D. Everhart 2012 4.060.000 5.460.000 9.520.000
Benjamin Harrison

1889-1893

[80][81]

  P. Hemphill 2012 4.200.000 5.640,001 9.840,001
Grover Cleveland

1893-1897

[82][83]

  D. Everhart 2012 3.920.000 10.680,001 14.600,001
William McKinley

1897-1901

[84][85]

  P. Hemphill 2013 3.365,100 4.760.000 8.125,100
Theodore Roosevelt

1901-1909

[86][87]

  J. Menna 2013 3.920.000 5.310,700 9.230,700
William Howard Taft

1909-1913

[88][89]

  M. Gaudioso / B. Fox J2013 3.360.000 4.760.000 8.120.000
Woodrow Wilson

1913-1921

[90][91]

  D. Everhart 2013 3.360.000 4.620.000 7.980.000
Warren G. Harding

1921-1923

[92][93]

  M. Gaudioso 2014 3.780.000 6.160.000 9.940.000
Calvin Coolidge

1923-1929

[94][95]

  P. Hemphill 2014 3.780.000 4.480.000 8.260.000
Herbert Hoover

1929-1933

[96][97]

  P. Hemphill 2014 3.780.000 4.480.000 8.260.000
Franklin D. Roosevelt

1933-1945

[98][99]

  J. Menna 2014 3.920.000 4.760.000 8.680.000
Harry S. Truman

1945-1953

[100][101]

  D. Everhart 2015 3,500.000 4,900.000 8,400.000
Dwight D. Eisenhower

1953-1961

[102][103]

  J. Menna 2015 3.645,998 4.900.000 8.545,998
John F. Kennedy

1961-1963

[104][105]

  D. Everhart 2015 5.180.000 6.160.000 11.340.000
Lyndon B. Johnson

1963-1969

[106][107]

  M. Gaudioso 2015 4.200.000 7.840.000 12.040.000
Richard Nixon

1969-1974

[108][109]

  D. Everhart 2016 4.340.000 5.460.000 10.000.000
Gerald Ford

1974-1977

[110][111]

  P. Hemphill 2016 5.040.000 5.460.000 10.500.000
Ronald Reagan

1091-1989

[112][113]

  R.Masters / J. Menna 2016 5.880.000 7.140.000 13.020.000
George H. W. Bush

1989-1993

[4][5]

  J. Menna / E. Hagler 2020 Sen datos Sen datos Sen datos

Programa de moedas do "primeiro cónxuxe"Editar

 
O director da US Mint, Edmund C. Moy, e Laura Bush na presentación da moeda dedicada a Dolley Madison como primeira dama, o 19 de novembro de 2007.

A mesma lei pola que se creou a serie do dólar presidencial prevé tamén a creación dunha serie de moedas de ouro con valor facial de 10 dólares mediante a que se honra cada un dos cónxuxes dos presidentes que forman parte da serie presidencial, na mesma orde e coa mesma cadencia que esta. Ata hoxe, todos os cónxuxes das persoas que ocuparon a presidencia dos EEUU foron mulleres e, xa que logo, reciben adoito a denominación de primeiras damas, aínda que a lei utiliza o termo "primeiro cónxuxe" (en inglés: first spouse), sen marca de xénero.[114]

No anverso das moedas desta serie figuran os retratos das esposas dos presidentes falecidos e os seus nomes, así como as datas e o ordinal do período do mandato dos seus maridos. Tamén no anverso, amósanse o lema IN GOD WE TRUST e a palabra LIBERTY, xunto coa data de emisión e a marca de ceca. Cada moeda ten un deseño único para o seu reverso, cunha imaxe emblemática da vida ou da obra da esposa homenaxeada, así como o nome do país e o lema E PLURIBUS UNUM e indicacións sobre a lei e o peso da moeda: $10 · 1/2 OZ. · .9999 FINE GOLD.[115][116]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Presidential Dollar Coin program". Numista.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Presidential $1 Coin Program". United States Mint.
  3. "Pub. L. 109-135". www.govinfo.gov
  4. 4,0 4,1 "George H. W. Bush Presidential $1 Coin". United States Mint.
  5. 5,0 5,1 "1 Dollar George H. W. Bush". Numista.com
  6. "S.1047 - Presidential $1 Coin Act of 2005". www.congress.gov
  7. "S.Amdt.2676 to S.1047". www.congress.gov
  8. "Final vote resultsfor Roll Call 624". Clerk.house.gov
  9. "All Actions S.1047 - 109th Congress (2005-2006)". www.congress.gov
  10. "50 State Quarters Program Earned $6.3 Billion in Seigniorage". En Coin Update. 1 de febreiro de 2010.
  11. "Pub. L. 109-135".Título I. Sección 102. Páxinas 2666-2667. www.govinfo.gov
  12. "Testimony of Louise L. Roseman, Director, Division of Reserve Bank Operations and Payment Systems". The Federal Reserve Board.
  13. "Public Law 110-82-Sept. 20, 2007". Govinfo.gov
  14. No momento en que acabou a serie en 2016, os expresidentes Carter, G. H. Bush, Clinton, G.W. Bush e Obama estaban vivos, polo que non están representados nos números da serie.
  15. A Pub.L. 110-161 modifica o 31 U.S.C. § 5112(n)(2) para eliminar IN GOD WE TRUST do canto e engadilo no reverso.
  16. 16,0 16,1 "George Washington Presidential $1 Coin". United States Mint.
  17. 17,0 17,1 "Reducing the Surplus Dollar Coin Inventory". Department of the Treasury. 17 de xaneiro de 2012.
  18. "Why the US keeps minting coins people hate and won't use". En BBC News. 10 de agosto de 2010.
  19. "Bill Would Kill Dollar Coin Program". En NPR.org. 14 de xullo de 2011.
  20. "U.S. Coins: Replacing the $1 Note with a $1 Coin Would Provide a Financial Benefit to the Government". US Government Accountability Office. 4 de marzo de 2011.
  21. "Treasury to stop producing unneeded dollar coins". CNN. 13 de decembro de 2011.
  22. "31 U.S.C. § 5112(n)(2)(E)": Ningunha moeda emitida consonte este punto poderá levar a imaxe dun expresidente nin dun presidente vivo, nin dun expresidente falecido durante o período de dous anos seguinte á data da úa morte.
  23. "Legislator calls for Ronald Reagan portrait on $50 FRNs". En Coin World. 51 (2606): 73.
  24. 31 U.S.C. § 5112(n)(8): A emisión de moedas en virtude deste subpunto finalizará cando se renda homenaxe a cada un dos presidentes, sen prexuízo do disposto no punto (2)(E), e non poderá retomarse agás mediante unha lei do Congreso.
  25. "President Trump signs bill to honor George H.W. Bush, Barbara Bush with coins". En 13 WDME. 28 de xaneiro de 2020.
  26. "U.S. Mint goof: Some new dollar coins missing “In God We Trust”". En The Denver Post. 7 de marzo de 2007.
  27. "A Statement from the United States Mint". United States Mint.
  28. Guth, R. (2007). "The ''Godless'' Presidential Dollars". Professional Coin Grading Service. 8 de marzo.
  29. ""Godless" Dollar Coins Slip Through Mint". En CBS News. 11 de febreiro de 2009.
  30. "Collectors report fake 'Godless' dollars". En The Boston Globe. 22 de marzo de 2007.
  31. "Coin collectors: Beware of fake ‘Godless’ dollars". En The Denver Post. 22 de marzo de 2007.
  32. "Presidential Error Coins: John Adams Dollar Coin". Numismatic Guaranty Cporporation. 13 de xuño.
  33. "Presidential Error Coins: John Adams Dollar Coin". Numismatic Guaranty Company. 13 de xuño de 2007.
  34. "John Adams Dollar Coins: First Significant Mint Error Found (Double Edge Lettering)". Adamnash.blog. 22 de maio de 2007.
  35. "Faceless dollar coin found near Denver". En The Boston Globe. 14 de marzo de 2007.
  36. "New George Washington Dollar Coin Error Found: Faceless Coin". Adamnash.blog. 14 de marzo de 2007.
  37. Discusións sobre posibles erros: WashingtonDollarErrors.com. 10 de abril de 2007.
  38. "1 Dollar George Washington". Numista.com
  39. "John Adams Presidential $1 Coin". United States Mint.
  40. "1 Dollar John Adams". Numista.com
  41. "Thomas Jefferson Presidential $1 Coin". United States Mint.
  42. "1 Dollar Thomas Jefferson". Numista.com
  43. "James Madison Presidential $1 Coin". United States Mint.
  44. "1 Dollar James Madison". Numista.com
  45. "James Monroe Presidential $1 Coin". United States Mint.
  46. "1 Dollar James Monroe". Numista.com
  47. "John Quincy Adams Presidential $1 Coin". United States Mint.
  48. "1 Dollar John Quincy Adams". Numista.com
  49. "Andrew Jackson Presidential $1 Coin". United States Mint.
  50. "1 Dollar Andrew Jackson". Numista.com
  51. "Martin Van Buren Presidential $1 Coin". United States Mint.
  52. "1 Dollar Martin Van Buren". Numista.com
  53. "William Henry Harrison Presidential $1 Coin". United States Mint.
  54. "1 Dollar William Henry Harrison". Numista.com
  55. "John Tyler Presidential $1 Coin". United States Mint.
  56. "1 Dollar John Tyler". Numista.com
  57. "James K. Polk Presidential $1 Coin". United States Mint.
  58. "1 Dollar James K. Polk". Numista.com
  59. "Zachary Taylor Presidential $1 Coin". United States Mint.
  60. "1 Dollar Zachary Taylor". Numista.com
  61. "Millard Fillmore Presidential $1 Coin". United States Mint.
  62. "1 Dollar Millard Fillmore". Numista.com
  63. "Franklin Pierce Presidential $1 Coin". United States Mint.
  64. "Franklin Pierce Presidential $1 Coin". United States Mint.
  65. "1 Dollar James Buchanan". Numista.com
  66. "Abraham Lincoln Presidential $1 Coin". United States Mint.
  67. "1 Dollar Abraham Lincoln". Numista.com
  68. "Andrew Johnson Presidential $1 Coin". United States Mint.
  69. "Dollar Andrew Johnson". Numista.com
  70. "Ulysses S. Grant Presidential $1 Coin". United States Mint.
  71. "1 Dollar Ulysses S. Grant". Numista.com
  72. "Rutherford B. Hayes Presidential $1 Coin". United States Mint.
  73. "1 Dollar Rutherford B. Hayes". Numista.com
  74. "James Garfield Presidential $1 Coin". United States Mint.
  75. "1 Dollar James Garfield". Numista.com
  76. "Chester Arthur Presidential $1 Coin". United States Mint.
  77. "1 Dollar Chester Arthur". Numista.com
  78. "Grover Cleveland Presidential $1 Coin 1st Term". United States Mint.
  79. "1 Dollar Grover Cleveland, first term". Numista.com
  80. "Benjamin Harrison Presidential $1 Coin". United States Mint.
  81. "1 Dollar Benjamin Harrison". Numista.com
  82. "Grover Cleveland Presidential $1 Coin 2nd Term". United States Mint.
  83. "1 Dollar Grover Cleveland, second term". Numista.com
  84. "William McKinley Presidential $1 Coin". United States Mint.
  85. "1 Dollar William McKinley". Numista.com
  86. "Theodore Roosevelt Presidential $1 Coin". United States Mint.
  87. "1 Dollar Theodore Roosevelt". Numista.com
  88. "William Howard Taft Presidential $1 Coin". United States Mint.
  89. "1 Dollar William Howard Taft". Numista.com
  90. "Woodrow Wilson Presidential $1 Coin". United States Mint.
  91. "1 Dollar Woodrow Wilson". Numista.com
  92. "Warren G. Harding Presidential $1 Coin". United States Mint.
  93. "1 Dollar Warren G. Harding". Numista.com
  94. "Calvin Coolidge Presidential $1 Coin". United States Mint.
  95. "1 Dollar Calvin Coolidge". Numista.com
  96. "Herbert Hoover Presidential $1 Coin". United States Mint.
  97. "1 Dollar Herbert Hoover". Numista.com
  98. "Franklin D. Roosevelt Presidential $1 Coin". United States Mint.
  99. "1 Dollar Franklin D. Roosevelt". Numista.com
  100. "Harry S. Truman Presidential $1 Coin". United States Mint.
  101. "1 Dollar Harry S. Truman". Numista.com
  102. "Dwight D. Eisenhower Presidential $1 Coin". United States Mint.
  103. "1 Dollar Dwight D. Eisenhower". Numista.com
  104. "John F. Kennedy Presidential $1 Coin". United States Mint.
  105. "1 Dollar John F. Kennedy". Numista.com
  106. "Lyndon B. Johnson Presidential $1 Coin". United States Mint.
  107. "1 Dollar Lyndon B. Johnson". Numista.com
  108. "Richard M. Nixon Presidential $1 Coin". United States Mint.
  109. "1 Dollar Richard M. Nixon". Numista.com
  110. "Gerald R. Ford Presidential $1 Coin". United States Mint.
  111. "1 Dollar Gerald R. Ford". Numista.com
  112. "Ronald Reagan Presidential $1 Coin". United States Mint.
  113. "1 Dollar Ronald Reagan". Numista.com
  114. "Pub. L. 109-135". Título I. Sección 102. Páxinas 2667-2669. www.govinfo.gov
  115. "First Spouse Gold Coin Program". United States Mint.
  116. "First Spouse series". Numista.com

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

Predecesor:
Dólar Sacagawea
 
Moeda dun dólar estadounidense

2007-2016, 2020
Sucesor:
Dólar Sacagawea